Tailandia DÍA 7: Chiang Mai (Eco Tours)

Para este día tiñamos unha excursión planeada dende antes de iniciar a viaxes. A excursión con Wonderful Eco Tours. Entre as opcións que ofertan, a que nós escollemos foi a dun día en Doi Inthanon National Park e sendeirismo. No Parque Natural de Doi Inthanon, que se atopa a uns 100 km de Chiang Mai. está a montaña máis alta de Tailandia con 2.565m.

PREPARACIÓN RUTA

O prezo da ruta que nós pagamos foi de 1,200 THB/persoa (2,400 THB total), pero actualmente na web sae un prezo de 1,500 THB/persoa. O pagamento faise en efectivo o día do propio tour.

Dentro do prezo inclúese a recollida na hospadaxe e todos os transporte transportes necesarios para a excursión en mini-caravana. Segundo din na web inclúe seguro de viaxe, pero recordade que debedes levar un vós tamén para toda a viaxe (consultar aquí)

Tamén se inclúa a visita guiada por todos os lugares que se visitan e a comida. A lingua que se emprega durante a excursión é a inglesa. Na comida inclúese a opción vegana.

Equipación & vestimenta:

Na web veredes que vos aconsellan diferentes levar diferentes vestimentas e equipación. Evidentemente a crema solar e gafas de sol son esenciais, pero xa iredes sempre con elas. Despois, en función da época do ano e das posibilidades que haxa diranvos de levar unha toalla e un bañador para darvos un baño nalgunha lagoa ou remanso do río ou unha camiseta de manga longa, un suadoiro e unha chaqueta. No noso caso, dixéronnos de ir abrigados e pasamos calor. A pesar de estar moi altos (a montaña máis alta do antigo Reino de Siam) e de estar entre novembro a febrero (a estación fría), continúa sendo un clima cálido. O habitual e que atopásemos unhas temperaturas de entre 10 e 12 grados, aínda que non foi o caso.

Saída:

A recollida no hotel é arredor das 7h00 – 7h20. Hai que estar listo a esta hora, aínda que a puntualidade depende de se somos dos primeiros en ser recollidos ou dos últimos. No noso caso chegaron un pouco máis tarde das 7h30, para recollernos en Mae Ping Home.

Fervenza Wachirathan (Wachirathan Waterfall)

Despois da primeira parada, na gasolineira, chegamos a Fervenza Wachirathan despois dun bo anaco. Nesta fervenza non terás demasiado tempo para recorrer o camiño que hai ó seu carón, xa que teredes uns 20 minutos para velo. O certo é que o máis bonito é ver a cascada que vedes na fotografía.

Fervenza Wachirathan en Chiang Mai
Fervenza Wachirathan en Chiang Mai

Ruta de sendeirismo

Despois da visita á Fervenza Wachirathan, a furgoneta parou nun pequena  extensión de terra ó carón da carretera. Alí había un guía dunha das aldeas próximas que no guiaría (como o seu nome indica) pola ruta que teríamos a través da selva. O guía principal que veu connosco dende o comezo falaba inglés, pero o guía da aldea de montaña falaba o seu idioma nativo. O guía da aldea contáballe o outro guía a información necesaria sobre as árbores que iamos vendo (como a árbore da canela, canas de bambú…). Deunos a probar uns frutos, cuxo nome non recordo, que sabían moi ácedos.

Sendeirismo no Parque Natural de Doi Inthanon
Sendeirismo no Parque Natural de Doi Inthanon

A ruta foi de aproximadamente 2 horas e media de sendeirismo. Pasamos por pontes de madeira, camiñamos por plataformas que ían por riba de vexetación, vimos un lote de cascadas.  Chegamos a ver ata unha serpe no seu niño. Ó non molestala non pasou nada.

Fervenza no Parque Natural de Doi Inthanon
Fervenza no Parque Natural de Doi Inthanon

Dentro do prezo entra o ticket para todo parque nacional. Foi o guía que veu connosco dende o comezo que falou cada vez que que tiñamos que pasar o control.

Continuamos camiñando ata chegar unha plantación de arroz.

  • Plantación de arroz

A verdade é que a paisaxe era expectacular. Vislumbramos as plantacións dende unha parte máis alta, o que nos daba un perspectiva moi boa. Vimos as como as plantacións se distribuían en terrazas debido a estar nunha ladeira da montaña. O xogo das cores verdes da vexetación viva e amarelas dos campos de arroz xa secos e preparados para a recollida creaba unha paisaxe moi peculiar.

Terrazas de campos de arroz no Parque Natural de Doi Inthanon
Terrazas de campos de arroz no Parque Natural de Doi Inthanon

No fondo víanse uns 6 ou 7 homes estomballados á sombra dunha árbore. Preto de alí había unha morea de arroz colleitado preparado para mallar nel. Os que mallamos nel fomos nós. Deixáronnos probar a mallar o arroz do xeito tradicional. Podedes velo algún vídeo en Levante & Nordés da experiencia.

Campo de arroz durante a ruta sendeirismo no Parque Natural
Campo de arroz durante a ruta sendeirismo no Parque Natural
  • Plantación de café

Fixemos unha parada nun pequeno poblado onde recolectaban café. Tomamos un café e mercamos para traer de volta.

Cara os campos de café do Parque Natural de Doi Inthanon
Cara os campos de café do Parque Natural de Doi Inthanon
  • Comida na aldea

Despois do descanso no poblado do café, continuamos camiñando durante un tempo curto ata chegar a outra aldea próxima. Nela contrastaban as casas de madeira cunha enorme antena parabólica e algún que outro todo coche. Nesta  sería a nosa comida. A comida era deliciosa e con opción sen carne no caso de ser preciso.

Poblado en Doi Inthanon
Poblado en Doi Inthanon

O punto máis alto de Tailandia (Highest Point of Thailand)

Despois estar comer, subimos á mini-caravana. Esta levaríanos ó punto máis alto de Tailandia. Estabamos na maior cima do país. Hai cartel que pon o nome e un pequeño templo. Estivemos por alí uns 20 minutos e dirixímonos.

The Great Holy Relics Pagoda Nabhapolbhumisiri (Queens Pagoda)

A entrada ó recinto onde están as stupas ou pagodas entra tamén co prezo da excursión. É espectacular. Ó baixar da mini-caravana vimos as dúas págodas: unha a cada lado. Primeiro había que subir escaleira a unha despois á outra.

Great Holy Relics Pagoda Nabhapolbhumisiri (Queens Padoga) en Doi Inthanon
Great Holy Relics Pagoda Nabhapolbhumisiri (Queens Padoga) en Doi Inthanon

Escollemos primeiro a que está dereita. Vimos os coidados xardíns con flores e coa ponte sobre a lagoa. Despois fomos á outra e alí había un banco cunhas vistas espectaculares. Xa sabemos que os mellores do mundo están en Galicia, pero este non hai que desmerecelo. Para min foi unha das panorámicas máis impresionantes de Tailandia. É un lugar moi recomendable para ir ver.

Banco no Great Holy Relics Pagoda Nabhapolbhumisiri (Queens Padoga) en Doi Inthanon
Banco no Great Holy Relics Pagoda Nabhapolbhumisiri (Queens Padoga) en Doi Inthanon

Mercado local

Comezábamos o descenso cara Chiang Mai, pero antes paramos nun mercado local onde podedes mercar unha gran diversidade de produtos, se queredes.

Volta

A hora de chegada era arredor 17h30, aínda que chegamos un pouco máis tarde da hora debido ó tráfico que para entrar na cidade e na cidade en si mesma. O traxecto podédelo aproveitar para facer o que mellor vos conveña, entre todas as opción está a de durmir. 😉

Últimas horas en Chiang Mai

Xa nos quedaba pouco en Chiang Mai. Estas últimas horas. Aproveitamos para facer unha das cousas obrigatorias en Tailandia, probar unha masaxe tailandesa, para as pernas. Tiñámolo pensado facer despois da camiñata para soltar un pouco. Xenial! Hai que probalo. Os últimos momentos na cidade foron para probar novos lugares onde comer e volver ós que nos gustaron moito.

Guías recomendables:

Publicacións relacionadas

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com