Tailandia DÍA 7: Chiang Mai (Eco Tours)

Fervenza no Parque Natural de Doi Inthanon

Para este día tiñamos unha excursión planeada dende antes de iniciar a viaxes. A excursión con Wonderful Eco Tours. Entre as opcións que ofertan, a que nós escollemos foi a dun día en Doi Inthanon National Park e sendeirismo. No Parque Natural de Doi Inthanon, que se atopa a uns 100 km de Chiang Mai. está a montaña máis alta de Tailandia con 2.565m.

Tailandia DÍA 6: Chiang Mai (Relax)

Wat Phra That Doi Suthep en Chiang Mai

Un día de relaxación a metade do viaxe non vén mal. O sexto día de viaxe foi o momento idóneo para poder facelo. Descartamos a viaxe a Chiang Rai, Triángulo máxico e as plantacións de té porque chegariamos demasiado tarde e sería sacar só a foto e non desfrutalo. Así que igualmente madrugamos para ir ó Doi Suthep ben cedo. Isto fixo que nos saíse moito máis barato do que custa normalmente. Saiunos en 600 THB e pola tarde estaban a pedir máis de 1.000 THB.

Tailandia DÍA 5: Chiang Mai

Intakhin Pillar Vihara en Chiang Mai

Chiang Mai é a maior cidade do norte de Tailandia. O turismo que hai neste lugar é máis tranquilo có da costa en case todos os sitios. Aquí atoparedes moitas actividades para relaxarvos, actividades de montañismo e sendeirismo e tamén poderedes disfrutar da cidade.

Tailandia DÍA 4: Sukhothai + tren cama a Chiang Mai

Vistas de Wat Sa-Si no Parque Histórico de Sukhothai

Este día sería bastante intenso, xa que sairíamos de Phitsanulok para a Cidade Histórica de Sukhothai e estaríamos visitando case todo o día este lugar. Logo de visitar este lugar que é Patrimonio da Humanidade e unha vez Sukhothai, colleríamos o bus que nos levaría de volta á Phitsanulok dende onde agardaríamos ata que chegase o tren  cama para ir a Chiang Mai.

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com