Tailandia DÍA 16: Bangkok (último día)

Wat Benchamabophit (Templo de Mármore/Marble Temple) en Bangkok

Para a última estandia na península de Indochina tivo lugar en Bangkok, capital do antigo Reino de Siam. Deste xeito, a viaxe toma, como nas grandes historia, un caracter circular onde se retorna ó comezo aprendendo moitas cousas.

Tailandia DÍA 15: De Kho Phi Phi a Bangkok

Khaosan Road en Bangkok

Este día pasámolo prácticamente de viaxe. Comezando na Illa Phi Phi, pasando por Krabi e, logo do voo, Bangkok.Pola mañá en KHO PHI PHI:Mercamos as pasaxes o día anterior a este día de viaxes. En función da saída do voo, os propios vendedores recomendarán un horarios.

Tailandia DÍA 14: Koh Phi Phi

Pileh Lagoon en Phi Phi Lee

Día principal da visita a Koh Phi Phi. A noite antes, temos que buscar un tour que recorre todo o arquipélago durante todo o día, para non deixarnos nada importante sen ver.

Tailandia DÍA 13: De Railay a Kho Phi Phi

Esperando o ferri de Railay a Phi Phi

Este día pódese dividir en tres partes. A primeira correspóndese co tempo que pasamos en Railay. A segunda división é a do tempo que pasamos no ferri dende Railay ata Phi Phi. Por último, a última parte do día é para o tempo que pasamos xa en Phi Phi.

Tailandia DÍA 12: Railay - Excursión a Koh Hong

Koh Hong

Este segundo día en Railay pasámolo nunha excursión por illas próximas. O día anterior faláramos cunha das axencias que hai en Railay Leste (Railay East) para reservar a viaxe polas illas próximas de Railay. A excursión paga a pena por ver todas as illas que vimos que conforman parte do Parque Natural. A comida e a auga entra nesta viaxe. Por favor, recordade recoller o voso lixo.

Tailandia DÍA 11: Railay

Railay beach oeste our west e_comezo Tonsai

Regresábamos Tailandia despois de tres intensos días en Cambodia, Siem Reap. Despois de durmir unha noite no aeroporto, chegamos pola mañá ó Aeroporto de Krabi. Tiñamos que ir dende alí ata Railay.

Tailandia DÍA 7: Chiang Mai (Eco Tours)

Fervenza no Parque Natural de Doi Inthanon

Para este día tiñamos unha excursión planeada dende antes de iniciar a viaxes. A excursión con Wonderful Eco Tours. Entre as opcións que ofertan, a que nós escollemos foi a dun día en Doi Inthanon National Park e sendeirismo. No Parque Natural de Doi Inthanon, que se atopa a uns 100 km de Chiang Mai. está a montaña máis alta de Tailandia con 2.565m.

Tailandia DÍA 6: Chiang Mai (Relax)

Wat Phra That Doi Suthep en Chiang Mai

Un día de relaxación a metade do viaxe non vén mal. O sexto día de viaxe foi o momento idóneo para poder facelo. Descartamos a viaxe a Chiang Rai, Triángulo máxico e as plantacións de té porque chegariamos demasiado tarde e sería sacar só a foto e non desfrutalo. Así que igualmente madrugamos para ir ó Doi Suthep ben cedo. Isto fixo que nos saíse moito máis barato do que custa normalmente. Saiunos en 600 THB e pola tarde estaban a pedir máis de 1.000 THB.

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com