Este segundo día en Railay pasámolo nunha excursión por illas próximas. O día anterior faláramos cunha das axencias que hai en Railay Leste (Railay East) para reservar a viaxe polas illas próximas de Railay. A excursión paga a pena por ver todas as illas que vimos que conforman parte do Parque Natural. A comida e a auga entra nesta viaxe. Por favor, recordade recoller o voso lixo.
TRANSPORTE
O transporte deste día foi o barco no que iamos todos os tour. Para chegar ata onde saia o barco, Railay Leste (Railay East), fomos camiñando.
ALOXAMENTO
Contianuabamos no mesmo resort:
Railay Great View Resort 588 Moo2 Muang, Krabi, 81000 Railay Beach, Tailandia
QUE FACER EN RAILAY?
Este día pódese dividir en tres partes: antes, durante e despois da excursión. Como xa comentamos, o día anterior mercamos as pasaxes para ir nunha excursión polas distintas illas que están preto de Railay.
Antes da ruta: Covas
Para saír coa excursión tiñamos que ir ás 9h00 a Railay Beach/West (Railey Oeste). Fomos con tempo suficiente como para explorar un pouco a pequena península. Indo polas ruelas de Railay chegamos a entrada unha cova. Phra Nang Nai Cave/Diamant (Cova do Diamante) Nós non entramos nesta cova, pero si fomos ata a entrada mentres descubríamos un pouco a aldea. Polo que lemos, a Cova Phra Nang Nai ofrece a oportunidade de desfrutar das súas estalactitas, estalagmitas e o xogo de luces que decora su interior. Segundo lemos, en 15 minutos remátase o recorrido e as formacións rocosas son dignas de ver.
Ruta en barco
A ruta polas illas comezou ás 9h 00.
- Snorkel (Kho Ya Man)
A primeira parada que fixemos foi nunha illa, que non chegamos a pisar, só para facer snorkel. Para quen non o saiba, o snorkel consiste nadar cun tubo que permite poder respirar mentres se mantén a cabeza dentro da auga. Deste xeito pódese ver máis seguido o fondo mariño. Non
(*** vídeo)
Esta foi a segunda parada. Nesta illa si puidemos baixar e dar un pequeno paseo por ela. Recordade vós que estades nun Parque Natural e en plena natureza, así que coidade dela. O máis pintoresco desta illa é o estreito banco de area que une dúas elevacións rocosas.
Koh Lao La Ding é unha pequena illa cunha bonita praia. Nela tamén se pode facer unha curta excursión polo terreo. Foi durante ese momento no que vimos por primeira vez o sinal no que poñía que en caso de tsunami, ir a parte máis alta da illa. Foi neste momento no que tamén recoramos a temible traxedia que acontecera anos atrás.
Este é unha das vistas máis bonitas. A entrada nesta lagoa é moi estreita e isto contrasta co tamaño da case circunferencia que auga salgada que se atopa despois da entrada. Nesta lagoa non puidemos darnos un baño.
Ko Hong é a illa máis grande o Arquipélago Laopilae que está localizado no Parque Naticional Thanbok Khoranee. Esta illa tamén se coñece como “A Esmeralda o Mar de Krabi” polo seu marabilloso escenario e as augas claras e por estar rodeada de arrifes de coral.
Despois da ruta: praia, posta de sol e máis relax
Logo de estar indo de illa en illa , decidimos ir á praia Ao Phra Nang que queda preto de Railay Beach, pero hai que ir camiñando un bo anaco para dar a volta.
Nesta praia estase moi a gusto. Non hai tantos botes longtail polo que é posible darse un baño sen preocuparse por eles. Aproveitamos e descansamos mentres nos poñíamos morenos.
Esta cova está na praia Ao Phra Nang. Esta é unha cova un tanto peculiar. Nela atópanse un lote de figuras con forma fálica. Polo que nos comentaron, débese a rogos ós deuses de fertilidade.
Cova da Princesa (Princess Cave)
A Cova da Princesa está en Praia Ao Phra Nang, a cova toma o nome da lenda que conta o naufraxio dunha princesa hindú que conseguiu refuxiarse na cova e o seu espírito a protexe aínda.
Tonsai é unha praia que está accesible desde Railay coa marea baixa, Tonsai é un dos lugares ideais para mochilear debido ó ambiente e o tipo de viaxeiro.
Railay Oeste (Railay Beach)
Nesta praia xa estivéramos. Esta tarde, acompañanados dunhas cervexas Chiang, quedamos a ver como o sol se recollía. De súpeto, comezou a chover e converteu a estampa e a atmosfera en algo fantástico. Tamén é certo que axudou ir con chuvasqueiros.
Desconexión Como xa sabedes, Railay é un lugar perfecto para desconectar. Ese día tamén volvemos a The Last Bar.
Neste mapa podedes ver os lugares que visitamos:
Guías recomendables:
Publicacións relacionadas
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Informacion básica
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Comunicación
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Curiosidades
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Transporte
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Consellos I
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Consellos II
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Consellos III
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Comida