Tailandia DÍA 11: Railay

Regresábamos Tailandia despois de tres intensos días en Cambodia, Siem Reap. Despois de durmir unha noite no aeroporto, chegamos pola mañá ó Aeroporto de Krabi. Tiñamos que ir dende alí ata Railay.

TRANSPORTE

Do Aeroporto de Krabi ata onde tiñamos que ir hai unha distancia considerable ata o aeroporto. É importante ter claro o recorrido para ir con confianza. Por favor, lede ben esta parte para evitar que vos timen. As opcións que vos poñemos atopámolas noutros blogs que aparecen nas referencias.

Desde Aeroporto de Krabi (KBV) ó Hotel

Se vos aloxades en Railay hai dúas opción en función de onde estea o noso aloxamento e datas do ano:

  • O hotel está en Railay Oeste (Railay West) (normalmente esta opción está dispoñible só dende novembro a abril)
    1. Neste caso é mellor ir ó muelle de Ao Nang

Para ir ata alí hai dúas opcións. A primeira dela é coller un taxi/grab e a segunda é un bus ata o embarcadoiro. Descoñecemos os presos porque non foi esta a opción que collemos. Especificar no mostrador que queremos ir a Railay West por Ao Nang.

    1. Coller un longtail a Railay Beach

Supoñemos que o xeito de proceder é similar ó noso caso (ver o seguinte caso). Ademais, esta opción só está disponible en certos meses do año e segundo as mareas e o estado da mar (normalmente noviembre e abril).

Tempo: 15min Prezo: 100THB/persoa 120THB/persoa (a partires das 18h00)

    1. Camiñar ata o noso aloxamento
  • Se non é posible o anterior ou noso hotel está máis tirando a Railay Leste (Railay East)
    1. Neste caso ó mellor é ir ao muelle de Ao Nammao

      Compra de billetes de bus no aeroporto de Krabi
      Compra de billetes de bus no aeroporto de Krabi

Para ir ata alí hai dúas opcións. A primeira dela é coller un taxi/grab (600 THB) e a segunda é un bus (150 THB/persoa) ata o embarcadoiro. Nos mostradores do aeroporto chámano Railay Pier (Muelle de Railay).

    1. Desde alí coller un longtail a Railay East

Unha vez baixamos do bus, paramos ao carón dunha tenda de venda de billetes para os longtail. Coma sempre, no que se refire a transporte en Tailandia, foi caótico. Mercamos os billetes para Railay.

Tempo: 10min Prezo: 50THB/persoa 100THB (a partires das 18h00)

    1. Camiñar ata o noso aloxamento

Unha vez xa no pantalán flotante de pezas de plástico un tanto inestable (RECOMENTABLE IR CON MOCHILAS e NON CON MALETAS), pódes ir a calquera lugar caminando un pouco.

OLLO!!!

Unha vez chegues ó lugar de mercar os ticket para ir dende Ao Nammao, vanvos “ofertar” os tickets para á siguiente viaxe por son máis “barato”. MENTIRA!!! É UN ENGANO!!! Os billetes para Phi Phi son máis baratos se os mercades en Railay.

En Railay

O transporte dentro da Railay faise camiñando. As distancias son mínimas. A pesar de estar no último dos resorts da costa de Railay, para chegar ó centro do lugar non tardábamos máis de 10 minutos. Dende alí para ir a calquera outro lado non son máis de 5 minutos.

ALOXAMENTO

O tempo que da estadía neste lugar tan encantador foi de DÚAS NOITES. O lugar onde pasar esas noites en Railay foi:

Railay Great View Resort 588 Moo2 Muang, Krabi, 81000 Railay Beach, Tailandia

O último dos resorts. Para ir camiñando dende o pantalán no que desembarcamos ata o resort o mellor é un ter unha mochila. Por certo, ollo ó pantalán que se move moito!! Ó ir con mochilas, o tempo camiñando non se fixo demasiado longo: uns 10 minutos. Se a intención é de ir cunha maleta moi grande quizais é máis duro. O lugar é moi chulo e, ó estar apartado, reina a tranquilidade.

De camiño ó Resort Railay Great View en Railay
De camiño ó Resort Railay Great View en Railay

QUE VER EN RAILAY?

Railay está conmposta de 4 praias, todas elas accesibles entre si camiñando: Railay Leste, Railay Oeste (ou Railay Beach), Phra Nang e Ton Sai.

Railay divídese en 4 zonas:

O barco desde Krabi deixa a xente en Railay Leste. Aínda que o entorno é espectacular, é a peor praia polo movementos de barcos e suciedade. Ademais, cando baixa a marea, o mar retrocede moitos metros (como a Praia de Testal en Noia) e convértese nunha zona pedregosa que dista moito de ser unha “praia idílica”.

QUE SE PODE FACER EN RAILAY?

Railay é un lugar perfecto para relaxarse e desconectar. Iso foi  o que fixemos sobretodo porque había poucos turistas e puidemos estar ó noso aire. Este día dividímolo en dous tipos de descanso: praias e desconexión.

Praias

A praia Leste É a praia na que se desembarca coa maleta ou coa mochila (o máis recomendable). Esta zona está chea de manglares, non hai augas cristalinas nin cocoteiros. A maioría dos bares e tendas para guiris están nesta zona. Era novembro e non había demasiado turista. En moitas ocasións tiñamos os bares case para nós. Respirábase moita tranquilidade.

Marea baixa en Railay Leste ou Railay East
Marea baixa en Railay Leste ou Railay East

Railay Oeste (Railay Beach) Está ben para darse unha molladura. Dende aquí saen moitas das embarcacións que te levan a visitar outras illas. Das 4 praias que componen a península de Railay é a máis famosa é esta: Railay Beach. É grande, rodeada de acantilados que se elevan maxestuosamente, cunha auga bonita e limpa e unha gran zona de área. Tamén hai moita xente e é onde os barcos dos tours paran. As praias, as paredes kársticas que o rodean, a agua, o entorno… Todo isto fai desta praia un conxunto inmellorable.

Longtail boat - Railay beach
Longtail boat – Railay beach

Desconexión

Railay é un lugar perfecto para desconectar. De camiño ó noso aloxamento está The Last Bar. Pasamos varias veces por diante e decidimos ir a tomar unha bebida despois de cear. Estivemos alí, onde reinaba o chill out, coa música perfecta. Quizais unha das mellores cousas que fixemos nesta pequena península.

Relax en Last Bar Railay
Relax en Last Bar Railay

Guías recomendables:

Publicacións relacionadas

Verified by MonsterInsights