Nesta publicación facemos evidente algunha da información que se precisa cando se comeza a pensar en facer o Camiño de Santiago.
Documentación necesaria
Se es galego ou do resto do estado practicamente a documentación que se precisa é a mesma. É importante ter en conta que se se ven doutra comunidade autónoma é posible que non se teña acceso ó noso expediente médico. Se se procede algún país de Europa hai que ter a tarxeta sanitaria europea ou algún seguro de accidente/viaxe.
- DNI / Pasaporte
- Tarxeta sanitaria / Seguro de accidente
- Carné de conducir
Lingua
O galego é a lingua propia de Galicia. É cooficial ó igual que o castellano, oficial en todo o estado.
Moeda
A única moeda que ten validez en Galicia, como no resto de España e Europa é o EURO:
- Moeda: Euro (EUR)
Teléfonos de emerxencia:
Os teléfonos que son imprescindible para o camiño son os seguintes:
Emerxencias: 112
Garda Civil: 062
Ambulancias: 061
Cousas necesarias para a viaxe:
Outra información que vos pode resultar útil é a seguinte:
- Forma de comunicarnos por teléfono/ordenador
En caso de non ter unha tarxeta española, pódeste facer con unha na web de Toxo Telecom ou en Mundo-R.
- Medicamentos
Para a preparación da mochila, noutra publicación, trataremos este tema máis en detalle. Algúns medicamentos moi básicos son:
-
- Pastillas para o estómago
- Ibuprofeno
- Apósitos para as bochas
- Baterías recargables
- Papel para conseguir os cuños da COMPOSTELLA
Para conseguir este documento podedes poñervos en contacto coas Asociacións do Camiño de Santiago onde poderedes conseguila. No caso de non poder conseguila antes, tamén se pode conseguir en Sarria ou en Santiago de Compostela (na Oficina de Acollida do Peregrino).
Por que escoller este camiño?
Son diversos os motivos polos que escoller este camiño, principalmente como primeira opción para comezar o Camiño cara a Capital de Galicia. O primeiro deles podería ser que o terreo non ten demasiada dificultade. De segundo, se o tempo era un problema, este camiño é o máis curto no que se pode conseguir a Compostella con só 115km; así que adeus escusa. En terceiro lugar, este é un tramo que forma parte do Camiño Francés no converxen moitos outros camiños. En cuarto lugar, a accesibilidade e sinalización que o fan apto para nenos e persoas con mobilidade reducida. Para rematar, a experiencia en todos os sentidos que poderás vivir: gastronómica (a mellor comida do mundo), sensorial (avivando todos os teus sentidos) e espiritual (para coñecerte a ti mesmo).
División do camiño
Pódese dividir as etapas como un ben queira, aínda que o máis común é facelo entre 4 ou 6 días, en función da présa que teña cada un.
- 4 días: para os máis atrevidos e os que teñen moita présa por chegar, esta é a súa opción.
- 5 días: esta é a opción máis utilizada. É a división que usamos nós e a que imos relatar.
- 6 días: para as familias con nenos ou persoas maiores é mellor facelo con menor présa.
Publicacións do Camiño de Santiago
Camiño de Santiago desde Sarria (I): Información básica
Camiño de Santiago desde Sarria (II): Que levar na mochila
Camiño de Santiago desde Sarria (III): Precaucións
Camiño de Santiago desde Sarria (IV): Chegar a Sarria
Camiño de Santiago desde Sarria (V): Portomarín. Día 1
Camiño de Santiago desde Sarria (VI): Palas de Rei. Día 2
Camiño de Santiago desde Sarria (VII): Arzúa. Día 3
Camiño de Santiago desde Sarria (VI): Pedrouzo. Día 4
Camiño de Santiago desde Sarria (IX): Chegada. Día 5
Axúdanos a seguir escribindo
Para poder aumentar a calidade das nosas publicacións precisamos máis tempo. Podedes axudarnos mercando a través de Amazon. Deixámosvos os seguintes links que vos poden resultar útiles e interesantes: