Deprecated: Creation of dynamic property WP_Members::$style is deprecated in /var/www/vhosts/galiciaalive.com/httpdocs/wp-content/plugins/wp-members/includes/class-wp-members.php on line 558
Camiño de Santiago desde Sarria (III): Precauciones

Camiño de Santiago desde Sarria (III): Precauciones

Durante o camiño poden aparecer unha infinidade de problemas. Para evitar os máis comúns, deixámosvos unha pequena colección de precaucións.

Evitar bochas/ampolas e rozaduras

Método:

Aplicar unha grosa capa de crema hidratante nos pés, poner uns calcetíns e mantelos postos toda a noite (cada noite durante as 2 semanas previas ó Camiño de Santiago).

Curar bochas/ampolas e rozaduras

Método I:

Aplicar o alcol de romeu, que calma e fortalece a pel con bochas e pés inchados. Debe facerse á noite despois da ducha, ou antes de andar por unha camiñada.

Método II:

No caso de que sexa imposible evitalos ou acougalos con alcol de romeu, pódese parar nunha das farmacias que hai ó longo do camiño para mercar tiritas, antisépticos dermatolóxicos, gasa ou antiinflamatorios, se fose necesario.

Aviso:

Non se recomenda lavar os pés con auga quente ou mantelos a mollo antes de camiñar, para evitar que a pel sexa máis sensible e susceptible a golpes e bochas. Ademais, a auga fría refresca e alivia o cansazo.

Axúdanos a seguir escribindo

Para poder aumentar a calidade das nosas publicacións precisamos máis tempo. Podedes axudarnos mercando a través de Amazon. Deixámosvos os seguintes links que vos poden resultar útiles e interesantes:

 

Verified by MonsterInsights