Tailandia DÍA 3: Ayutthaya & Phitsanulok

Logo de ser xa conscientes de que non se pode mercar un billete de terceira e segunda clase con antelación, madrugamos o que non está escrito para chegar a algún dos primeiros trens que saían cara Ayutthaya. Este sería un longo día.

TRANSPORTE

Nesta sección recopilaremos todos os transportes de relevancia que precisaremos para movernos dunha cidade a outra. As pequenas viaxes que se realizan iranse comentando segundo se contan os feitos.   Dende o Arun Old Town Hostel á Estación de Tren de Bangkok (Hua Lampong):

Todas as opcións que barallamos foron as seguintes:

    • Taxi/Grab son 15-25 min
    • Transporte público: 1h
    • Camiñando: 1h

Tendo en conta o peso que levábamos, a distancia que nos separaba da Estación de Tren de Bangkok e que queríamos coller algún dos primeiros trens cara Ayutthaya, optamos pola opción do Grab.

De Bangkok a Ayutthaya (75 km de Bangkok)

Para ir dende Bangkok a Ayutthasa, existen diferentes formas de facelo. Aquí van as opcións:

    • Bus

Tempo: 2 horas Prezo: 50 THB/persona

    • Tren: dende Hua Lamphong

Tempo: 2-3horas Prezo: 20 THB/persoa

Horarios www.railway.co.th

IMPORTANTE

Para COMPRAR BILLETES de tren de segunda e terceira clase, hai que agardar a facelo Ó MESMO DÍA da viaxe. Reiteramos isto para non perdades o tempo preguntando cómo facelo. Deixar as maletas na consigna da estación custa 20 THB/mochila.

De Ayutthaya a Phitsanutlok

Para ir de Ayutthaya a Phitsanutlok a mellor opción que atopamos foi a de ir en tren antes de ir. O certo é que o lemos en internet nos enganou bastante, xa que o tempo de viaxe foi moito maior ó esperado.

    • Tren: Ayutthaya – Phitsanutlok

Tempo: 5h 20 aprox. (asegurarse) Prezo: 480 THB

Viaxe en tren de Ayutthaya a Phitsanulok
Viaxe en tren de Ayutthaya a Phitsanulok

Non foi fácil atopar o sitio no tren, había como dos coches co mesmo nome. Tivemos que pedir axuda e non foron demasiado cortes as persoas que estaban nos nosos asentos. Notarás que nos trens hai un apartado reservado para monxes. De camiño a esta cidade pasamos por Lopburi. Esta cidade está repleta de macacos. Non foi fácil. As paisaxes son preciosas: extensas chairas e, moi ó lonxe, algunha montaña- Foi unha sorpresa ver nunha destas últimas un enorme Buda que desconfiamos que sería o Wat Phrathat Sonkaew. Os campos verdes con plantacións do que quixemos crer que era arroz. Palmeiras, árbores de outros tipos, algúns canais, casas solitarias rodeadas de vexetacións, cegoñas, garzas e outros paxaros que descoñezo. Tamén notaredes que os vendedores, uns mellor e outros peor, cantan o que venden. Acabamos caendo e mercamos algo, xa que levábamos moitas horas. Unha señora que parecía a avoa de todos os que alí estabamos, dándolle cremas e mil cousas máis ó que tiña enfronte. De supeto, o lixo tirouno pola ventá e a vivir!

IMPORTANTE

Pódese mercar por internet ou na propia estación ou ó chegar a AYUTTHAYA pola MAÑÁ. A información que tiñamos e que o tren tardaría moito menos. Aínda así a experiencia foi estupenda.

ALOXAMENTO

A segunda cidade onde fariamos noite foi Phitsanutlok. Outra vez chegamos á cidade de noite e as sensación volveron ser de “falsa” inseguridade. Tiñamos o hostal a pouca distancia da Estación de Tren de Phitsanulok Distancia desde Karma Home Hostel ata a estación de tren, son 10 minutos : Aloxamento Phitsanutlok:

Karma Home Hostel en Phitsanulok
Karma Home Hostel en Phitsanulok

A primeira parada da viaxe foi en Bangkok durante dous días. O lugar escollido para a estadía foi: Karma Home Hostel

Lang Wat Mai Apaiyaram 26-64 65000 Phitsanulok Tailandia

Teléfono: +66 88 814 1268

Un hostal por definición, normal. Lugar correcto. O home que o hostal é moi agradable. Levounos a dar unha volta por Phitsanulok o último día para ver un pouco do pobo coa xente do hostal. A experiencia foi moi interesante. Cada persoa tiña os seus motivos para estar alí: unha alemá que estaba de voluntaria antes de decidir que carreira quería facer, un cociñeiro alicantino que quería aprender da cociña tailandesa…. Aínda que sen dúbida, o máis interesante foi o caso dunha parella italiano-española que comezaron a súa ruta no norte de Italia e agora estaban en Tailandia. A ruta estábana facendo en bicicleta!!! Por se vos parece interesante, podedes seguilos aquí:

https://www.facebook.com/Lumacaworldtravel

HISTORIA: Reino de Ayutthaya (1351-1767)

PO reino de Ayutthaya é o primeiro reino que se coñece oficialmente co nome de Siam. Esta cidade-estado creceu entorno ó Lopburi, ó sur de Sukhtothai. O rei Uthong, primeiro monarca de Ayutthaya, proclamou o budismo theravada de orixe hindú como relixión oficial e creou un código legal a partires do Dharmasastra, a cal pertenceu como tal ata o século XIX. A influenza hindú é evidente no nome que elixiu para a cidade, Ayutthaya, coma homenaxe a Ayodhya, o héroe épico do texto sagrado Ramayana, unha das obras máis importantes da India Antiga. Descrita no século XVII por viaxeiros franceses como a París do sudeste asiático, tiña case un millón de habitantes. Deseño urbán ligado á agua, xa que está situada sobre unha península creada pola confluencia de tres ríos. Ayutthaya acabou sendo unha illa, eliminando o istmo que a unía á terra. Ten numerosos canais que facilita a comunicación de mercadorías, o que lle levou a ser chamada a Venecia de Oriente. Ademais isto serviulle como protección. A súa situación xeográfica, no medio das rutas económicas internacionais, e a súa disposición permitiulle converterse no centro político e económico de grande relevancia. O comercio cos portugueses durante o século XVI e contactos habituais coa Francia de Lois XVI contribuiron a súa expansión económica O esplendor do Reino de Ayutthaya también se debeu a unha revolución agraria, coa introducción dunha variedade de arroz importada de Bengala que aguantaba as periódicas inunciacións. Os excedentes de arroz exportáronse a países coma China, incrementando os ingresos económicos. Ante esta situación de prosperidade, acabou asimilando as ciudades-estado que a rodeaban [Reino de Sukhothai e Lanna (Chiang Mai)]. Finalmente, toda a trama de estados, cidades e territorios unificados baixo o mando de Ayutthaya, acabou por converterse no Reino de Siam: o reino soñado, famoso pola súa riqueza e cultura. Foi neste tempo cando a cidade tivo a súa idade dourada das artes, o comercio e a medicina. Disputas de Ayutthaya cos birmanos e os problemas do periodo de decadencia fixeron que en 1767, o reino caese ante o exército birmano. Este exército destrozou a cidade por completo, saqueando templos e edificios e o peor de todo, destruiron os arquivos históricos, as bibliotecas e a maior parte da literatura. Ayutthaya Na cidade había moitas estatuas (chegou a haber 4.000 en toda a cidade) decapitadas polos invasores.

COMO MOVERSE POR AYUTTHAYA

A zona histórica é bastante grande, polo que é recomendable con facerse cun medio de transporte máis rápido que túa pernas ou ca unha bici. Aínda así, presentamos todas as posibilidades:

  • Bicicleta

Podedes alugar unha moto ata a última hora da tarde que te permitirá facer o teu propio re Aluguer bicis Ayutthaya. 100 THB.

Dende o noso punto de vista, se a decisión é continuar o camiño o mesmo día para Phitsanulok o recomedable é non facelo en bici. A extensión que ocupan os templos é DEMASIADO GRANDE.

    • Aluguer de motos: 300 THB

Podedes alugar unha moto ata a última hora da tarde que te permitirá facer o teu propio recorrido de maneira cómoda e rápida. Ademais, conducir por Ayutthaya é relativamente fácil: as rúas son moi amplas e non hai moitos coches (nada que ver con Bangkok).

  • Tuk-tuk

Pedirán 1.000THB por un recorrido básico, prezo real debe ser 200THB/h. É complicado sácalo por menos de 600THB as tres horas.

A opción máis recomendada se non se ten demasiado tempo para visitar a cidade, ó noso ver e por varios motivos, é o tuk-tuk. Se non tes confianza conducindo motos e non tes demasiado tempo, descartas tanto as motos como as bicicletas. É máis caro, pero tamén é máis cómodo.

O certo é que tres horas está ben, xa que ó final estaredes cansos de tantos templos. A tuk-tukeira (foi a única muller que tivemos conducindo un tuk-tuk), levounos por unha lista de templos. Se ides con ganas de ver algún en concreto, dicídello. A pesar diso a primeira parada será sempre o mesmo: a compra de entradas. A experiencia é boa. É recomendable levar información como a que vos imos proporcionar para entender o que hai encada templo.

RECOMENDACÍON EXTRA para visitar Ayutthaya:

  • Ir ben cargado/a de auga, crema solar e algo que protexa a cabeza do sol, xa que hai moitas zonas nas que non hai sombras.
  • O código de vestimenta é algo menos restrictivo aquí que en Bangkok, aínda así, débese gardar respecto e cúmplilo.

QUE VER AYUTTHAYA?

Ayutthaya ten un centro histórico cheo de templos que foron declarados Patrimonio da Humanidad pola Unesco no ano 1991 (seis anos despois que Santiago de Compostela). Alberga un dos conxuntos arqueolóxicos máis importantes do sudeste asiático. Se escolledes o tuk-tuk como métedo de transporte en Ayutthaya, a tuk-tukeira xa vos vai ofrecer a ruta por todos os templos máis importantes. A primeira das paradas á que vos vai levar é onde está o buda na árbore. Neste lugar podedes mercar a entrada combinada para todos os templos:

  • Entradas combinada dos templos de Ayutthaya: 220 THB/persoa.

Se se merca por separado, cada un dos templos custan arredor dos 50 THB. Wat Mahathat

Cabeza de Buda na árbore en Wat Mahathat
Cabeza de Buda na árbore en Wat Mahathat (Ayutthaya)

Este templo foi a primeira das paradas e onde mercamos a entrada combinada. É un dos templos máis afectados pola invasión birmana. Nel atópase o buda na árbore. A lenda conta que a cabeza de buda decapitada. Esta historia sostén que a árbore creceu arredor da cabeza de buda, pero respectando ó profeta.

Prezo de Wat Maha That: 50 THB/persoa Horarios do Wat Maha That: Todos os días de 8.00 a 18.00

No momento de casar á foto, hai unha especie de garda de seguridade que o único que fai e incordiar a persoas de xeito aleatorio. Ben sabido é que hai que respectar a figura de Buda. Chegou a pedirnos que borrásemos unha foto (mentres outras persoas facían a foto dun xeito similar). Que poidas levar unha foto como ti queiras, depende de se che está mirando ou non… Aínda así, recordade respectar sempre a súa imaxe. Visitando este templo, fomos conscientes da maldade humana e de como esta destrúe as cosas tan belas que outras persoas constrúen. Tiña que ter sido espectacular na súa época de explendor.

Wat Mahathat en Ayutthaya
Interior de Wat Mahathat en Ayutthaya

Wat Ratchaburana / Wat Ratburana

Wat Ratburana en Ayutthaya
Wat Ratburana en Ayutthaya

O tempo de Wat Ratchaburana algo mellor conservado que o de Wat Maha That e ó cal se pode subir para obter unhas vistas preciosas do conxunto histórico de Ayutthaya. O certo é que a vista é espectacular. Se tedes un pouco de “respecto” ás alturas, custaravos subir, pero o esforzo paga a pena. A foto máis habitual é dende a entrada, aínda que nesta se aprecia o seu tamaño mellor. Supostamente, pódese entrar na cripta de alberga, mais non nós non o fixesmos.

Prezo do Wat Ratchaburana: 50 THB/persoa. Horarios do Wat Ratchaburana: Todos os días de 8.00 a 18.00.

  Wat Phra Mongkhon Bophit

Wat Phra Mongkhon Bophit en Ayutthaya
Wat Phra Mongkhon Bophit en Ayutthaya

Neste templo atópase un dos maiores budas de Tailandia na actualidade: 12,5 metros. É un templo restaurado e ben conservado. A súa forma resulta e tamaño resulta impactante. Se precisas ir ó baño, aproveita! Hai un na parte de atrás do templo. Podes aproveitar para botarlle un ollo ó xardín.

Prezo do Wat Phra Mongkhon Bophit: gratis. Horarios do Wat Phra Mongkhon Bophit: Todos os días de 8.00 a 17.00.

  Wat Phra Si Sanphet Wat Phra Si Sanphet é coñecido polos seus tres chedis ou stupa, sendo os símbolos de Ayutthaya. Formou parte do Pazo Real cando a capital do Reino de Siam era Ayutthaya. Sirviu como inspirtación do Wat Phra Kaew de Bangkok. Na súa idade dourada existía un buda erguido de 16 metros cuberto con 143 kilos de ouro que los birmanos fundiron cuando arrasaron a cidade.

Prezo do Wat Phra Si Sanphet: 50 THB/persoa Horarios do Wat Phra Si Sanphet: Todos os días de 8.00 a 18.00

Wat Phra Si Sanphet en Ayutthaya
Wat Phra Si Sanphet en Ayutthaya

Wat Phra Ram  Este momumento presenta moitas similitudes con Wat Ratchaburana.

Prezo do Wat Phra Ram: 50 THB por persona Horarios do Wat Phra Ram: Todos os días de 8.00 a 18.00

Wat Phra Ram en Ayutthaya
Wat Phra Ram en Ayutthaya

Wat Yai Chai Mongkon Nel hai un buda reclinado como o do Wat Pho de Bangkok, aínda que non tan impresionante. Este templo non entra dentro da entrada conxunta dos templos, co que haberá que mercar a entrada.

Prezo do Wat Yai Chai Mongkhon: 20 THB/persoa. Horarios do Wat Chai Mongkhon: Todos os días de 8h00 a 18h00

Wat Yai Chai Mongkon en Ayutthaya
Wat Yai Chai Mongkon en Ayutthaya

OUTROS LUGARES PARA VISITAR EN AYUTTHAYA

Os seguintes lugares non os vimos, así que a pouca información que deixamos aquí é a que recolectamos doutros blogs antes de ir e da información que vimos no tuk-tuk que nos deu a visita. Wat Chai Watthanaram Este templo é o que mellor conservado está de todos. Cóntase que o seu parecido ó de Angkor Wat de Cambodia non é casual.

Prezo do Wat Chai Watthanaram: 50 THB/persoa. Horarios do Wat Chai Watthanaram: Todos os días de 8h00 a 18h00.

Wat Phanan Choeng Wat Dharmikraj Wat Na Phra Men Wat Phukhao Thong Wat Kasattrathirat Worawihan Wat LokayaSuthaRam Case non hai ruinas, pero hai un  Buda Reclinado de 42m de largo y 8m de alto. Museo Nacional de Chao Sam Praya Mercados de Ayutthaya

QUE VER PHITSANULOK?

Desta cidade non vimos case nada es noite que chegamos. Vimos un pouco ó día seguinte coa xente do albergue. Igualmente poñemos algúns lugares para visitar por se facedes tempo. Wat Phra Si Rattana Mahathat Foi construído no ano 1357 nas orillas do río Nam, o que se pode considerar o templo máis importante da cidade. É un exemplo da historia e das raíces culturais da cidade na época de esplendor khmer na actual Tailandia. Alberga unha figura do buda en ouro, Phra Phuttha Chinnarat, considerada por moitos tailandeses como a máis bonita que hai no país. Tamén destaca a escultura dun buda de pie que hai e pola impresionante colección de arte do periodo de Sukhothai que hai no Buddha Chinnarat National Museum. Wat Nang Phaya Foi construído no s. XVI no centro da ciudade. É famoso por albergar outras das figuras de buda más veneradas que hai na rexión, a Phra Nang Phaya. Santuario do Rei Naresuan “O Grande” Naresuan “O Grande”, nado en Phitsanulok, foi quen liberou o Rieno de Ayutthaya dos birmanos no s. XVI. Casas flotantes de bambú sobre o Río Nan Aparte de seu pasado histórico, Phitsanulok é coñecida polas súas casas flotantes que hai na ribeira do río Nan. O lugar para ver as barriadas é o parque de Chom Nan. Este lugar si o vimos e é moi recomendable para relaxarse

QUE VER ÁS AFORAS DE PHITSANULOK?

Wat Phra Sorn Kaew e Wat Phrathat Sonkaew Está lonxe da cidade, uns 90 km, en sentido contrario á Sukhothai. O Templo da Cima de Cristal o Wat Phra Sorn Kaew. Dominando as visita desde o cume (830 m) destaca no complexo a impresionante figura de Buda e as 5 caras de color blanco.

Guías recomendables:

Publicacións relacionadas

Verified by MonsterInsights