A comunicación en países estranxeiros é moi importante, tanto para nós como para as persoas (familiares e amigos) que non veñen, e así mantelos tranquilos. Por este motivo é importante que estean ó tanto de cando e cando non podemos comunicarnos con eles. En función do lugar onde esteamos actuaremos de distinto xeito.
Tailandia
Este país está moi preparado para o turismo. O primeiro que debemos plantexarnos é se desexamos unha tarxeta de telefonía móvil ou mercamos un router.
Tarxeta de móbil ou router portátil
O router portátil, se se viaxa moito ó exterior pode ser moi interesante, metendo a SIM para os dispositivos para compartir con outros:
Tamén pode ser interesante facer tethering dende o teu smartphone para compartir internet con outros smartphones, tablets, portátiles…
Antes de ir
Comprobar se o teléfono está bloqueado ou é un terminal libre.
Desbloquear o noso teléfono para que acepte calquera tipo de SIM card sería a mellor solución. Senón, buscar un móvil alternativo para levar de vacacións.
Cómo obter unha Tarjeta SIM en Tailandia?
Conseguir unha tarxeta SIM é fácil. Nada máis llegar ó aeroporto Suvarnabhumi de Bangkok, na terminal de chegadas ANTES DE SAÍR DE ONDE SE COLLEN AS MALETAS hai diferentes mostradores das 3 compañías principais de telefonía móbil local.
Os empregados falan inglés e rapidamente, sen tempo que perder, danche a escoller os diferentes paquetes por días das que dispoñen para viaxeiros.
Teñen o mesmo prezo aquí ou na cidade (7 Eleven ), mais no aeroporto XA CHE FAN ELES O CAMBIO DE TARXETA e disporás de internet se decides ir en Grab (xa falaremos del).
Compañías de Teléfono en Tailandia A verdade é que calquera das dúas compañías que usamos durante a viaxe funcionou perfectamente. A primeira delas foi un pouco máis cara, pero supoño que debeu a que a mercamos no Aeroporto Internacional de Bangkok e a segunda no Aeroporto de Krabi. O único que tedes que coller é unha tarxeta polo número continuado de días que queredes usala. Hai 4G en casi todas partes, con calquera dos operadores irá ben.
- Dtac
Esta foi a compañía que usamos os primeiros 7 días en Tailandia. É a 2ª compañía máis grande. Ten boa cobertura, non tivemos ningún problema en ningún lugar. Na web pódese consultar cobertura. Foi máis cara que a seguinte (AIS). Aínda que queda a dúbida de se foi por mercalo nun lugar distinto.
- AIS
Principal compañía e ten moi boa cobertura. Foi a compañía que usamos durante a segunda estancia en Tailandia. Foi máis barata que a anterior (Dtac). Pódese consultar cobertura na súa web.
Opera con dúas marcas
- Outras marcas
12Call
A compañía con boa reputación no tema de cobertura é 12call e moitos dos cidadáns que non viven na capital e zonas alonxadas.
True Move H
A 3ª compañía. Pertence á empresa propietaria dos 7-Eleven. É o operador con maior cobertura 4G.
Activación, servicio e costes
As tarxetas SIM tailandesas só funcionan dentro dos límites da fronteira do Reino de Siam, co que non poderemos usalas en Cambodia.
Para a activación precísase unha fotocopia del pasaporte ou o orixinal para que o poidan escanear.
Recarga manual:
A pesar de que nós non precisamos recargar deixámosvos un pouco de información que atopamos en outras webs (en referencias tédelas todas) sobre recargas:
-
-
-
- True move – *123*código de recarga de 14 digitos# e chamar
- 12call – *120*código de recarga de 16 digitos# e chamar
- Dtac – *100*código de recarga*9# e chamar
- Recarga por web para dtac:
My Dtac é o link a web que en inglés e é máis ou menos intuitiva.
-
-
Recharge serve para recargar SIMs de calquera país, aínda que se llevan una pequeña comisión.
-
-
- Comprobar número de teléfono:
- 12call – *545# e chamar
- True move – *933# e chamar
- Dtac – *102*9# e chamar
- Comprobar saldo:
- 12call – *121# e chamar
- True move – #123# e chamar
- Dtac – *121*9# e chamar
- Comprobar número de teléfono:
-
Cambodia (Camboxa)
Durante os 3 días que permanecemos en Cambodia, non precisamos de ningún tipo de comunicación, xa que tiñamos un tuk-tukeiro contratado para toda a estadía. De todos xeitos, pódese contratar unha vez cheguedes ao hotel.
Guías recomendables:
Publicacións relacionadas