Este día pasámolo prácticamente de viaxe. Comezando na Illa Phi Phi, pasando por Krabi e, logo do voo, Bangkok.
Pola mañá en KHO PHI PHI:
Mercamos as pasaxes o día anterior a este día de viaxes. En función da saída do voo, os propios vendedores recomendarán un horarios. Ademais, os prezos son aproximadamente iguais en calquera das tendas que se dedican a isto.
TRANSPORTE
Ferri Phi Phi – Krabi (KBV)
A saída do ferri dende a Illa da Phi Phi cara Krabi foi ás 13h20.
Prezo: 500 THB (ferri+furgoneta ó aeroporto)
Voos: Aeroporto Krabi (KBV) – Aeroporto Bangkok Don Mueang (DMK)
Dende o momento da compra dos voos houbo algúns cambios de horarios.
Aeroporto Bangkok Don Mueang (DMK) ata o aloxamento
Para ir dende o aeroporto de viaxes internos ata o noso aloxamento, a mellor opción que atopamos foi usar Grab.
ALOXAMENTO
Quedaban dúas noites neste país, .O aloxamento no centro da cidade só é neste UNHA NOITE en Bangkok
1º Aloxamento Bangkok:
314/12 Prachathipatai Road, Soi Ban Phantom, Khaosan, Phra Nakhon,
10200 Bangkok, Tailandia
+66 81 809 6768
A experiencia estivo ben. Fóra de grandes luxos,
QUE VER NA ILLA PHI PHI?
Tras almorzar tranquilos nalgunha cafetería/restaurante e coller o ferri a Krabi ás 10h30.
Prezo: 500 THB (ferri+furgoneta ó aeroporto)
QUE VER EN BANGKOK?
Esta última noite na cidade de Bangkok pasámola na rúa de Khaosan Road. Postos ambulantes de comida, restaurantes e tendas de agasallos para pasar un tempo estupendo.
Wat Bowonniwetwiharn Ratchaworawiharn
Dende o Baan Bangkok Home atar Khaosan Road, pódese ir fácilmente camiñando e así coñecer as inmediacións. Deste xeito foi como nos atopamos co Wat Bowonniwetwiharn Ratchaworawiharn. Vimos este templo dende fóra, pero é importante telo presente.
Nesta rúa atoparás un montón de lugares onde probar froita, cómida tailandesa, postres e ademais os coñecidos saltamontes e escorpions. Se sodes valentes, adiante! Tamén teredes moitas tendas para mercar algún recordo da estancia en Bangkok. A verdade é que é moi alternativa.
Horario: Todos os días de 18h00 a 2h00
Guías recomendables:
Publicacións relacionadas
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Informacion básica
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Comunicación
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Curiosidades
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Transporte
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Consellos I
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Consellos II
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Consellos III
- Tailandia e Cambodia en 17 días: Comida