Bela rosa - Sés

Unha vez houbo unha flor
que só ulía certa xente
no xardín dun gran demente
con máis poder ca razón

A rosa leda medrou,
medrou soa e sen axuda
Era forte coma a ruda
ante o frío e a calor

Saiou o sol e coroou
co seu vermello impoñente,
tanto que ao amo e a outras xentes
molestoulle o seu primor

No canto de con amor
ollábana con vaidade
e ante a fermosa humildade
respostaron con temor

Moitas flores do redor
de xardín de alleas terras
aplaudiron moi contentas
cando o amo a recortou

A planta quedou sen flor,
pero aínda resistía
porque a raíz se nutría
da terra que a enxendrou

A terra considerou
que o seu froito era inocente,
que fora nobre e valente
e dela se preocupou.

A auga logo chegou
e o resto de compañeiras
acudironlle lixeiras
e calmaron a súa dor

Certo día aquel señor
foi abalar a maceira
e reparou na roseira
que cortara con rencor

Mil rosas con explendor
recendían maxestuosas
cunhas espiñas máis grosas
que as tesouras do señor

Comprendiu o amo entón
o seu crime despiadado,
caiu ao chan apenado
e pola rosa chorou

Aquela flor
só no recordo latexa,
pero se a raíz é rexa
a planta non morre non

 

Verified by MonsterInsights