Deprecated: Creation of dynamic property WP_Members::$style is deprecated in /var/www/vhosts/galiciaalive.com/httpdocs/wp-content/plugins/wp-members/includes/class-wp-members.php on line 558
Entrevista a Monoulious DOP

Entrevista a Monoulious DOP

A banda galega, coñecida polos seus peculiares e desenfadados videoclips, concédelle a Galicia Alive a oportunidade de compartir uns momentos con eles. Un estilo desenfadado e retranqueiro que non perden nen nas entrevistas. Aproveitamos este tempo con Mon e Ula para conversar dos seus novos proxectos e dos próximos obxectivos que teñen na súa mente.

Bo día, espera que me visto e vou, que me pillas en gallales. O que veñen sendo calzóns.

Primeiramente. agora que xa estades vestidos, gustaríanos que vos presentarades para os que aínda non vos coñecen. Quen forma a banda?

Pois Mira, somos Mon, Ula, Carba, Beny e Torroncho. E cando algún de nós falla por motivos de causa maior ou simplemente porque non lle apetece vir ese día, pois chamamos a Ana, Lucía ou a Seve. Son, digamos, suplentes, pois aínda non se gañaron de todo a confianza do míster, pero grandísimas músicas de tódolos xeitos.

IMG-20160825-WA0012

Que roles tedes dentro do grupo?

Somos unha asociación autónoma de persoas  unidas voluntariamente para formar unha organización democrática en forma de banda musical cuxa administración e xestión debe levarse a cabo da forma que acorden os músicos, xeralmente no contexto da combinación dos sons co tempo e das relación sociais e humanas de/con eles mesmos.

Se non entendeches nada… haber estudiao

Supoño que estades afeitos a que volo pregunten, pero de onde procede o nome Monoulious DOP? Principalmente a segunda parte.

Rapidamente, que teño que ir comer… é una fusión dos nosos nomes no momento que nos puxemos a ver a grandiosa película de Jack BlackTenacious D, the pick of destiny” e o de DOP, todo o mundo sabe o que significa: Denominación de Orixe Protexida.

A verdade é que é complexo clasificarvos nun estilo musical. Vós en cal vos metedes?

O estilo… – cavila durante un longo tempo – Nós chamámoslle Golden Broza. Unha traducción literal deste estilo inventado por nos viría sendo algo así como: Merda de ouro.

Tamén sabemos que Monoulious DOP comezou sendo un dúo pero hoxe en día xa formades unha banda. Como vos coñecestes?

2005. Compostela. Nun de tantos botellóns que faciamos no Campillo cos colega. Pero nos limpábamos, eh! Non como a rapazada de hoxe en día…nin con ecovaso facemos bó deles….

 

Unha pregunta obrigada cando se  entrevista a un grupo musical: que tal vos levades?

Xenial, aínda hoxe nos deron a alta no hospital despois da bronca do último ensaio. Coma novos!

Galicia Alive, enterouse de que estivestes fai pouco gravando en estudo? Tiñades todo claro ao entrar no estudio ou fostes probando?

Realmente cando nos dixeron que íbamos ir ó estudo, pensamos que Estudo era unha localidade de Portugal e todo o que sexa viaxar encántanos. Todo o que sexa saír desta isla parécenos perfecto.

Cal foi a intención de meterse en estudo?

A intención foi gravar uns temas para facer uns vídeos, pero quedouse só niso, en intención. Realmente o noso técnico meteunos en estudio para limpar toda a cacharrada da festa do día anterior.

Agora que estamos no verán e aquí en Galicia hai máis dunha festa por día, Monoulious DOP ten a súa axenda moi apretada?

Este verán estamos comezando coa banda e tivemos unha axenda relaxada…pero o verán que vén temos pensado comernos todo o puto catering dos camerinos dos festis máis ghrandes da Galiza!!!

IMG-20160825-WA0004

Tedes dous tipos de concertos. Nos que Ula e Mon están os dous sos fronte ao público, ou máis ben deleitan ao público, e os que estades en grupo. Con cal vos quedades?

Cos dous. Son dous formatos diferentes que queremos por igual e como nos ensinaron que na variedade está o ghusto pois facémolo deste xeito…Tamén nos ensinaron que hai gustos que merecen paus…Ojo!

 

Agora xa fai tempo que non vemos un dos vosos videoclips. Hai algún xa pensado?

Hai moito pensado, só falta levalos a cabo. Pero pronto teredes noticias.

E para rematar, dádenos algunha exclusiva. Contádenos que proxecto tedes en mente.

Surprise!!!!IMG-20160825-WA0006

Agora si, os últimos minutos son para vós, para que nos contedes todo o que queirades contar.

Pois mira, vou citar un texto do meu avó que sempre me chamou moito a atención, e ainda que fose un home de poucas palabras creo que leva moita razón:

“…” – garda silencio durante un anaco.

Pois con estas sabias palabras despedímonos. Moitas grazas!

Gracias a vós!

 

Verified by MonsterInsights