“…”, “Silencios”, ”…”. Vivir entre silencios. Fai uns días Galicia Alive percatouse da realidade que existe con respecto ás persoas que viven a súa vida así, entre silencios. Dende o momento que nos adentramos nas oficinas de ACOPROS, foi unha continua aprendizaxe. Serviunos para aprender sobre esta discapacidade que pasa tan desapercibida, tanto que se coñece como a discapacidade invisible. Ao longo deste artigo poderedes descubrir moitas curiosidades da discapacidade auditiva.
ACOPROS é unha asociación que pertence ao grupo que conforma FIAPAS, a Confederación Española de Familias de Personas Sordas. Dentro das agrupacións que se adican a proporcionar axuda a persoas con discapacidade auditiva podemos diferenciar dous tipos. Por un lado temos FIAPAS, o caso de ACOPROS, e por outro a Confederación Estatal de Personas Sordas. Entre elas existen diferencias con respecto do enfoque da ensinanza e aos servicios a proporcionar.
As actividades de ACOPROS céntranse nas familias das persoas xordas. Tamén complementan as súas axudas no eido da tecnoloxía. Ademais proporcionan servizos de integración laboral en empresa ordinaria, logopedia, atención psicolóxica e unha interesante forma de axuda que é coñecer as vivencias doutros pais que viviron casos similares: de pai a pai. As familias sinten así un acompañamento durante todo o proceso.
A pesar do que a maior parte da xente cre, case todos xordos se comunican falando. Evidentemente existen distintos tipos de xordeira co que isto se complica en algúns casos. Imos tentar acabar con este descoñecemento buscando respostas ás seguintes preguntas.
Cando e para que xurde a asociación?
Xorde nos anos 70 por iniciativa dunhas familias para loitar polos dereitos e intereses de persoas con D.A.
Que eventos ou actividades de concienciación se realizan?
A asociación céntrase na sensibilización política e empresarial de forma continuada, sempre con total independencia política. Tamén facemos campañas de sensibilización e tertulias nos colexios e gardarías, facendo especial fincapé no diagnóstico precoz. Nestas actividades contamos con axuda do voluntariado local.
Cales serán as actividades nos vindeiros meses?
Algunhas actividades que xa están previstas son unha ruta de sendeirismo e, coma sempre facemos, talleres informativos para as familias da asociación.
Existe unha linguaxe de signos galega? Está esta incluída no Estatuto?
Este erro que acabas de cometer é bastante habitual. Non é unha linguaxe, é unha lingua en si mesma. No caso do galego, non existe unha lingua oficialmente coma tal, pero os signantes galegos teñen un xeito de signar diferente. Aínda que a oficialidade non se acadou polo de agora.
Que consellos lle darían aos país que se atopan esta dificultade engadida ao feito de ser pais?
Pois que acudan aos movementos asociativos debido a especialización e a experiencia. A experiencia é un grado e dende a nosa podemos axudalos.
E a unha persoa, adulta ou non, que perde a audición?
Exactamente os mesmos. Acudir a movementos asociativos para pedir consello.
Como é a situación de Galicia con respecto ao tema discapacidade auditiva?
No caso de Galicia a proba auditiva realízase a todos os recén nacidos (screening neonatal), o cal é un avance importante para a identificación. Evidentemente queda moito por lograr.
Esperamos dende Galicia Alive que estas verbas se cheguen a todos os oídos e ollos para facer da nosa labor algo útil. Gracias a ACOPROS por facer desta discapacidade algo menos invisible.