Deprecated: Creation of dynamic property WP_Members::$style is deprecated in /var/www/vhosts/galiciaalive.com/httpdocs/wp-content/plugins/wp-members/includes/class-wp-members.php on line 558
Entrevista a Tele Jaita

Entrevista a Tele Jaita

Galicia Alive adéntrase no audiovisual da man da Tele Jaita. Esta canle de Youtube de humor, un tanto salvaxe ás veces,  ten moito que ofrecernos e Galicia Alive quere ser testigo dos seus comezos.

Bos días e benvidos!

Oli

Primeiramente para a xente que non vos coñeza. Que é a Tele Jaita?

Unha canle de Youtube na que facemos doblaxes humorísticas. Amparados no anonimato decimos as animaladas máis grandes que se nos ocorren, coma Twitter pero en vídeo.

Como xurdiu a idea de crear esta canle?

Un día que taba o Relax pechado e dixemos:  – Agora que facemos toda a tarde?
E como a pera xa a tiñamos feita dounos por facer un video, fíxonos gracia e dixemos: “Vámolo subir a Youtube para pasarllo ós colegas. E ao final, collémoslle o vicio.

Estaredes máis que fartos de contalo, pero de onde xurde o nome?

Pois nunca nolo preguntaron… pero si que toca os collóns. É una especie de homenaxe porque de toda a vida de maneira ofensiva, sobretodo os casteláns falantes, para decir que a TVG é unha merda, referíanse a ela como “La Tele Gaita”. Aínda que moitas cousas dan pena témolo pasado moi ben véndolle Son Goku, Shin Chan, Arale, Pratos Combinados, Matalobos… E como reivindicación a eses bos momentos e para meternos cos que só saben criticar. Foi iso o que o primeiro que se nos ocorreu.

De onde vos aparecen as ideas?

Ás veces ves un vídeo e dis “hostia, aí molaba que dixera tal cousa”. Outras veces falando cos amigos que están contando algo e cres que sería estupendo para un vídeo. E finalmente outras, simplemente, queres revelar as verdades que ninguén se atreve a decir. Agora mesmo, aínda que pareza o contrario, é cando menos liberdade se ten en calquera cousa que se diga. Pase na tele ou en internet, faise viral e internet xa arde. Á xente todo lle molesta e na nosa canle pasamos diso e decimos as animaladas que vemos que a xente queda con ganas de decir porque se se entende que e en broma non hai porque ofenderse.

Onde podemos atopar a Tele Jaita? Cales son as redes sociais nas que estades e cal é a vosa web?

Estamos en Youtube https://www.youtube.com/channel/UCu0BGblaB48RDKdxKosxulw
e en Facebook https://www.facebook.com/telejaita/

Pero o certo é que só subimos os videos, non somos moi activos nas redes socias nin temos páxina web. Iso dá moito choio e nos só queremos botarnos unhas risas.

Cal é o voso obxectivo?

A permanencia e se despois podemos picar Europa mellor – risas. –  Seguir facendo vídeos que nos fagan gracia a nós para rirnos e se chegan a outra xente e tamén o pasan ben a conta das nosas merdas pois mellor que mellor.

 Cales son os próximos proxectos? Podedes darnos algún avance

Facer máis dobraxes de series e películas míticas e deixar descansar un pouco a Pepe da Cocha e o seu Telefriario, aínda que o seguiremos traendo. Témoslle moito cariño.

Xa para ir rematando, gustaríanos que os últimos instantes fosen para que digades o que queirades. Sen censura.

Animar á xente a que se pase pola canle que igual se bota unhas risas e senón que nolo fagan saber tamén, de todo se aprende. Sobretodo queriamos aproveitar esta entrevista para agradecerlle a Youtube por non dar a opción de cobrar por facer videos en galego. Non o fixemos con esa intención, nin temos as visitas suficientes para cobrar, pero que no ano 2016 os galegos nos sigan facendo de menos toca un pouco os collóns. Así que un abrazo moi forte para eles.

Tomamos nota e reportaremos isto a Youtube. Un pracer e moitas gracias!

Gracias a ti e non olvides comentar, darlle a like e subscribirte. Tes que perdonar deformación profesional de Youtube.

 

 

 

 

 

Verified by MonsterInsights