Treixadura - Se chove

Ei vén o vento do mare
ei vén o vento mareiro
Ei vén o meu queridiño

vestido de mariñeiro (bis)

Se chove, deixa chovere
se orballa, deixa orballare
por máis que chova e vente
de ti non me hei de apartare. (bis)

Pasei pola ponte abaixo,
vin saltar unha sardiña
Mariñeiro, síguea ao mare
e botádelle a traíña. (bis)

Indo polo mar abaixo
perdín a miña navalla
Rema, mariñeiro, rema
que alá no mar me quedaba (bis)

O que navega de noite
atropeza nos penedos
E eu que ando polo día
tropezo nos teus enredos. (bis)

 

Mercando en Amazon axudasnos a seguir escribindo:

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com