Cambodia DÍA 9: Siem Reap (Casas flotantes)

Este é o primeiro día de verdade en Siem Reap, nembergantes, non estaríamos pola cidade. A planificación de todos os días en Cambodia foi feita polo noso tuk-tukeiro. Confiamos nel e a verdade é que non nos defraudou. É máis, de Cambodia, a nivel de trato persoal, foi o mellor que nos levamos.

ALOXAMENTO

En Siem Reap pasaríamos dúas noites, como xa dixemos no en Cambodia DÍA 8: Voo de Chiang Mai a Siem Reap. Esta sería a última noite porque a seguinte sería no aeroporto. O aloxamento:

Dream Mango Villa
Phum Wat Damnak, Krong Siem Reap, Cambodja
Phum Wat Damnak, ក្រុងសៀមរាប
8VW5+WG Siem Reap, Cambodia
dreammangovilla.com

Teléfono: +855 87 992 899

A habitación do resort e o resort en si están ben. O dono resort é todo un personaxe e un perigo pola cantidade cervexas ás que vos vai invitar. O peor do resort é a súa localización. As rúas para chegar a el son moi escuras. Seguramente, se volvésemos agora, buscaríamos outra estancia.

O último que estivemos en Siem Reap tiñamos o voo de noite. O dono deixounos quedar na habitación ata o momento de ir ó aeroporto, pero iso xa o contaremos.

HISTORIA

Jayavarman II fixo da antiga aldea Siem Reap a digna capital do seu imperio.

Pagodas (wat en sánscrito), templos e mausoleos construídos por Jayavarman II e os seus sucesores durante o séculos, ata o definitivo abandono da ciudad en el siglo XV, que fixeron de Angkor unha ciudad sagrada.

COMO MOVERSE EN SIEM REAP?

Para movernos por Siem Reap, contratamos os servizos dun tuk-tuk durante 2 días (60€). É a mellor forma de poder visitar a aldea/poblado flotante e todos os templos de Angkor (aínda que isto o veredes na seguinte publicación).

QUE VER NOS ARREDORES DE SIEM REAP?

O noso tuk-tukeiro veu cedo a recollernos. El tiña o plan feito e nos deixámonos levar. Falaba un castelán correcto e cando non sabía cómo dicilo en castelán, dicíanolo en inglés (moi poucas veces). O destino que nos tiña preparado para hoxe eran as casas do poblado/aldea flotante.

Mercado local

Antes de chegar ó destino final, o noso tuk-tukeiro levounos a un mercado local de verdade. No mercado local a xente mirábanos como extraños. Nel podíase ver pescado fresco, pescado secado ó sol e outro que o acababan de poñer á secar. O cheiro ás veces era demasiado forte e non demasiado agradable. Tamén había moita fruta, comida e postres locais e algunha que outra mosca. Alí merquei a fruta da serpe, unha froita cunha pel similar a dunha serpe, pero máis áspera. O sabor desta fruta é coma o lichi e tamén é refrescante.

Mercado local en Cambodia de camiño ó poblado flotante

Poblado flotante

O poblado flotante é un dos lugares que tamén se debe ver se se está en Siem Reap. Aquí vive unha comunidade que vive da pesca e do turismo principalmente.

Hai dúas partes na visita. A primeira nun barco de maior tamaño que che levará polo Río Tahas ata onde realmente está o poblado. Non estou seguro de se é un río, parece máis ben, un entrante da Lagoa Tonlé Sap na terra. Goza do traxecto, e para isto protéxete ben do sol. De supeto, comezarás a ver contruccións sobre a auga. É moi impresionante velas saír das augas do río. De camiño ó poblado tamén vimos unha escola de ensinaza secundaria (co que supoñemos que tamén habería unha de escola primaria). Nesta escola tamén tiña ensinaza orientada a formación de pescadores.

Poblado Flotante de Kampong Phluk en Cambodia.

O traxecto do barco grande acaba dunha destas contrucción onde podes comer no restaurante e comprar a seguinte pasaxe para a segunda parte da visita. Nesta parte todas as persoas que traballan levando as pequenas embarcación son mulleres. Segundo nos contaron, estas mulleres son solteiras, orfas ou viuvas polo cal os seus ingresos son menores. Teñen unha especie de asociación e, en principio, este diñeiro vai para elas. O recorrido é por dentro do poblado. Mentres se navega polas súas augas vese como a gran maioría se adican as súas tarefas diarias do fogar ou prepara os utensilios de pesca.

Barca no Poblado Flotante de Kampong Phluk en Cambodia.

Tamén se ven ós nenos xogar e nadar nunhas augas que parecen pouco recomendadas para iso. A xente de alí é auga. Sorprendeunos (para ben) ver que teñen cancelas para os bebés e os nenos pequenos non poidan caer á auga.

Hai un momento moi incómodo nesta segunda parte da visita. Isto sucede cando a rapaza que leva a embarcación pasa entre dúas filas de barcas con productos para vender, Son demasiado insitentes e a situación pode chegar a ser desagradable.

Despois disto, a visita continúa entre unha selva de “arbores acuáticas”. Isto último é máis interesante.

Unha acabado o recorrido, vólvese montar na embarción de maior tamaño continúase río abaixo ata chegar á Lagoa Tonlé Sap. Impresiona moito, parece un mar.

Prezo Barco 1: 21 USD/persoa
Prezo Barco 2: 5 USD/persoa

A verdade que o día estaba a ser impresionante. Loga visita á aldea flotante, fomos comer á casa do noso tuk-tukeiro. A súa casa está na estrada principal de dous carriles, que en Cambodia pode pasar a ser ata de catro, que conecta Siem Reap (ក្រុងសៀមរាប) con Phnom Penh (ភ្នំពេញ), a capital de Cambodia. Ó parecer, el adicábase ó tuk-tuk e a súa parella tiña un posto en fronte da casa onde vendían comido para os viaxeiros que pasaban por alí. Fomos a súa casa e flipamos ó ver os contrastes. Por lado estaban os aparatos tecnolóxicos de última xeración e por outro lado cousas que recordaban á Galicia dos 70s (isto segundo nos contaron). Era unha mestura rara. A comida estaba boa e o trato foi moi bo.

Mercar entradas para Angkor

A entrada dun día para Angkor dura 24h dende que se merca, co que se a mercamos pola tarde, podemos ver a posta de sol dende algún dos seus templos.e podemos entrar ó día seguinte antes do amencer para que ver como as cores da cidade do templo (Angkor Wat) cambian durante a alba.

Posta de sol no templo de Pre Rup
Posta de sol no templo de Pre Rup en Angkor

A posta de sol vímola dende o templo Pre Rup. Había moita xente, pero é imposible non atopar xente nesta case Marabilla da Humanidade. Non tivemos a mellor das sortes, xa que se nublou un pouco. Aínda así, era como estar no paraíso. Respirábase unha tranquilidade e unha serenidade espectaculares, ó igual que as vistas.

Prezo entrada de 1 día: 37 USD/persoa

O día chegara ó seu fin coa caída do sol. Despois deste día estábamos un pouco máis reconciliados con Cambodia despois do mal comezo.

Regresamos ó resort de onde non nos moveríamos. Ó día seguinte tivemos que erguernos ás 3h30…

Guías recomendables:

 

Publicacións relacionadas

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com