Miña nai, miña naiciña
Como miña nai ningunha
Que me quentou a cariña
Co caloriño da súa
Torna
Torna os bois, Antonio
Torna
Que non me dan de beber
Cae o sol, cae a noitiña
Veñen estrelas de fío
Se ti queres miña prenda
eu che taparei o frío
Torna
Torna os bois, Antonio
Torna
Que non me dan de beber
Vou a dála despedida
Por riba dunha cereixa
Como me hei de despedir(e)
Se o corazón non me deixa
Torna
Torna os bois, Antonio
Torna
Que non me dan de beber