Evidentemente para coñecer Galicia precísase toda unha vida e aínda así non é suficiente. Darémosvos de todos os xeitos algúns consellos para visitar en dous días algúns lugares destacables de Galicia tendo como base de operacións Santiago de Compostela.
Estes dous días están pensados para coñecer a capital de Galicia e algúns lugares relativamente preto. Imos a supoñer a chegada á capital galega un venres pola noite e o regreso un domingo pola noite para facer así as 48 horas.
O que encontraredes será un plan para a noite que cheguedes a Compostela. Ao día seguinte teredes a visita a Cabo Fisterra, ao Ézaro, Carnota e Muros , que podería facerse en pouco máis de medio día para aproveitar ese mesmo día pola tarde-noite e seguir descubrindo Compostela. Finalmente quedaranos o último día de viaxe para acabar de ver a capital galega.
Santiago de Compostela (Chegada)
Unha vez cheguemos ao aeroport de Santiago de Compostela (SCQ) debemos coller un bus que nos leve ata o centro da cidade.
– Á estación de tren (40 min)
– Á estación de autobuses (opción 1) (12 min)
– Á estación de autobuses (opción 2) (23 min)
Cando xa esteades asentado no hotel que corresponda podedes coñecer un pouco de Santiago de noite. Usade o noso mapa para buscar algún bar para tomar algo e ir de tapas ou un restaurante para tomar unha boa cea.
Cando xa ceárades usade o mapa para ir a calquera dos clubes e pubs e coñecer un pouco de Santiago de noite. Usade o noso mapa para a búsqueda de algún bar onde tomar unha Estrella.
Aquí podedes atopar unha guía e así colaborades con Galicia Alive:
Despois de tomar a Estrella, sempre çe agradable dar un paseo polas rúas da zona vella. Todo casco antiguo de Compostela está protexido pola UNESCO debido ao seu valor arquitectónico.
Aproveitade e visitade a Praza do Obradoiro. Buscade aproximadamente no centro da praza unha cuncha de vieira e, unha vez alí, deixade a Catedral a vosa espalda e tumbádevos no chan boca arriba. Veredes a catedral ao revés, o que é cando menos interesante.
Buscade aproximadamente no centro da praza unha cuncha de vieira e, unha vez alí, deixade a Catedra ás vosas costas e deitádevos no chan boca arriba. Veredes a Catedral ao revés, o que é moi interesante.
Lugares preto (Día de escapada)
Cabo Fisterra e Fervenza do Ézaro
– Cabo Fisterra
O Cabo Fisterra é hoxe en día o destino final para moitos dos peregrinos do Camiño de Santiago. En honor a eles hai unha escultura dunha bota, xa que antigamente moitos deles deixaban as botas neste lugar unha vez rematado o Camiño. Está a uns 90 km de Santiago de Compostela, se ben algún peregrinos continúan ata Muxía. Para chegar dende Santiago:
https://goo.gl/maps/tms2cxoe4mr (1h 23min)
– Fervenza do Ézaro (Río Xallas)
Esta paraxe fíxose coñecido a nivel estatal con “La Vuelta Ciclista a España”. Esta fervenza é única en Europa, xa que é a única situada na desembocadura dun río. Se se continúa subindo chégase ao Mirador do Ézaro, onde se atopan unhas vistas espectaculares de cómo o río Xallas se adentra no mar. Non poñemos ningunha foto do que veredes por queremos que o vexades en directo por primeira vez.
https://goo.gl/maps/TjWspMxFWfN2 (37 min)
– Monte Pindo.
Pasando pola carretera en dirección a Carnota podedes ver o Monte Pindo. É un macizo granítico de 627 metros de altura. Actualmente hai unha asociación que tenta convertir en Parque Natural todas as inmediacións a este monte co fin de protexer a súa diversidade.
– Carnota
Carnota é un pobo mariñeiro. Os seus maiores encantos son a súa praia e o hórreo.
A praia de Carnota foi considerada como unha das cen mellores praias do mundo pola revista alemana Traum Strände (Prias de soño). Cos seus máis de 7 km de lonxitude, está considerada a praia máis longa de Galicia. Coa baixamar, supera os mil metros de anchura en algún tramo.
Un hórreo é unha construcción de madeira ou pedra para gardar gran e outros productos agrícolas. Esta especialmente pensado para que os roedores non poidan entrar, gracias ás pedras que se encontran xusto enriba das patas, as cales son máis anchas que estas últimas. O Hórreo de Carnota foi construído entre os anos 1768 – 1783. Foi declarado Monumento Nacional e forma xunto coa casa rectoral, o pombal e a igresa e a igrexa de Santa Comba un conxunto arquitectónico digno de admiración.
Preto de alí está o Hórreo de Lira, o más longo de Galicia. Este hórreo foi construído para gardar a producción agrícola como todas estas construccións, pero tamén para rivalizar co de Hórreo de Carnota e superarlo.
Para chegar a Carnota dende Ézaro:
https://goo.gl/maps/WcXXKRJ2cKB2 (22 min)
– Muros
Muros é outra bonita vila mariñeira colocada nunha ladeira de montaña. Además é unha vila que da nome, xunto con Noia, á primeira das rías baixas dende o norte. Tanto este pobo coma Carnota son uns bós lugares comer. No caso de Muros, a zona do porto e a parte que rodea o Concello é sen dúbida un dos mellores lugares para comer. Despois de comer, pérdete polas rúas e achégate á costa para poder observar o Monte Louro.
https://goo.gl/maps/xqrSfjPnJ7N2 (22 min)
– Vuelta a Santiago
https://goo.gl/maps/344jSBYNjGy (1h 12min)
Para alugar un coche podedes mirar aquí e tamén nos axudades a seguir axudándovos:
Santiago de Compostela (Día de escapada)
Aproveitade o modo coche no que estades metidos e visitade algún dos destinos marcados no mapa como “En coche”. Podedes escoller entre ir ao Monte Pedroso ou A Cidade da Cultura (a esta última tamén se pode ir en transporte público, aínda que o máis cómodo é o coche). Pola noite aproveita a coñecer os bares que aínda non coñeces e a seguir polas rúas e ruelas da cidade como a Rúa do Franco, Rúa de San Pedro…
Santiago de Compostela (Día de retorno)
Crea, usando o noso mapa, a túa propia ruta de turismo en Santiago. Escolle entre Lugares de interese, Lugares emblemáticos e Parques. Todo o que está no mapa se pode ver no tempo que vos queda. Iso si, debedes facer as seguintes cousas:
– Sacarte unha foto con “As Marías” (tamén coñecidas como “As dúas en punto”).
– Buscar os pés de Cervantes na Praza de Cervantes.
– Ver a sombra do peregrino na Praza da Quintana.
– Sacar unha foto da catedral dende os xardíns da alameda
Entre otras muchas cosas máis que vos descubriremos en próximas entradas. 😉
Gozade do recorrido e da vosa estancia en Santiago de Compostela e arredores. 🙂
1 thought on “Santiago de Compostela e arredores: Fisterra, Ézaro, Carnota e Muros”
Comments are closed.