Este pasado domingo, 23 de outubro de 2016, no voo de Ryanair do aeroporto de Santiago de Compostela con destino Barcelona aconteceu algo que nos alegrou, e moito. Por primeira vez nunha aeroliña escoitamos a nosa lingua.
Todo aconteceu cando estabamos a piques de despegar, de camiño á pista de despegue, e de súpeto sou unha voz dando as instruccións que debiamos seguir durante o voo.
A única que pena é que non sexa algo habitual en todos os voos á Galicia.
Dende Galicia Alive e eu persoalmente por estar neste voo queremos agracederlle a este azafato que dignificase a nosa lingua deste xeito, xa que non puidemos agradecerllo nese momento.
Mercando algún destes artigos colaboras con Galicia Alive:
Paréceme estupendo. Mágoa que non sexa algo xeralizado.
Eu tenho escutado alguma que outra vez, em algum voo, mas infelizmente é a excepção e não a regra.
En Vueling, nunha viaxe en Setembro, A Coruña-Sevilla, deron a benvida en galego
Ai si? Non o sabía. De sabelo tamén o tería feito. Tes algunha gravación?
Vigo-Barcelona tamén en Vueling antes de que operera Ryanair
Alégrame saber iso. 🙂
Se consegues algunha gravación de Vueling, por favor, faimo chegar.
Espero que se convirta en algo xeral
Non poden amosar gravacion por que os dispositivos móviles devenvde estar apagados
No meu caso tíñao en modo avión.
Iberia nun Madrid – Vigo fai un mes tamén.
Os vós de Iberia que aterran en Coruña reproducen habitualmente un saúdo de benvida gravado en galego.
Endexamais esvoitei nun vó nada engalego por parte da tripulación
Hai algún comandante galego en Vueling, Iberia que incluso se dirixe á pasaxe en galego durante o percorrido, e a verdade é que aínda que o seu galego non é brillante nótase que o fai con convicción.
Yo prefiero Iberia y me dejo de chorradas
Esas so chorradas,Yo viajo en Iberia
me parece un artículo muy interesante!
Agradézovos moito a publicación. A persoa que fai os anuncios en Galego son eu. Levo oito anos traballando en Ryanair como asistente de voo e dende sempre cando fago voos a Galiza ocúpome persoalmente de que no avión se fale a nosa lingua. E moi satisfactorio decatarse de que hai xente que o aprecia. Moitas gracias!
Androtxo, fainos moita, moita ilusión que chegase aos teus oídos e ollos esta noticia. Para min foi a primeira vez que escoitei galego e espero que o teu compañeiro portugués (se collín ven o acento) che fixese chegar o agradecemento tamén ese día. Gracias por facer máis digna a nosa lingua. 🙂
De feito si! O meu compañeiro chámase João e é Lisboeta. Tes bo oído . Transmitiume o agradecemento. Alégrome de que vos fixese o voo mais agradable. Unha alerta grande!
Aperta*
Abofé que o apreciamos! Grazas e parabéns!
Grazas moitas a tí…que pos a nosa lingua polas nubes! E xa sería a repera que a liña ou o avión que nos comunica coa verde Erín se chamase Breoghan ( poderiamos ver o da grafía ) hai que manter os vínculos históricos inda que fose a nivel simbólico…
Eu xa teño oído falar galego a tripulacións de Iberia nalgún voo.