Ingredientes
– Pan duro
– Leite
– Sal
– Ovos
– Aceite
– Azucre (versión doce)
– Canela (opcional)
Utensilios
– 2 recipientes fondos
– Tixola
– Remexedor
– Espátula de madeira
– Prato (do tamaño da tixola ou superior)
Paso a paso
- Romper o pan en pequenos anacos e poñelos nun recipiente grande.
- Verter o leite para abrandar o pan
- Agardar a que o pan se abrande. Usar máis leite no caso que non estea branda.
- Cascar os ovos nun recipiente batelos ata que estean ben mesturados
- Mesturar o pan brando, os ovos e o sal
- Poñer a tixola a quecer con un pouco de aceite e agardar a queza
- Verter o contido mesturado do recipiente na tixola
- Deixar facer con lume medio
- Utilizar o prato para dar a volta a tortilla de pan e facer polo outro lado.
- Versión doce. Cubrir con azucre e opcionalmente con canela
Axúdanos a seguir escribindo
Comprando algo que precises en Amazon a partir dos links que temos, axúdasnos a seguir escribindo: