Que é o aire?

Estás desganado? Perdeches as ganas de comer? Se é así, le atentamente este artigo sobre o mal do que hoxe para falamos. Para continuarmos coa nosa sección de misterio e mitoloxía na sociedade galega escollemos tratar o caso do aire. O aire engloba a diferentes tipos de males con síntomas similares, pero de diferentes intensidade e dificultade para eliminalos. Os diferentes nomes cos que se coñece son aires, enganido, asombramento, arangaño ou tangaraño et cetera. Este extraño mal sufrírono moitos rapaces e só se pode curar coa axuda dunhas muller moi especiais. Se tedes dúbidas tales como: Que é o aire? Afecta soamente os nenos e as nenas? Hai só un xeito para sandar deste mal? Trataremos de responder a estas e a outras cuestións neste artigo.

Coma sempre, poderedes ver as referencias das nosas pescudas e colaborar connosco para aumentar a información ou correxir o que creades incorrecto.

As seccións nas que dividimos o artigo son:


  1. QUE É O AIRE?



  2. ONDE SE COLLE O AIRE?



  3. CAL É A ORIXE DA CRENZA DO AIRE?



  4. COMO PREVIR COLLER O AIRE?



  5. COMO SE QUITA O AIRE?



  6. MAPA DO AIRE



  7. O AIRE E COMO QUITAR O AIRE (ARTIGO COMPLETO)


Así que comezamos a coñecer o aire sen máis miramentos neste artigo.

QUE É O AIRE?

O aire (ou ar) ou a sombra é un mal que pode afectar a todo tipo de persoas, aínda que os que acostauman a sufrilo máis a miúdo son nenos e os xa pedecen algún outro tipo de enfermidade. É posible que moitos xa teñades escoitado ás avoas dicir: “Este neno está moi delgado e vese moi miudiño, a ver se vai te-lo aire“. Este mal vai máis alá da simple delgadez ou da altura. O aire afecta tanto a nivel físico como mental. Ós síntomas físicos xa comentados habería que engadirlles a falta de color e o cansazo físico. Só deixan tranquilas ás avoas  os que están un pouco repoludos e son de bo dente. Quizais de aí veña a expresión que se usa por terras de Mazaricos: Se é ghordo e colorado, é ghuapo. Os síntomas mentais son a desganada e o cansazo mental e, nalgúns casos, a ausencia da fala. Se algunha persoa enferma ou un rapaz presentan todos estes síntomas, podería ser que tivese o aire.

Pero que é realmente? De onde vén? Para definir ben o aire débese definir en función da procedencia, do tipo de aire. Como pequena introducción ós diferentes tipos de aire farase unha definición xeral:

O aire é a posesión do corpo por un espírito que afecta ó individuo dun xeito anímico e sómatico.

Veremos na seguinte  cales son os causas deste tipo de posesión corporal e con iso a procedencia.

A TÚA COLABORACIÓN

Se hai algunha información extra e documentada que nos podes transmitir será benvida. Ademais, se tes información que non coincide coa que temos aquí, fáinolo saber. Intentamos ter información precisa e por iso sempre deixamos as nosas referenzas.

AXÚDANOS A SEGUIR ESCRIBINDO

Para aumentar a calidade das nosas publicacións necesitamos máis tempo. Podes axudarnos mercando través de Patreon:

https://www.patreon.com/c/GaliciaAlive

REFERENCIAS

Blogues, Revistas e Xornais

El Correo Gallego: Nemiña atrae surfistas de toda Europa
25 aniversario do IES Praia de Barraña
Thirthe: Transparencia
Suso de Basilio – Dende Corme ao mundo: Aqueles tempo de quitar o aire
O Roque de Cerponzóns: Día de Santos
Historia de Galicia: Buscando á Raiña Lupa no Sagrado Monte Pindo
Tralas pegadas da vella: Na procura da Raíña Lupa no sagrado Monte Pindo
The Muros Times – Como sacar el aire
Contribución al Diccionario Gallego – Aníbal Otero Álvarez
Correo del Camino: Testimonios de peregrinos
Celtíbera: O aire do difunto
Galicia encantada: Os curandeiros

Artistas

Rockisome: Entrevista a Terbutalina

Youtube: Terbutalina – Broncodilatador – Peneira

CANKENTE: Monte (1)

Monte (1)

PDFs para descargar

El poder de la palabra y la fe en la curación dentro del contexto cultural gallego
Concello de Cabana: O Santuario do Briño
Fichas de Investigación Etnográfica e de Restos Históricos
Cadernos de Fraseoloxía Galega 18
Hacia el encuentro de mi anthropos: la muerte, dinamo estructural de la vida
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades: Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil
Memoria Educación Secundaria (2002-2003)
Asociación de Escritores Galegos en Lingua Galega: Remedios, prácticas e ritos curativos da medicina popular tradicional
UN MEIGHALLO – Ana Fernández Fernández

Rutas

Correo del camino: Testimonios peregrinos
Geocaching: Camino Sacramental
Senda das estrelas: Etapa Recomendado. DÍA 5: Muros-Outes
Concello de Negreira: Guía Turística de Negreira

Documental e entrevistas

Comenius Regio: Quitar o aire
Documental Terra de Meigas (Non tivemos oportunidade de velo)

Outros

Traballos antropoloxía 2008-2009

Os curandeiros. Medicina Popular en Galicia, Cad Aten Primaria Ano 2010 Volume 17 (Páx. 144-149)

Verified by MonsterInsights