Eu non son racista, pero…
cando escoito negro digo “non insultes, non é negro que é moreno”
Eu non son clasista, pero…
é normal que o salario dun obreiro sexa moito máis pequeno
Eu non son machista, pero…
esa tipa é unha puta porque non fai co seu corpo o que eu quero
Eu non son fascista, pero…
ante la invasión de extranjeros los españoles primero
Eu non son
Non son
Non son
Non son
Non son
pero… (x2)
Eu son pacifista, pero…
non che digo de matalos pero darlles unhas hostias polo menos
Eu son galeguista, pero…
utilizo o castelán para falar coa miña dona e cos meus nenos
Eu son socialista, pero…
socialista dos que cren que socialismo é o que facía Zapatero
Eu son altruísta, pero…
unha cousa é ser solidario e outra é ser solidario a cambio de cero
Eu, eu son
Eu son
Eu son
Eu son
Eu son
pero… (x2)
Eu non son narcisista, pero…
interésame moito máis aquilo que escribo que aquilo que leo
Eu non son imperialista, pero…
que haxa un país no cu do mundo que non teña as nosas tradicións paréceme que está moi feo
Eu son ecoloxista, pero…
haberá que deforestar algunha selva e abrir buracos novos no ceo
Eu son un artista, pero…
o que fago non se entende se non les a explicación que hai debaixo da obra no museo
Eu non son
Non son
Non son
Non son
Non son
pero…
Eu, eu son
Eu son
Eu son
Eu son
Eu son
pero…
Eu non son
Non son
Non son
Non son
Non son
de Porto do Son
Yes, of course
Of course
Of course
Of course
Of course
but maybe…