Partido Galego de Dereitas

Vivimos un tempo de cambio político. Vivos un tempo no que as cousas deben remexerse para crear novas correntes e ideoloxías.

No que aos votos se refire os resultados en Galicia son claros, aínda que non de todos @s galeg@s, xa que continuamos coa reiterancia da emigración. @s galeg@s con capacidade de votar en Galicia deixan claro que a política en Galicia se rexe por unha man conservadora.

Ademais o voto independentista galego tamén se ve minorizado a prol de votos nacionalistas que consideran a inclusión da Nación Galega dentro dun estado plurinacional. Estes votos están orientados a unha ideoloxía con políticas sociais e progresistas.

Agora ben, vendo e analizando os votos dos últimos comicios electorais (as estatais) obsérvase que na falta de opcións de votación dunha dereita que se preocupe de Galicia reside a forza das existentes forzas actuais. Cidadáns non levaba nada proposto para Galicia e aínda así tivo escanos. O PP, un partido do que agora se denominado vella política, reduciu os seus votos aínda que non todo o esperado. Moitos votantes decidiron votalos por non ter outra alternativa de centro-dereita que, con especial preocupación, tivese un programa por e para Galicia.

Vimos pouco antes de facer esta publicación unha imaxe doutro análise en nacional.gal tamén se daban conta desta situación.

Galicia precisa para cambiar un partido galego de centro-dereita que teña un plan específico para Galicia, que non teña que rendir contas a un ente superior e que lle dea a cidadanía o que quere: permanecer no estado, un goberno moderado e que mellore a situación de atraso que ten Galicia.

A pregunta é: Por que non pasou xa?

AXÚDANOS A SEGUIR ESCRIBINDO

Para aumentar a calidade das nosas publicacións necesitamos máis tempo. Podes axudarnos mercando través de Amazon. Deixámosvos os seguintes  que poden resultar útiles e interesantes:

Verified by MonsterInsights