Lonxe: Diario dun Voluntario

Moitas historias da sociedade galega están vinculadas, por sorte ou por desgraza, á emigración. Lonxe: Diario dun Voluntario é unha destas historia. Ó longo da historia, as diferentes vagas de emigracións galegas sucederon de diferentes xeitos: vinte días en barco pegados un baúl que pouco máis ca roupa e comida para a viaxe levaba, longas viaxes en tren cruzando fronteiras, coches cargados que so descansaban para repostar… Unha destas historia da emigración recente é a que se contra en Lonxe: Diario dun voluntario.  Lonxe: Diario dun Voluntario relata as 33 semanas dun voluntario do Servizo do Voluntariado Europeo (SVE), hoxe renomeado a Corpo de Voluntariado Europeo, viviu nos Países Baixos. Todas as viaxes, todas as persoas e experiencias compartidas para demostrar todo o que se aprende cando un sae da zona de confort. Ademais reflexionase sobre Galicia e outros países europeos en comparación con España, dos esteriotipos e mais temas e preocupación propios da idade.

Onde atopar Lonxe: Diario dun Voluntario

O libro Lonxe: Diario dun Voluntario podédelo atopar en lingua castellana e galega en formato físico e dixital na plataforma de Amazon. Tamén se pode atopar Lonxe: Diario dun Voluntario en algunhas librerías, poñédevos en contacto con nós para saber en cales pinchando aquí. Na nosa sección Libros podes ver outros títulos de N. Carreira Fiúza.

Máis sobre a emigración galega

O cambio de tendencia dos países latinoamericanos que ata o século XIX pertenceron ó Imperio Español está a facer que haxa un retorno xeneracional dos fillos de emigrantes galegos, podemos ver un caso en Morriña venezolana: O retorno xeneracional de Venezuela a Galicia. Unha das evidencias da importancia que tivo a emigración é a distribución de centros galegos espallados polo mundo. A diáspora galega fundou centros galegos en case todos os continentes, co que temos centros galegos en moitos países de Europa, América do Sur, América do Norte, África e Oceanía Sobre este tema concreto, podedes ler algunhas reflexións en Da emigración e a reiterancia

AXÚDANOS A SEGUIR ESCRIBINDO

Para aumentar a calidade das nosas publicacións necesitamos máis tempo. Podes axudarnos mercando través de Amazon. Deixámosvos os seguintes  que poden resultar útiles e interesantes directos á Lonxe: Diario dun Voluntario:

Verified by MonsterInsights