Ialma - Lévame

Ialma – Lévame
Saído directo da Wikipedia toda a descripción:

Ialma é un grupo gallego de música de raíces galegas establecido en Bruxelas (Bruxelles en francés, Brussel en neerlandés). Unha das súas intérpretes, Verónico Codesal, foi a primeira en levar xunto co grupo Urban Trad unha representación galega ao Festival de Eurovisión, acadando o segundo posto. Os seus inicios son como grupo de pandereteiras.

Deixo para que desfrutesdes dunha das súas cancións. É unha versión dunha canción ben coñecida. Comentade a que pensades que é.

Lévame
A veces sinto que non teño a ninguén
A veces sinto que só teno unha amiga
Cidade na que vivo, cidade dos anxos
Tan só como estou xuntos choramos

Polas súas rúas conduzo, é a miña compañeira
Os outeiros paseo, ela sabe quen son
Ao ver os meus bos feitos bícame coma o vento
non me preocupo agora que é mentira

Non quero volver a sentir coma aquel día sentín
Lévame ao lugar que amo, lévame ata alí
Non quero volver a sentir coma aquel día sentín
Lévame ao lugar que amo, lévame ata alí

É difícil de crer de fóra non hai ninguén
É difícil de crer que estea tan só eu
Pero teño o teu amor cidade que me amas
Tan só como estou xuntos choramos

Non quero volver a sentir coma aquel día sentín
Lévame ao lugar que amo, lévame ata alí
Non quero volver a sentir coma aquel día sentín
Lévame ao lugar que amo, lévame ata alí

Debaixo da ponte con sangue pintei
Debaixo da ponte de abondo nunca terei
Debaixo da ponte con sangue pintei
Debaixo da ponte dabondo nunca terei
Debaixo da ponte con sangue pintei
Debaixo da ponte de abondo nunca terei
Debaixo da ponte o meu amor olvidei
Debaixo da ponte deixei a vida escapar

¡Para o meu compañeiro de bos feitos! Aquí vai o vídeo:

1 thought on “Ialma - Lévame

  1. A verdade é que ten moito mérito que estas mulleres galegas e asturiana afincadas en Bruxelas dean a coñecer a nosa lingua a través desas preciosas cancións.

Comments are closed.

Verified by MonsterInsights