Galicia Alive ten o placer de poder entrevistar a Luis González, persoa adicada por completo ao mundo do fitness en multitude de tarefas: entrenador persoal, zumba zin, instructor de pilates, profesor de taekwondo, instrutor de actividades deportivas, entrenador persoal… Ten como ideal fomentar unha vida saudable entre os seus e as súas alumn@s.
Imos dar comezo a unha serie de preguntas que lle fixemos e que el moi amablemente e entre risas nos respondeu.
Boas Luis, que tal?
– Pois moi ben a verdade.
Cóntanos ou máis ben preséntanos en que consiste GoFit.
– Pois GOFit é un proxecto orientado ao traballo de diferentes actividades deportivas dirixidas e a longo prazo tamén me centrarei na xestión e ocio en instalacións. De aí vén o de GOFit (Gestión y Ocio).
Ah, moi boa esa aclaración! Dende cando levas metido no mundo do deporte? Imaxino que isto virá dende cativo, ou de pequeno eras o típico raparigo repoludo?
– A min ghustoume o deporte dende pequeniño. Levo dende fai moito tempo neste mundo, pasando por distintos campos. Agora mesmo metido por completo nel por motivos laborais, pero eu sempre fun de practicar algún deporte, taekwondo, fútbol… Pero teño que confesar que sendo pequeno, moi pequeno si que era ghordiño e prea, bastante prea – risas.
En que se basea o teu mundo laboral? Cales son as diferentes actividades que impartes?
– Zumba, mantemento, step, traballo aeróbico e algo de pilates. Isto en canto as actividades deportivas, hai outra parte que é a de nutrición e dietética na que me encargo de facer dietas personalizadas tanto para a perda como aumento de masa corporal que acostuma ir acompañada da tarefa de entrenador persoal.
Traballas só con adultos ou tamén con pequenos? Que é máis difícil?
– Traballo tanto con persoas adultas como con pequeniños. Pois quizais sexa porque me gusta o meu traballo, porque non vexo dificultade en ningún dos dous casos. O que si é mais difícil é facer que isto se converta nun hábito, tanto o deporte como os hábitos alimentarios.
Cres que a sociedade en xeral está máis concienciada co deporte ou cada vez a xente é máis sedentaria? Esta vai en relación con que recentemente podiamos ler nos xornais que Galiza é a comunidade con maior sobrepeso.
– Cada vez máis concenciada. Nótase en que agora rara é a persoa que non practica algún deporte, aínda que o resto do seu día sexa bastante sedentario.
É posible que calquera persoa, inclusive sendo sedentaria, consiga un corpo 10 ou como o de algunha persoa famosa? Se é posible dinos como.
– Eu penso que si, que todo ou case todo se pode conseguir. Non un corpo 10, pero si coas correspondentes limitacións de cada un. De seguro que se pode conseguir un corpo saudable, poñamos un corpo 9,5 pódese conseguir. – ri.
Sabemos que o ideal é unha dieta saudable e facer deporte. Pero que sería mellor unha dieta saudable sen deporte ou facer deporte sen dieta saudable?
– O mais importante é a dieta, máis que o entrenamento. O mellor é manter unha boa liña na comida antes que o adestramento.
Existe algunha idade adecuada para facer exercicio ou na que non se debería facer?
– O ideal é empezar canto antes, pero pódese empezar a calquera idade. Comezar canto antes axuda ter unha base e isto axuda a súa vez no momento de realizar calquera outro deporte.
Cómo se consegue que unha persoa sedentaria ou calquera outra se enganche ao deporte?
– Que o pasen ben nas actividades en grupo. Que sexan o máis amenas posible e que fagan deporte sen darse de conta.
Como consegue GOFit ou a lo menos como o intenta conseguir?
– As veces toca pintar moito a mona e facendo rir a xente. Facendo un pouco de cómico nas clases. De ves en cando sóltolle un ques kiwis? e esas cousas. Ensínolle inglés incluso… – di en tono irónico.
Cales son as horas do día máis recomendables para facer exercicio? E das túas clases que horarios funciona mellor de mañá ou de tarde?
– Nas que maior afluencia hai son as clases da noite. Referíndome as clases dos adultos. A xente que traballa sempre vai máis ás últimas horas. Pero tamén pode ser que polas mañás o profesor vai durmindo – di mentres ri.
Pero esas serian as horas mais recomendables?
– Bueno, as horas máis recomendables serían pola mañá. Sobre todo co corpo recén levantado e en xaxún para espabilar e alegrarche o día. Polas noites vas co corpo acelerado para a cama.
Parece que isto de ter un entrenador persoal está de moda. Non só entre as celebrities, senón tamén entre a sociedade de a pé. Que nos aportaría Luis- GoFit como adestrador persoal?
– Toda persoa se pode permitir un entreador persoal. Se non é presencial é a distancia, pero todos poden permitirso. Por suposto, GOFit aportaría as dúas opcións. GOFit realizaría unha dieta personalizada xunto cun adestramento para cumprir o obxectivo do cliente. Explicaríaselle ao cliente como facer ambas cousas e faríaselle un seguimento semanal.
Xa sabemos que GOFit estará en próximos eventos deportivos como a COOL RUN, na que tamén colaborou o ano pasado. Algún máis que nos poidas contar?
– O que temos más próximo e outra COOL RUN en Sanxenxo o 25 de xuño. Así que xa saben tod@s. Hai que vir a Sanxenxo!
Para ir rematando, podes darnos algún consello de alimentación agora que se aproxima o verán?
– Comer o mais equilibrado posible e variado.
E máis concretamente.
– Moitas verduras, moitas proteínas e eliminar un pouquiño os carbohidratos, sobre todo agora no verán, e as grasas. Os carbohidratos non se deben eliminar de todo que son moi importantes.
Pois agora xa para rematar tes estes últimos intres da entrevista para falar de algo que se nos puido olvidar preguntarche ou algo que queiras destacar. Ou como soemos dicir nos ao final de cada entrevista. Se queres podes enviar un saúdo como fan no Luar.
– Un saúdo para todas esas alumnas e alumnos súper aplicadas e aplicados.
Luis, Galicia Alive quere darche as gracias por concedernos estes minutos e expoñernos o teu proxecto de GoFit.
– Gracias a vós!