Galicia Alive desprázase ata a Costa da Morte para poñernos en mans duns especialistas do mundo deportivo: O equipo de DAFIT.
DAFIT nace no ano 2013, implementando un concepto singular e novedoso de adestramento persoal que relaciona o deporte e a beleza. Falamos con Dani Lema, un dos seus responsables, para que nos conte con detalle como xurdeu a idea desta formación novedosa e que é o que conforma a súa filosofía de traballo.
Tanto el coma o seu socio, Damián, traballaban na Instalación deportiva de Cee. Percatáronse que a zona carecía do servizo de “Adestramento persoal”. Con poucos recursos e acondicionando unha sala de que pequeno tamaño, decidiron ir adiante ó proxecto.
Afortunadamente, a idea gustou. Tivo moi boa acollida en Cee. Deste xeito, aumentaron a súa motivación para non estancarse e ofrecer servizos e actividades que respondían ás súas inquedanzas e gustos. Crearon así un centro de adestramento persoal, campamentos inclusivos para rapaces (DafitKids), rutas de sendeirismo e unha ampla variedade de actividades en diferentes concellos da zona.
As actividades que ofertan son moitas e moi diferentes. Dende adestramentos personais, pasando por actividades de tonificación, pilates, body pump, circuitos funcionais, HIIT e moitas máis. Pero noutra que destacadan é o KICK BOXING. Dani léva practicando o kick boxing dende o ano 2000.. Deporte no que descubriu que lle gustaría ser tanto adestrador e como competidor. Actualmente é adestrador nacional e cinto negro I Dan.
Teñen un grupo infantil e outro de adultos. Algunha xente practícao por manterse activo dunha forma diferente e divertida. Outras buscan adquirir técnicas de defensa persoal e. prepáranse para conseguir os grados (cintos). Tamén hai xente que se anima a competir, obtendo bos resultados, dos que DAFIT se senten moi orgullosos. Este ano acadaron unha prata e tres ouros no Campionato Galego de Kick Boxing, en diferentes categorías e modalidades, e tres bronces no Campionato de España de Kick Boxing (Guadalajara, 2018).
DAFIT contan actualmente cunha plantilla de seis persoas. Os dous responsables-adestradores (Dani e Damián) están especializados en Crossfit, OCR e Kick Boxing. Por outro lado están Irene Paradela, Diego Cespón e Ana Sande, pilares moi importantes, xa que eles son os monitores das actividades dirixidas de DAFIT. A última incorporación é Grepcy, monitora de ioga e pilates pre-parto. As veces tiran de “extras” para clases específicas., pero o seu equipo caracterízase pola súa polivalencia e complementariedade.
Con respecto ó anteriormente mencionado, OCR e CrossTraining (ConcoBox), hai moita fiebre neste campo. Ademáis sabemos que en DAFIT hai moi boa canteira para este deporte.
Foron arriscados e os pioneiros na Costa da Morte, concretamente en Cee, en dar estas actividades. Dani de DAFIT cree que a clave do éxito foi os adestramentos divertidos, pero sobretodo a comunidade, o grupo, que se fai neste tipo de actividades.
A súa filosofía de traballo é fomentar o deporte mediante a mellor maneira que coñecen: a formación da Certificación FEDA. Este tipo de certificación vai dirixida a potenciar a especialización e polivalencia dos profesionais. Deste xeito, os adestradores pasan a ser protagonista do proceso de aprendizaxe, sendo capaces de asumir responsabilidade, liderazgo e respeto dende o comezo da formación. Ofertan diferentes cursos dando a oportunidade de entrar na súa bolsa de emprego.
Evidentenmente, DAFIT tamén sufriu a pregunta das preguntas encadeadas. A Dani toucoulle responder á pregunta que nos deixara o xornalista e escritor Abel Tomé:
Dende hai uns anos, nunca se publicou tanta literatura en lingua galega. Pero, por outra banda e segundo os datos, cada vez utilízase menos o galego como idioma para relacionarse. Non che parece algo contraditorio?
Totalmente, no noso caso é a nosa lingua nai e utilizámola no día a día.
Así que el nos deuxou unha pregunta que lle tocará a seguinte persoa ALIVE?
É certo que a población actualmente está máis concenciada coa realización de exercicio físico. Pero cal consideras que é o obxectivo estrela? ( saúde, estético, benestar…)
Xa para rematar queremos darche as gracias Dani de DAFIT por prestarnos parte do teu tempo e ser tan atento.
Recomendámosvos que visitedes a súa web para informarvos das de todas as posibilidades que ofertan en detalle na Zona d’A Costa da Morte (Cee) e da formación que oferta das Certificacións FEDA. Deixámosvos o link da súa WEB para que poidades botarlle unha ollada: