-
QUE É O AIRE?
-
ONDE SE COLLE O AIRE?
-
CAL É A ORIXE DA CRENZA DO AIRE?
-
COMO PREVIR COLLER O AIRE?
-
COMO SE QUITA O AIRE?
-
MAPA DO AIRE
-
O AIRE E COMO QUITAR O AIRE (ARTIGO COMPLETO)
COMO SE QUITA O AIRE? OS RITUAIS PARA QUITAR O AIRE
Para “quitar o aire” ou “quitar o mal cativo”, como tamén lle chama en The Muros Times, hai que acudir ás persoas que saiban como facelo. As curandeiras son as encargadas de diagnosticar e quitar o aire. Esta sabedoría hérdase de muller a muller. Cóntase tamén que esta sabedoría non se aprende de xeito escrito, senón únicamente de forma oral. De feito, só as que teñen a capacidade de memorizalo tra-la primeira escoita, tamén chamado o don, son as que teñen esa capacidade. Iso non se lle pode contar a calquera nin escribilo para que non se perda a virtude da palabra, o poder desta. Esperamos que con este artigo non fagamos que perdan o seu poder. A primeira que teñen que facer estas sabias é asegurarse de que o doente ten o aire e saber de que tipo é. Para isto, en algúns dos rituais utilizan una peneira. A curandeira coloca a peneira de algún xeito que lle permita a rotación e comeza co “salmo”. Hai diferentes xeitos de recitalo. Na conta de Facebook do documental Terra de Meigas reproducen as palabras que unha curandeira usa para saber se ten o aire e de que tipo é:Peneiriña de peneirar dime si nome do doente ten o aire se e de vivo, vírame a cara e se e de morto, vírame o cuNa canción de Peneira de Terbutalina recolle a seguinte versión:
Peneiriña de peneirar Dime que ten o aire Se é de home, vírame a cara Se é de muller, vírame a espaldaSen embargo, en The Muros Times usan unha versión que asemella mestura das anteriores para saber se se ten o aire:
Peneira, peneiriña, Dime si nome do doente ten o aire Se o ten, vírame a cara, E se non, vírame a espaldaNo caso positivo, hai que pasar ó propio ritual de quitar o aire. Nalgúns casos, antes de nada, débese santificar ou sacralizar o lugar onde se vai a realizar o ritual para quitar o aire. En función das curandeiras é do ritual que se utilice, haberá que facelo ou non. Tamén son moi importantes algunhas plantas; a máis común para este ritual de quitar o aire é o loureiro, aínda que tamén se utilizan outras como a herba de San Xoán. Con estas plantas facíase unha fogueira mentres se recitaban diferentes letanías, salmos e rezos. A figura da curandeira toma especial importancia cando o do aire é dunha ánima que non atopa o Camiño ó Outro Mundo, xa que esta lle pode axudar a encontralo. Todos os ritos que comentamos son principalmente para sacar o máis perigosos dos aires: o aire do defunto. Facemos unha división dos ritos tendo en conta onde se realizan.
Casa da curandeira
No blogue de Transparencias de Thirthe cóntasenos que o rito consiste en dar voltas arredor dunha figueira. Coméntase o caso para unha rapaza pequena. Mentres a pequena fai isto, a curandeira recita o salmo. Non se nos comenta se se santificaran o lugar de algún xeito ou por ser a casa da curandeira xa o estaba. Na revista The Muros Times aparece o seguinte salmo que se recita a carón dunha fumeira de loureiro bendecido.Loureiro nascido Non trasplantado Quítalle o aire de morto A este home/muller coitado/a Fume santo do loureiro Limpa o aire deste corpo Vaite demo co teu cheiro A enchere un home mortoNo blogue de Suso de Basilio recóllese outro ritual diferente. Nel xúntanse dúas ou tres mulleres de vida formal do lugar vestidas de negro e con pano á curra. A curandeira recita varios nosopais e avemarías. Para facer a fogueira utilízanse ramas de loureiro e oliva bendecidas do Domingo de Ramos.
Cemiterio
Coméntase na entrevista ás señoras Juana e Manola de Noia na canle de Comenius Regio que para “quitar o aire“, “tirar o aire” ou ”saca-lo aire” ó doente, este tense que ir con Tres Marías á tumba do defunto ó que pertencía o espírito que atormentaba ó doente, norlmalmente vaise á tumba dalgunha persoa que recentemente morrera na parroquia. Unha vez alí, pétanlle na sepultura dicindo o nome do defunto tres veces e posteriormente decir as seguintes palabras:Dame o aire do vivo Que é confirmativo Toma o aire do morte Que é confortoNo blogue do 25 aniversario do IES Praia de Barraña expoñen outro rito similar que acontece no cemiterio. Neste caso, para sacar ou tirar o aire, precísanse unha ou dúas persoas sen importar o sexo destas e a curandeira. Débese ir de noite, xa que o rito se realiza á medianoite na tumba do defunto que lle afecta co aire ó doente. Unha das persoas colle ó doente no colo, principalmente se é un cativo, a carón da lápida, sen pisala. En fronte, a carón da lápida e sen pisala, está a outra persoa. Na medianoite, a persoa que ten o rapaz no colo, pásallo á persoa en fronte polo aire e mentres recita:
Nome do defunto, toma o aire do morto, e dáme o do vivo.A outra persoa que recibe ó doente polo aire ten que repetir a operación e recitando o mesmo rezo. Debe facerse isto unha terceira vez. Despois disto, todos volven ás súas casas. No mesmo blogue do 25 aniversario do IES Praia de Barraña tamén se comenta se comenta outro rito con dúas pequenas modificacións: as dúas persoas que van deben ser mulleres e a parte de pasarse ó doente repítese nove veces mentres se recita o salmo. Con respecto ás persoas que deben ir, en Celtíbera din que deben ser un home e unha muller solteira. Neste último caso utilízanse diferentes herbas máxicas. Lévase ó doente no colo ata unha oliveira no camposanto, e facían o debuxo do contorno do pé da persoa nunha oliveira, que posterior mente sacan. Entran ó cemiterio, van á lapida do defundo que cren que é o aire e queiman as herbas, a roupa do neno e a corteza da oliveira coa forma do pé. Despois débese recitar o seguinte:
Señor/a nombre do difunto, Sáqueme o aire de morto deste meniño e déme o de vivo. Que o do morto no me conforto, Que o do vivo dáme suspiro.
En Celtíbera contase que nunha das variantes dos ritos se debe dar tres voltas arredor da lápida mentres se fai unha promesa. Logo, na entrada da igrexa, o doente débese espir mentres se lle fai o sinal da cruz tres veces e vístese con roupa limpa. A roupa vella déixase nun lugar onde non se poida saber a quen pertence.
En moitos destes ritos coinciden que, ó volver á casa, deben volver por un camiño diferente ó da ida e entrar por una porta diferente á que saíron. De non ter outra porta, deben entrar pola ventá. No caso comentado en Celtíbera, debe afumarse a roupa do doente durante 24 horas e botarlle auga bendita.
Igrexa
As igrexas son per se lugares purificados. Hai algunhas que, ademais propia sacralidade, teñen algún poder específico gracias aos santos que nela descansan. Nesta sección veremos algún destes exemplos. A Igrexa Parroquial de San Cristovo de Arzón é o lugar onde podemos atopar a Virxe da Paz. Relátase na Guía Turística de Negreira do propio Concello de Negreira que esta virxe, tallada entre os séculos XV e XVI, serve para quitar o aire. Comentan tamén Juana e Manola de Noia na entrevista na canle de Comenius Regio que a Campa Santa, o lugar onde está enterrado un párroco dende fai centos de anos, ten o poder de sandar o aire. A tumba atópase no interior do templo de San Xoán de Roo no Concello de Outes. A xente vai a ela e deitase enriba da tumba ata quedar media adormiñada. Deste xeito o párroco milagreiro alí enterrado sáquelles o aire. Outro remedio que se conta en Celtíbera consiste en prenderlle lume unha rama de loureiro que previamente se collese no adro da igrexa. Non ten por que ser exactamente na igrexa, pero si debe provir o loureiro do adro da igrexa. Unha vez comece o fume, débese dicir o seguinte salmo:Loureiro que fostes nado e non fostes trasplantado quita o aire de morto e o de excomungadoCóntase tamén en Celtíbera que hai as tres oliveiras dentro do adro da Igrexa de San Xurxo de Saiáns que curan o enganido e o tangaraño. No ritual de Saiáns hai que ir ó adro da igrexa dous home e mulleres coñecidos pola familia do doente un xoves ou sábado co plenilunio. Debe levar ó doente unha das mulleres durante todo o camiño sen facer ruído. O ritual comeza á medianoite deixando ó doente en posición horizontal e que apoia o pé nunha rama de oliveira. Os homes perfilan o contorno do pé cunha navalla e, posteriormente, despegan ese anaco. Mentres as mulleres intercambian ó doente mentres rezán un pregaria á Nosa Señora en silencio para que se lle saque o enganido ou tangaraño. Na Igrexa de Santa Xusta márcase a forma do pé na terra á carón da oliveira e lévase esa terra para secar ó lume. Tamén sandaba a oliveira a Igrexa de San Estevo de Couso, aínda que foi talada polo párroco por consideralo unha costume pagana. En moitos destes ritos coinciden que, ó volver á casa, deben volver por un camiño diferente ó da ida e entrar por una porta diferente á que saíron. De non ter outra porta, deben entrar pola ventá. Unha vez na casa, cólgase o anaco de cortiza, ou terra, na lareira que se seco co fume, e segundo se seque vaise indo o mal.
Unha silva prendida polas dúas partes (na raíz e na punta) facendo de pontella.
Parece ser que o mellor lugar para realizar este rito é nunha pontella de silva a carón dun río, pero non é imprescindible. Para completar este rito precísase, como no caso anterior, de dúas persoas que acudan ó lugar polo noite, aínda que mellor á medianoite. Estas dúas persoas cambian en función da versión do rito; nalgúns deben ser dúas mulleres co nome María e noutros quítan calquera tipo de restriccións. Sen entrar no debate ó xénero das persoas, estas deben colocar enfronte a unha da outra deixando no medio a silva. O doente debe pasar dun lado ó outro da silva tres ou nove veces en función da versión do ritual. Ambos números son sagrados. Cando remantan, volven ós seu fogar por camiños diferentes ós que chegaron.Cruceiro ou encrucillada de camiños
A simboloxía e o poder dos cruceiros na mitoloxía galega é moi extensa. Estes lugares teñen tanto poderes de protección, como pode ser contra os ataques do lobo da xente, como de curación, como o caso que hoxe tratamos. A natureza relixiosa destes lugares mestúrase coa maxia e a bruxería, sendo uns lugares estratéxicos para recitar ensalmos e relazar ritos. No blogue A nosa historia cítase brevemente o Ritual de quitar o aire da comarca do Xallas. Como ben se indica neste apartado, o ritual debe levarse a cabo nun cruce de camiños. En Galicia nestes lugares acostuma a haber cruceiros que, para sociedade, son lugares de protección contra as cousas do máis alá, como a Santa Compaña. Debe escollerse un horario cando non haxa xente, por ese motivo é preferible durante a noite. No blogue do 25 aniversario do IES Praia de Barraña, como vedes é unha das nosas biblias neste aspecto, fálase do rito nos cruceiros dun xeito similar ó caso anterior. Todo é igual, ir á medianoite e recitar os salmos que correspondan, salvo un novo termo: o amarre. Isto consiste en atar ou amarrar ó doente ó cruceiro e agardar a que unha persoa pase predisposta a axudalo. Se pasase un animal, habería que volver outra noite. A conversa que debe ter lugar é a seguinte:– Que se lles fai ós presos?
– Os presos céibanse.
Logo entrégaselle ó viandante unha tesoira e pídese que ceibe ó miniño (asumimos que se fose unha persoa maior sería home ou muller). Ó cortarlle o cordón das mans e dos pés, “tírase” ou quítase o aire e o amarre invisible que o mantiña nese estado, quedando así “desamarrado” do mal. Cando remantan, volven ós seus fogares por camiños diferentes ós que chegaron.Fonte
As fontes teñen unha grande importancia no misticismo galego. Son lugares de reunión de meigas e quizais de curandeiras. Para este tipo non atopamos ningún rito específico, pero son lugares sagrados e místicos.Ponte
As pontes son outros puntos de sacralidade para sacar o aire onde se celebran diferentes ritos. Aínda así, tampouco encontramos ningún concreto para as pontes.Aparentemente lugares sen sacralizar
Nas nosas referencias hai algúns ritos que parecen non precisar de sacralizar o lugar previamente. Como xa se comentou, no blogue A nosa historia cítase brevemente o Ritual de quitar o aire da comarca do Xallas. Traemos este ritual a esta sección porque tamén se pode realizar na casa ademais de facelo nunha encrucillada de camiños. Para facer o lugar puro, hai que facer cun pau unha círculo (como se fai para protexernos da Santa Compaña) e no medio dela debúxase unha cruz cos brazos cara os catro ventos, chamada Cruz de Bran, segundo se di n’A nosa historia. No tebeo de Rubén Rial chamado Monte tamén se nos fala do ritual do aire onde se precisa das Marías para ser completado con éxito. Neste caso o doente tense que poñer na terra boca arriba e faise unha liña para marcar a forma do corpo do doente. Logo de levantar o doente, faise un covo por dentro das liñas gardando a forma do corpo. A carón do covo hai que facer un fogo onde as Marías (non se especifica o número, aínda que acostuman a ser tres) deben tirar os terróns. Despois dinse as seguinte palabras:Sácame o aire do morte e dáme o aire do vivo O aire do morto non ten conforto O aire do vivo é confirmativo
No blogue A nosa historia tamén se fala do Ritual de quitar o aire de Cee. Para realizar este ritual de quitar o aire hai que facer un círculo no chan (co que se fai para protexerse coa Santa Compaña) e no medio do círculo a Cruz de Bran. No lugar onde se fixo a cruz colócase unha tella con herbas de San Xoán e do Santísimo (das da procesión do Corpus Cristi), unhas pólas de loureiro e unhas gotas de auga bendita. Unha vez está todo no seu lugar, pásase por riba da tella facendo a cruz, parándose e dicindo a oración nos catro puntos, e así ata nove veces:Defuntiños todos, de todo este contorno, do mar e da terra, sacádelle o aire do morto a esta criatura e darllo do vivo, que o do vivo dá respiro e o do morto non dá confortoPosteriormente, débese rezar tres nosopais e botarlle na tella nove bicos de loureiro que foran recollidos en domingo antes de saír o sol. E o doente voltará a pasar nove veces por riba da tella, e mentres a que saca o aire rézase outro salmo:
Loureiro que non fostes plantado, quítalle o aire a este meniño, de vivos e de mortos e de condenadosO último deses ritos, que aparentemente non ten necesidade de sacrilizar o lugar, é o que se expón no libro Contribución al Diccionario Gallego. Nel numéranse as plantas precisas para o rito: loureiro e nove pallas de trigo mollado. Quéimanse estas enriba dun balde con auga fervida, que se usará para lavar ó neno. Unha vez usada, tírase a auga. Pódese saber de que é o aire se se cola a auga cunha servilleta ou pano. Se o pano queda con pelos, o aire é de gatos. Se queda encarnado, o aire é de muller. Finalmente, se o pano queda negro, o aire é de morto. Para quitar o aire do morto, hai que facer nove cruces dicindo nove veces a seguite oración:
Loureiro que fuches nado e non fuches enxertado quítalle o aire do morto e mais do excomulgado e dalle o do santo, santo Pola gracia de Dios e da Virgen María un Padrenuestro i un Ave MaríaEn Celtíbera fálase dun rito para sacar o aire dos vivos (enganido) que precisa de tres Marías. Nel hai que levar ó doente a unha casa allea onde haxa unha artesa na cociña. As tres Marías forman un triángulo e recitan nove veces o seguinte conxuro:
– Toma María – Que me das aí? – O enganido -O enganido non cho quero que quero a nome do doenteDespois, débese cambiar de roupa ó doente e cada María dá coa cabeza ó doente e artesa tres veces e tres veces tamén o doente debe pasar por debaixo da artesa. Finalmente, queiman a roupa antiga, dan un anaco de pan ó can e comen elas o resto e o viño. Ó deixar a casa deben facelo por distinta porta. Para rematar, cóntamos o caso da folla do aire pola que o meniño tiña que pasar nove días coa folla sen lavarse sequera.
A TÚA COLABORACIÓN
Se hai algunha información extra e documentada que nos podes transmitir será benvida. Ademais, se tes información que non coincide coa que temos aquí, fáinolo saber. Intentamos ter información precisa e por iso sempre deixamos as nosas referenzas.AXÚDANOS A SEGUIR ESCRIBINDO
Para aumentar a calidade das nosas publicacións necesitamos máis tempo. Podes axudarnos mercando través de Patreon: https://www.patreon.com/c/GaliciaAliveREFERENCIAS
Blogues, Revistas e Xornais El Correo Gallego: Nemiña atrae surfistas de toda Europa 25 aniversario do IES Praia de Barraña Thirthe: Transparencia Suso de Basilio – Dende Corme ao mundo: Aqueles tempo de quitar o aire O Roque de Cerponzóns: Día de Santos Historia de Galicia: Buscando á Raiña Lupa no Sagrado Monte Pindo Tralas pegadas da vella: Na procura da Raíña Lupa no sagrado Monte Pindo The Muros Times – Como sacar el aire Contribución al Diccionario Gallego – Aníbal Otero Álvarez Correo del Camino: Testimonios de peregrinos Celtíbera: O aire do difunto Galicia encantada: Os curandeiros Artistas Rockisome: Entrevista a TerbutalinaYoutube: Terbutalina – Broncodilatador – Peneira
CANKENTE: Monte (1) PDFs para descargar El poder de la palabra y la fe en la curación dentro del contexto cultural gallego Concello de Cabana: O Santuario do Briño Fichas de Investigación Etnográfica e de Restos Históricos Cadernos de Fraseoloxía Galega 18 Hacia el encuentro de mi anthropos: la muerte, dinamo estructural de la vida Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades: Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil Memoria Educación Secundaria (2002-2003) Asociación de Escritores Galegos en Lingua Galega: Remedios, prácticas e ritos curativos da medicina popular tradicional UN MEIGHALLO – Ana Fernández Fernández Rutas Correo del camino: Testimonios peregrinos Geocaching: Camino Sacramental Senda das estrelas: Etapa Recomendado. DÍA 5: Muros-Outes Concello de Negreira: Guía Turística de Negreira Documental e entrevistas Comenius Regio: Quitar o aire Documental Terra de Meigas (Non tivemos oportunidade de velo) Outros Traballos antropoloxía 2008-2009
Os curandeiros. Medicina Popular en Galicia, Cad Aten Primaria Ano 2010 Volume 17 (Páx. 144-149)