Alejandro Rodríguez Cadarso

Toca hoxe facer unha homenaxe á unha persoa multifuncional, xa que cultivou a ciencia e a política coa súa función de Rector da Universidade de Santiago de Compostela. Non podemos falar de outra persoa que non sexa Alexandre Rodríguez Cadarso. Para poder entender ben a importancia das aportación desde persoeiro do que falamos hoxe.

CONTEXTO HISTÓRICO

O periodo histórico no que nos imos mover é o que se atopa entre as dúas repúblicas españolas, durante os reinados de Afonso XII e Afonso XIII. Durante o reinado do último, tamén se incluen a Dictadura de Primo de Rivera e a Dictadura de Berenguer. Alejandro Rodríguez Cadarso naceu na Vila de Noia o 21 de agosto de 1887 nunha casa situada onde está actualmente o edificio Unicentro, a carón do actual I.E.S Virxe do Mar. Por aquel entón, a Vila de Noia tiña moita importancia como zona portuaria e industrial. Unha cantidade grande de veleiros e barcos de motor chegaban ó Peirao de Marqués, a pesares de ser un porto de marea. As principais industrias noiesas eran os curtidos e as conservas. Ademais, existía un moitos talleres de fabricación de calzado de onde ven o dito:

Noia, terra de zapateiros

Durante este periodo, as cidades e as vilas comezaban a sufrir transformacións para conseguir rúas máis amplas e luminosas, ademais de expandirse máis alá das súas murallas. Aínda así, os avances mesturábanse con elementos do rural. Realizáronse obras para acadar servizos públicos como o da praza de abastos, fontes públicas, alcantarillados, alumeado, traída de aguas… Tamén se planificou e construiu a Alameda e os Xardíns de Felipe de Castro. A mediados século XIX, as conexión entre cidades e grandes pobos comezaron a construírse e a mellorarse as xa existentes para os novos vehículos para o transporte de mercadorías e persoas. Con respecto a isto, xa adentrados no século XX, tamén se comezaron a facer pontes sobre o río Traba, que dividía ó pobo en dous. Práctimente no mesmo periodo creáronse a Sociedade do Casino (1851) e a Sociedade O Liceo (1928), esta última aínda vixente. Nesta contexto histórico foi no se que criou a Alejandro Rodríguez Cadarso ata o desgraciado accidente que lle arrebatou a vida o 15 de decembro de 1933, cando se dirixía a Madrid para impartir unha conferencia sobre “Anatomía radiográfica da man” e asistir ás sesións parlamentarias das Cortes na súa calidade de deputado. O accidente sucedeu a uns dous quilómetros de Lubián, na provincia de Zamora, debido ó xeo que cubría a estrada.

POR QUE É IMPORTANTE?

A pesar da súa curta vida, desgraciamente, tivo moita repercusión en moi diversos ámbitos. A pesar de ser moi diversos, veremos que están relacionados en certo xeito.

Ciencia

Alejandro Rodríguez Cadarso estudou medicina na Universidade Santiago de Compostela. Para doutorarse en Medicina defendiu a súa Tese Mastoiditis y Trepanación. Adicouse unha grande parte da súa vida laboral á investigación, realizando cuantiosas aportación neste eido e logrando un mérito internacional.

Universidade

As súas aportación na área universitaria non só se quedaron na investigación, senón tamén da xestión. A súa valía fíxolle chagar á Reitoría da Universidade de Santiago de Compostela. O seu interese para mellorar a universidade, foi o que lle fixo dar o salto á seguinte ámbito. Entre as cousas polas que máis pelexou está a Residencia de Estudantes, cuxo Colexio Maior máis antigo foi construído en 1940, sendo o proxecto de Jenaro de la Fuente.

Política

Como comentamos anteriormente, o seu interese por querer mellorar a situación da universidade, levárono a dar o salto á política. Como el mesmo reflexa, a política permitiulle levar a cabo moitas das planificiacións universitarias que tiña na cabeza:

Trouxen máis para a Universidade en dous anos de deputado que todos os senadores xuntos que en tempos de monarquía mandaba a Madrid a nosa Universidade como representates expresamente ela

Adentrouse na política impulsado por Casares Quiroga, líder da ORGA (Organización Republicana Gallega Autónoma). No mes de marzo do anos 1930, asínase o Pacto de Lestrove por parte de todos os partidos republicanos galegos. Fúndase así a Federación Republicana Galega (FRG). Nas eleccións do 12 de abril de 1931,  a ORGA-FRG obtivo 14 escanos dos 47 que lle corresponden a Galicia. Nestes mesmo comicios sería Alejandro Rodríguez Cadarso sería elixido deputado o día 28 de xuño de 1931. Un dos grandes proxectos políticos nos que estivo a traballar foi o Proxecto de Estatuto de Galicia. Parece ser que incluso se chegou a falar del para o cargo de Ministro de Instrucción Pública antes do seu falecemento.

LUGARES DE HOMENAXE

Por todos estes motivos en tan diversos ámbitos, Alejandro Rodríguez Cadarso é recoñecido e recordado. Pódense atopar algunhas homexes nos seguintes lugres. No seu pobo natal: NOIA

  • Colexio Alexandre Rodríguez Cadarso
Colexio Alexandre Rodríguez Cadarso
  • Rúa Alexandre Rodríguez Cadarso
Rúa Alexandre Rodríguez Cadarso
  • Nomeado Fillo Predilecto no 30 de decembro de 1925

Na Universidade de Santiago de Compostela:

  • Busto na Facultade de Medicina
  • Estudiantes, na cal se lle otorgou a Colexio Maior “Rodríguez Cadarso”
  • Deulle o seu nome ó Instituto Anatómico da Facultade de Medicina

Na Capital Galega: SANTIAGO DE COMPOSTELA

  • Praza de Rodríguez Cadarso
  • Medalla de Ouro Santiago

AXÚDANOS A SEGUIR ESCRIBINDO

Para aumentar a calidade das nosas publicacións necesitamos máis tempo. Podes axudarnos mercando través de Amazon. Deixámosvos os seguintes  que poden resultar útiles e interesantes:

REFERENCIAS:

Editorial Toxosoutos.com: Alejandro Rodríguez Cadarso (Fasquia)

Cultura galega: Album da ciencia: Alejandro Rodríguez Cadarso

Wikipedia: Alfonso XIII de España

El Compostelano : Diario independiente: Ano XIV Número 4065 – 16 decembro 1933

Universidade de Santiago de Compostela: Residencias

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com