My garden is yours: Emprendemento ecolóxico

En Galicia Alive estamos a colaborar, paralelamente á difusión da cultura e dunha visión galega do mundo, en varios proxectos. Un destes proxectos é “My garden is yours“. Este proxecto de empresa trata de poñer en valor terreos abandonados e potenciar os espazos verdes nos pobos e cidades. Pero… que é realmente “My garden is yours“?

My garden is yours” é un proxecto emprensarial que trata de crear unha canle de comunicación entre persoas que teñen un espazo desatendido onde se podería cultivar dun xeito ecolóxico e as que desexan desempeñar esa actividade. Deste xeito, poderíanse dinamizar os terreos de zonas do rural en desuso e potenciar zonas verdes en zonas urbanas.

Que pretende acadar “My garden is your”?

“My garden is yours” pretende axudar a calquera persona a obtener un beneficio dun espazo baldío. Dende o outro lado, prentende que unha persona coa necesidade deste espazo poida sacarlle proveito dun xeito ecolóxico. Con isto, “My garden is yours” pretende acadar os seguintes obxectivos:

  • Potenciar el cultivo ecolóxico, de autoconsumo e de consumo de proximidade
  • Mellorar calidade de vida e aumentar a motivación das persoas, xa que o cultivo de plantas axuda un maior benestar
  • Cidades máis ecolóxicas e con menos contaminación ó aumentar os espazos verdes
  • Dinamización do mundo rural co aluguer de espazos
  • Reducción do risco de incendios ó ter mellor mantemento os espazos sen uso
  • Activación da economía mediante as transacción de aluguer
  • Mentres dure a pandemia, máis distancia social nos grandes mercados tendo unha horta próxima
  • Reducir situacións fame de familias con poucos recursos
Aluguer de espazos para cultivo ecolóxico

Como se consegue?

Entrando na web de “My garden is yours“, pinchando aquí, un pódese rexistrar como arrendatario ou como arrendador. Deste xeito xa se comeza a formar parte da Revolución Verde, de My Garden is yours. Canta máis xente forme parte da “revolución” máis se poderá potenciar o cultivo ecolóxico, as zonas verdes das cidades  e dinamizar a zonas do rural e así evitar o abandono deses terreos reducindo a probabilidade de propagación de incendios.

Os espazos de aluguer son moi diversos: espazos privados e públicos, terrazas en edificios e terreos non construídos en cidades e pobos que se poidan alugar para crear hortas ecolóxicas. Ademais, moitos estudos avalan que o cultivo de plantas axuda a levar unha vida más relaxada, gañando saúde e calidade de vida. Ademais, auméntase a actividade física.

Falando de saúde, non se podería esquecer un da COVID-19. Co autoconsumo faise que as aglomeración en mercados e supermercados sexan menores. Ademáis de mellorar os hábitos e a saúde da sociedade, pode ser un paleativo dunha posible crise que cause problemas de fame en moitas familias. Ó aumentar o autoconsumo conséguese que moitas persoas poidan conseguir alimentos a moi baixo coste.

Por que o queren conseguir?

Un dos motivos polos que queren conseguir isto é estar preparados para os posibles casos de pobreza e fame (esperando que non sucedan). Deste xeito, se moitas persoas perden o seu posto de traballo, terían lugares onde poder plantar o seu propio alimento a baixo custo. Tamén traballan para que a xente se sinta produtiva mentres estea no paro, mantendo o ánimo alto. Incluso mantendo o traballo, as persoas poden ter unha mellor calidade de vida mediante a actividade física e ó benestar que o cultivo per se representa. Porque tamén se pode activar a economía mediante o aluguer deses espazos. Queren conseguilo porque as cidades e as vilas estarán verdes e menos contaminadas. Porque teñen mil razóns máis

Que precisa o proxecto para avanzar?

O que precisa “My garden is yours” é darse a coñecer para que máis xente se poidan axudarse mutuanmente e con iso á sociedade en si. Precísanse máis persoas estean dispostas a ceder os seus espazos para que se poida atopar máis facilmente un arrendatario.

Así que xa sabedes, se queredes mellorar o mundo, entrade en “My garden is yours“.

AXÚDANOS A SEGUIR ESCRIBINDO

Para aumentar a calidade das nosas publicacións necesitamos máis tempo. Podes axudarnos mercando través de Amazon. Deixámosvos os seguintes  que poden resultar útiles e interesantes:

Verified by MonsterInsights