Outro 17 de maio para celebrar. Sabemos que a maioría de vós xa sabedes o porqué desta celebración.
Para aquel@s galeg@s que non o saben, imos contarllo.
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS é unha celebración, unha celebración que se fai dende o ano 1963. O 20 de marzo de 1963, Francisco Fenández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, os tres membros da Real Academia Galega, escribiron unha carta ao presidente desta institución para que se sometese a votación a proposta de celebrar o centenario da publicación da obra Cantares Gallegos, a primera gran obra da Literatura Galega Contemporánea. É unha obra de Rosalía de Castro.
“Todos sabemos que o libro rosalián editado en 1863, ten sido a primeira obra maestra con que contóu a Literatura Galega Contemporánea. A súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria. Representa, pois, un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia.
Ninguén desconoce que o libro ten unha forza simbólica estraordinaria. Sendo a amosa máis reveladora do nivel cultural dos pobos, non é de estranar o afán de esparexelo e de lle abrir camiños pra ensanchar o ámpido dos seus leitores. No caso de Galicia, ningunha data máis axeitada pra enaltecer e difundir o libro eiquí producido, que a que conmemora a pubricación da obra coa que se encetóu o prestixio contemporáneo das Letras galegas”
E dende entón, temos festivo o 17 de maio para poder celebrar o día da nosa lingua.
1963-Rosalía de Castro
1964-Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
1965-Eduardo Pondal
1966-Francisco Añón
1967-Manuel Curros Enríquez
1968-Florentino López Cuevillas
1969-Antonio Noriega Varela
1970-Marcial Valladares Núñez
1971-Gonzalo López Abente
1972-Valentín Lamas Carvajal
1973-Manuel Lago González
1974-Xoán Vicente Viqueira
1975-Xoán Manuel Pintos Villar
1976-Ramón Cabanillas
1977-Antón Villar Ponte
1978-Antonio López Ferreiro
1979-Manuel Antonio
1980-Alfonso X el Sabio
1981-Vicente Risco
1982-Luis Amado Carballo
1983-Manuel Leiras Pulpeiro
1984-Armando Cotarelo Valledor
1985-Antón Losada Diéguez
1986-Aquilino Iglesia Alvariño
1987-Francisca Herrera Garrido
1988-Ramón Otero Pedrayo
1989-Celso Emilio Ferreiro
1990-Luis Pimentel
1991-Álvaro Cunqueiro
1992-Fermín Bouza Brey
1993-Eduardo Blanco Amor
1994-Luis Seoane
1995-Rafael Dieste
1996-Xesús Ignacio Ferro Couselo
1997-Ánxel Fole
1998-Xoán de Cangas, Martín Códax y Mendinho
1999-Roberto Blanco Torres
2000-Manuel Murguía
2001-Eladio Rodríguez
2002-Fray Martín Sarmiento
2003-Antón Avilés de Taramancos
2004-Xaquín Lorenzo,Xocas
2005-Lorenzo Varela
2006-Manuel Lugrís Freire
2007-María Mariño
2008-Xosé María Álvarez Blázquez
2009-Ramón Piñeiro López
2010-Uxío Novoneyra
2011-Lois Pereiro
2012-Valentín Paz Andrade
2013-Roberto Vidal Bolaño
2014-Xosé María Díaz Castro
2015-Xosé Filgueira Valverde
2016-Manuel María
2017-Carlos Casares
Centrándonos agora no homenaxeado deste ano: Carlos Casares Mouriño
Carlos Casares Mouriño, nado o 24 de agosto deo 1941 en Ourense. Estudou filosofía e letras na USC. Foi lector en varias universidades europeas. Cando retornou a Galicia decidiu ubicarse na cidade olívida. Foi alí onde medrou como escritor, editor e catedrático de instituto.
As súa ideoloxía estiveron marcadas polo intelectual Ramón Piñeiro López. No 2009, foi o homenaxeado no Día das Letras Galegas. Foi unha das grande figuras do “Galeguismo” durante o século XX. Foi o fundador da Editorial Galaxia e da revista Grial.
Foi elexido membro da Real Academia Galega no ano 1977 e foi diputado autonómico polo PsdeG-PSOE no 1981 e presidente da Consello de Cultura Galega no 1996.
Das súa obras, podemos diferencia entre obras escritas para adultos e infantís.
Narrativa adulta:
«Vento ferido» (1967),
«Cambio en tres» (1969)
«Xoguetes pra un tempo prohibido» (1975)
«Os escuros soños de Clío» (1979)
«Ilustrísima» (1980)
«Os mortos daquel verán» (1987)
«Na marxe de cada día: follas dun diario» (1994)
«Deus sentado nun sillón azul» (1996)
«Un país de palabras» (1999)
«O sol do verán» (2002)
Narrativa infantil:
«A galiña azul» (1968)
«As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas» (1973)
«O can Rin e o lobo Crispín» (1983)
«Lolo anda en bicicleta» (1996)
«O galo de Antioquía» (1994)
«Un polbo xigante» (2000)
«Este é Toribio» (1991)
«Toribio contra o profesor Smith» (1991)
«Toribio e o contador de contos» (1991)
«Toribio ten unha idea» (1992)
«Toribio revoluciona o tráfico» (1994)
Tamén escribiu ensaios e artigos periodísticos.
Bo Día das Letras Galegas, galegos alive