Foi o pasado luns 30 de novembro cando, buscando algúns datos meus por internet, para ver todo o que se sabe de min por eses lares (aínda que Facebook o sabe case todo, por desgracia), cheguei a algo que seguro moitos recordaredes: Fotolog.
O Fotolog era Blog ao que había que incluírlle unha foto, e de aí o seu nome. Moitos compartiamos, pobres de nós, as nosas fotos e comentabamos nalgúns casos parte da nosa vida. É certo que a privacidade en internet se reduce e os nosos datos (moitos máis do que nos gustaría) están circulando pola rede, pero sabemos cales son as nosas contas esquecidas coma as de Fotolog?
Quizais, se te pos a pensar, non recordes nin a metade de lugares onde meteches os teus datos ou permitiches compartir parte do teu perfil de Facebook ou doutras redes sociais. Lánzovos o reto de que tratades de facelo. Senón sabedes como, aquí van algunhas ideas:
– Mira no teu correo normal buscando por: Welcome, Registration…
– Mira no teu Facebook as aplicacións que utilizas
– Busca en spam no teu correo
Moitos de vós atoparedes moitas sorpresas e incluso cousiñas que esqueceras por completo. Pois si, eles tamén teñen os teus datos, como Fotolog, Facebook, Twitter, Instagram…
Aquí, deixámosche a mensaxe de que debes ser consciente de si queres que teñan os teus datos e que sexas consciente de que os teñen. Así que aquí che deixamos un agasallo:
Consellos para borrar a nosa información de internet
Non esquezas botarlle unha ollada a o teu antigo Fotolog, sempre é gracioso.
Axúdanos a seguir escribindo mercando algún destes artigos de Amazon ou mercando algo a partir dos links, só se o precisas.