A península de Indochina é un lugar cunhas influencias moi diversas. Desde tempos antigos estiveron influenciados pola cultura india e pola chinesa e, máis recentemente, a cultura occidental.
A súa situación xeográfica, no sureste asiático, ó sur de China e ó leste da India, dálle o seu nome ó territorio.
Actualmente está formada por Cambodia, Vietnam, Laos, Birmania (Myanmar) e Tailandia. No sentido máis estrito só se denomina Indochina ás colonias francesas de Asia (Laos, Cambodia, Annam, Tonkín e Cochinchina). Aínda que ás veces tamén se consideran parte desta rexión a Malaisia peninsular e Singapur. Neste caso, falaremos de Cambodia e Tailandia.
PRESUPOSTO
O presuposto para todo este viaxe (17 días) pode oscilar entre 1500€ e 2500€ por persoa en función dos días que se desexe permanecer no país e de se desexa cambiar de país como foi o noso caso. Os voos de Tailandia a Cambodia teñen un prezo entre os 150€ e 200€ por persoa.
Os billetes dos voos, se se collen con tempo, poden rondar os 550€, pero precisase organizar con bastante tempo. Os hoteis tamén poden ter moi diferentes prezos, pero poderían conseguirse por unha media duns 17€/noite. O transporte interno do país é bastante barato, exceptuando o tren cama. Despois depende do que cada quen queira gastar e en que.
DIVISIÓN DAS PUBLICACIÓNS
Para ir entrando en detalles dos 17 días da viaxe a Cambodia e Tailandia, poñeremos uns detalles a ter en conta para a viaxe:
- Información basica
- Comunicación
- Curiosidades
- Transporte
- Consellos I
- Consellos II
- Consellos III
- Comida
- Curiosidades
A división na viaxe por día é a seguinte:
- Tailandia DÍA 1: Bangkok
- Tailandia DÍA 2: Bangkok II
- Tailandia DÍA 3: Ayutthaya & Phitsanulok
- Tailandia DÍA 4: Sukhothai + tren cama a Chiang Mai
- Tailandia DÍA 5: Chiang Mai
- Tailandia DÍA 6: Chiang Mai (relax)
- Tailandia DÍA 7: Chiang Mai (Eco Tours)
- Tailandia DÍA 8: Voo de Chiang Mai a Siem Reap
- Cambodia DÍA 9: Siem Reap (Casas flotantes)
- Cambodia DÍA 10: Angkor
- Tailandia DÍA 11: Railay
- Tailandia DÍA 12: Railay (II)
- Tailandia DÍA 13: Kho Phi Phi
- Tailandia DÍA 14: Kho Phi Phi
- Tailandia DÍA 15: De Kho Phi Phi a Bangkok
- Tailandia DÍA 16: Bangkok (último día)
Neste mapa podedes ver os lugares ós que fomos, en cada unha das publicación iremos desmenuzando cada un dos puntos.