Deprecated: Creation of dynamic property WP_Members::$style is deprecated in /var/www/vhosts/galiciaalive.com/httpdocs/wp-content/plugins/wp-members/includes/class-wp-members.php on line 558
Tailandia DÍA 5: Chiang Mai

Tailandia DÍA 5: Chiang Mai

Chiang Mai é a maior cidade do norte de Tailandia. O turismo que hai neste lugar é máis tranquilo có da costa en case todos os sitios. Aquí atoparedes moitas actividades para relaxarvos, actividades de montañismo e sendeirismo e tamén poderedes disfrutar da cidade.

TRANSPORTE

Como xa comentamos, o transporte do hostal de Phitsanulok a Chiang Mai fíxose co tren nocturno entre estas dúas cidades. A estación de tren de Phitsanulok está a 10 minutos camiñando desde Karma hostel. Unha vez xa chegamos á estación, collemos un tuk-tuk que nos achegou bastante (menos do esperado) ó Mae Ping Home. Podedes ver máis detalles na publicación anterior pinchando aquí.

ALOXAMENTO

Mae Ping Home en Chiang Mai
Mae Ping Home en Chiang Mai

En Chiang Mai pasamos TRES NOITES no que posiblemente fose o aloxamento máis carismático da viaxe:

Mae Ping Home 30/1 Ratchamakkha Rd Soi 7 50200 Chiang Mai

Foi o mellor aloxamento no que a trato persoal se refiere. Ademais, este establecemento rexentado por unha familia local está ben localizado (no centro da cidade antiga) e alonxado dos lugares máis turísticos da cidade, o cal é de agradecer. En si o aloxamento está ben: limpo e ordenado. A nós non nos molestou ter o baño propio e exclusivo separado da habitación, pero é importante que o saibades. Nós chegamos antes do horario de entrada e tampouco tiveron ningún problema e deixarnos entrar antes.

HISTORIA

Chiang Mai foi a capital do reino de Lanna. Está uns 300 km ó norte de Sukhothai. Como na maioría de cidades grandes de Tailandia, o centro histórico está pragado de templos contruídos con teca que albergan arte e arquitectura lanna, heredados á súa vez de Birmania (Myanmar) e China.

COMO MOVERSE EN CHIANG MAI?

Árbore do mango en Chiang Mai
Árbore do mango e tuk-tuks en Chiang Mai

Chiang Mai non é unha cidade demasiado grande. Isto faina moi manaxeble e que as opcións para visitala dependan da propia persoa. A cidade pódese camiñar fácilmente. Os principais templos antigos están na propia cidade.  Se sabedes conducir moto, alugar unha moto pódeche dar moita flexibilidade para, ademais de moverte polas súas ruelas, subir ó Doi Suthep e chegar ós templos máis lonxanos e dar unha volta polas aldeas próximas. Arredor de Chiang Mai hai varias aldeas interesantes para visitar, segundo lemos noutros blogs. Nós preferimos non facelo por varios motivos.  Para ir é preciso desprazarse en moto ou contratar un tuk-tuk para todo o día ou tamén é posible que podades atopar unha excursión que vos leve a estas aldeas. Podedes buscar a información nas referencias que vos deixamos en na publicación correspondente: (***). No caso de non estardes confiados coas vosas habilidades coas motos, o tuk-tuk / tuk-tuk furgoneta é a outra opción. Para máis información do transportes en Tailandia.

QUE VER EN CHIANG MAI?

Como xa dixemos, nesta cidade teredes un lote de opcións para pasar o tempo. Aquí veredes unha posible distribución.

Pola Mañá

Logo de chegar pola mañá ben cedo a Mae Ping Home, despois da curta noite no tren-cama, deixamos as cousas e, tras unha curto descanso, comezamos a coñecer a cidade. O primeiro foi almorzar (este lugar e outros podedes velos no mapa).

Wat Si Koet

Este pequeno templo cóllenos de camiño ao seguinte ó seguinte Wat Chedi Luang. Atoparás un montón de templos como este en toda a cidade.

Wat Phan Tao

Atópase preto de Wat Chedi Luang un templo maxestuoso de teca. Contén un buda dourado. Na fachada destaca a sorprendente imaxe dun pavo real enriba dun can que representa o ano astrolóxico do nacemento do gobernador de Chiang Mai, Mahawong Chao, quen o utilizou entre os anos 1846 – 1854.

Prezo: Gratis Horario: Todos os días de 6h00 a 18h00

Wat Phantao en Chiang Mai
Wat Phantao en Chiang Mai
Wat Chedi Luang

Dentro do recinto do Wat Si Koet hai varios lugares que son dignos de visitar e nos que invertir o tempo para que nos sorprendan coa súa beleza. A entrada inclúe a entrada a todos eles.

Prezo: 40 THB/persoa Horario: Todos os días de 6h00 a 18h00

Wat Chedi Luang Nel está un ‘chedi’ semi derruido rodeado de elefantes. Tamén está o buda esmeralda do Gran Pazo de Bangkok (Grand Palace de Bangkok) estivo aquí ata 1475. Actualmente hai unha reproducción en xade (jade), agasallo do rei no 1995. Na parte de atrás do recinto hai varios pavillóns que albergan máis capelas e un gran buda reclinado.

Wat Chedi Luang en Chiang Mai
Wat Chedi Luang en Chiang Mai

Intakhin Pillar Vihara

Se vos gustan os templos dourados, este gustaravos moito. Persoalmente os dragóns que custodian a entrada parecéronme espectaculares. O interior do templo é bonito. Nel hai varios budas dourados de pé e un buda sentado como figura principal. Nun dos laterais había unha especie telas colgando cos diferentes con animais. Preto delas, estaba un calendario onde se poñía a qué animal se correspondía cada ano. Aproveita e mira no que nacestes vós. 😉

Intakhin Pillar Vihara en Chiang Mai
Intakhin Pillar Vihara en Chiang Mai

Vihara de Luang Pu Mun วิหารหลวงปู่มั่น

Dentro do templo que vedes na imaxe hai unha momificación dun monxe. Tamén hai outra no templo que está a carón deste. Os dragóns da entrada a este templo máis pequeno tamén impresionan. Ademais, o seu color acibeche dalles unha forza maior que ós dourados.

Vihara de Luang Pu Mun en Chiang Mai
Vihara de Luang Pu Mun en Chiang Mai

Buda reclinado Preto do Vihara atoparás un buda reclinado bastante grande.

Wat Chai Pra kiat

Este templo está preto de Wat Chedi Luang. Podes ir visitalo ou velo dende fóra como nós fixemos.

Wat Inthakhin Sadue Muang

A carón do Centro de Arte e Cultura de Chiang Mai e aproveitando a visita ó Wat Chai Pra Kiat, pódedes ver este templo.

Prezo: Gratis Horario: Todos os días de 6.00 a 18.00

Wat Phra Singh

O templo máis venerado da cidade construído no ano 1345 e situado no centro da cidade amurallada. No seu interior hai unha importante figura de buda. Conta a lenda que foi traída de Sri Lanka e hai diferentes santuarios. Ademais hai un chedi, un xardín e unha escola de monxes (ver consellos).

Prezo: 20 THB/persoa Horario: Todos os días de 5h00 a 20h30

Pola Tarde 

Pola tarde, despois de comer, decidimos ir descansar un pouco a Mae Ping Home. Mentres, consideramos que perderse polo casco antigo de Chiang Mai e descubrir os nosos propios lugares era unha boa opción. O casco histórico está claramente definido por un foso e un muro que se construiu para defendela de los ataques birmanos. Dentro destas murallas atópase o máis bonito de Chiang Mai: templos budistas (máis de 300 templos). Como cousa curiosa, os andamios que usan en Tailandia:

Pola Noite

Logo de descansar, comezamos a camiñar cara onde está a maior concentración de mercados nocturnos en Chiang Mai. Fomos camiñando para ver se descubriamos novos lugares e para sentir as sensación das rúas pola noite. Tha Phae Gate Esta porta da muralla ten xusto diante unha praza onde, polo menos cando nos estivemos, facían exhibicións de diferentes talentos.

Wat Buppharam

É especialmente interesante pola súa influencia birmana e pola súa enorme imaxe de buda feita en teca no templo principal, a máis grande neste material de Tailandia. Ó pasar de noite, non puidemos entrar.

Mercados

Exceptuando o primeiro dos mercados (Mercado de Nawarat), os demais están claramente orientados ó consumo occidental. Nawarat Market (mercado nocturno) É sen dúbida o mercado de Chiang Mai máis enxebre. Persoalmente, o meu preferido de Tailandia. Neste lugar pódese comer extremadamente barato, iso si, preparádemos para o picante. Ademais hai unha variedade inmensa de froitas e prendas de vestir. Dá a sensación de ser máis para locais cá para turistas (algo que cos outros non pasa).

Horario: Cada día desde as 18h00 ás 24h00

Mercado Nawarat no Barrio Chinés en Chiang Mai
Mercado Nawarat no Barrio Chinés en Chiang Mai

Chiang Mai Night Baazar (mercado nocturno) O Chiang Mai Night Baazar é un dos mercados nocturnos máis coñecidos e grandes de Chiang Mai, onde podes encontrar de todo, dende imitacións típicas ata artesanías das tribus das montañas. O edificio en si é moi bonito. Este mercado está na cidade vella, ó outro lado da muralla.

Horario: Cada día desde as 18h00 ás 24h00

Kalare Night Baazar (mercado nocturno) Este mercado está xusto enfronte  do Chiang Mai Night Baazar. Alí pódese atopar productos como pinturas, artesanía tradicional e xoiería. Tamén hai postos de comida na rúa para degustar a mollor comida tailandesa. Cada noite hai música en directo e bailes tradicionais.

Horario: de 16h00 a 23h00

Anusarn Market (mercado nocturno) É un mercado preto ó Night Baazar e ó Kalare Night Baazar. Tamén é perfecto para disfrutar de comida tradicional tailandesa, pero non para comprar obxectos ni recuerdos. O Anusarn Market está situado preto do Chiang Mai Night Baazar, entre a rúa Chang Khlan e a rúa Khro.

Horario: de 18h00 a 24h00

Outras actividades, outros templos e mercados en Chiang Mai

Chiang oferta unha cantidade enorme de lugares para visitar e activididades que visitar e que nos nos deu tempo a ver, aínda que os levábamos preparados (case todos). Muang Mai Market (mercado diurno) É o mercado da comida fresca, froita, verduras e hortalizas. Poderás atopar productos dos agricultores das montañas de Chiang Mai. Eles mesmos transportan a comida, non hai intermediarios, por iso é un dos mercados máis baratos de todos. O mercado Muang Mai Market está situado ó leste da muralla, preto da embaixada estadounidense, xunto o Rio Mae Ping.

Horario: cada día polas mañás, preferiblemente 6h00-9h00

Loi Krathong Esta celebración anual sucede durante a noite da lúa chea do mes 12 no calendario lunar tailandés tradicional, por isto a data exacta do festival muda cada ano. No calendario Occidental isto normalmente caídas no mes de novembro. En Chang Mai, o festival dura tres días, e en 2018, as datas serán 21 – 23 novembro. Enterámonos tarde desta celebración, pero sería moi chulo poder velo. Así que podedes telo enconta para planificar a vosa viaxe. Wat Lok Molee É un templo pouco visitado polos turistas por estar fóra do recinto amurallado. Hai elementos típicos dos templos budistas tailandeses. O viharn principal ten unha bonita fachada de metal con inservcións de pedra e tras él levántase unha antiga estupa do século XIV. A entrada ó recinto está custodiada pola estatua de dous elefantes. Ademais pódenser atopar imaxes hinduístas nos recunchos do xardín. Wat Sri Suphan O chamado “Templo de plata” pola súa decoración de prata no templo principal, tanto nas paredes e tellados, como na decoración e estatuas do seu interior. Contruíuse un barrio de prateiros no ano 1500 e aínda hoxe alberga estes artesáns. Ademais a cidade ten unha infinidade de templos que non vimos: Wat Umong, Wat Ched YotWat ChediliemWat Suan DokWat Pha Lat, Bhubing PalaceMercado nocturno do sábado Din que é unha auténtica turistada, se xa os os outros mercados de Anusarn,  o Bazar Nocturno de Chiang Mai Sepak takraw Deporte nativo do sudeste de Asia, parecido ó voleibol, excepto que o takraw utiliza unha pelota de ratán (unha especie de caña que provén da India) y só permite ós xogadores utilizar os pies e a cabeza para tocar o balón. Montha Than Waterfall Trailhead Esta podería ser unha parada de camiño ó Doi Suthep. Pobo da etnia Hmong Como xa comentamos, para ir a algún dos pobos que están preto é mellor manexar unha motocicleta propia.

Guías recomendables:

Publicacións relacionadas

Verified by MonsterInsights