Onde se colle o aire?

Nesta segunda parte do artigo do aire tratamos as diferentes formas que hai de coller o aire e a súa procedencia. Coma sempre, poderedes ver as referencias das nosas pescudas e colaborar connosco para aumentar a información ou correxir o que creades incorrecto.

As seccións nas que dividimos o artigo son:

  1. QUE É O AIRE?

  2. ONDE SE COLLE O AIRE?

  3. CAL É A ORIXE DA CRENZA DO AIRE?

  4. COMO PREVIR COLLER O AIRE?

  5. COMO SE QUITA O AIRE?

  6. MAPA DO AIRE

  7. O AIRE E COMO QUITAR O AIRE (ARTIGO COMPLETO)

Así que comezamos a coñecer o aire sen máis miramentos neste artigo.

ONDE SE COLLE O AIRE?

Cando se di que alguén ten o aire, pódese referímonos a un mal de diferentes procedencias. Estas procedencias poden ser o aire das femias de algún animal en celo, dunha muller parideira ou coa menstruación, o aire dos animais mortos ou o aire dos mortos. Extendemos a continuación un pouco máis a cada unha destas procedencias do ar das meigas ou mal cativo, como tamén é coñecido.

Aire do femias dos aminais en celo

Este tipo de aire cólleno principalmente os nenos e enfermos cando están preto das femias de calquera animal cando durante o periodo de apareamento. Pode ser, por exemplo,  durante a xaneira das gatas.

Aire da muller parideira ou menstruada

Este aire afectaría ás persoas con algunha afección e rapaces pequenos cando están preto dunha muller que se atopase no periodo menstrual ou durante puerperio, que é o periodo de que precisa o corpo para recuperar do embarazo. No puerperio tamén se inclúe o postparto.

Aire do morto dos animais

O aire dos animais pode collerse ó estar preto do corpo morto dun animal.

Aire do morto

O aire do morto é o máis perigoso de todos. Cando unha persoa vai a un enterro ou velorio dun defunto, este pode vir co aire do morto. Como se fose un virus, é posible que este aire non lle afecte de xeito directo pero si pode ser vector para que algunha persoa casa o colla. principalmente  transmitido a calquera neno, ou persoa enferma. Incuso podía darse o caso de que o propio neno, ou un maior enfermo, por calquera motivo, foran á casa do defunto, e llo pasasen nese entorno.

Pénsase tamén que o aire do morto pode ser unha vinganza do morto, ou o medo do morto a enfrontar o Camiño ó Outro Mundo.

A TÚA COLABORACIÓN

Se hai algunha información extra e documentada que nos podes transmitir será benvida. Ademais, se tes información que non coincide coa que temos aquí, fáinolo saber. Intentamos ter información precisa e por iso sempre deixamos as nosas referenzas.

AXÚDANOS A SEGUIR ESCRIBINDO

Para aumentar a calidade das nosas publicacións necesitamos máis tempo. Podes axudarnos mercando través de Amazon. Deixámosvos os seguintes  que poden resultar útiles e interesantes:

REFERENCIAS

Blogues, Revistas e Xornais

El Correo Gallego: Nemiña atrae surfistas de toda Europa
25 aniversario do IES Praia de Barraña
Thirthe: Transparencia
Suso de Basilio – Dende Corme ao mundo: Aqueles tempo de quitar o aire
O Roque de Cerponzóns: Día de Santos
Historia de Galicia: Buscando á Raiña Lupa no Sagrado Monte Pindo
Tralas pegadas da vella: Na procura da Raíña Lupa no sagrado Monte Pindo
The Muros Times – Como sacar el aire
Contribución al Diccionario Gallego – Aníbal Otero Álvarez
Correo del Camino: Testimonios de peregrinos
Celtíbera: O aire do difunto
Galicia encantada: Os curandeiros

Artistas

Rockisome: Entrevista a Terbutalina

Youtube: Terbutalina – Broncodilatador – Peneira

CANKENTE: Monte (1)

Monte (1)

PDFs para descargar

El poder de la palabra y la fe en la curación dentro del contexto cultural gallego
Concello de Cabana: O Santuario do Briño
Fichas de Investigación Etnográfica e de Restos Históricos
Cadernos de Fraseoloxía Galega 18
Hacia el encuentro de mi anthropos: la muerte, dinamo estructural de la vida
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades: Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil
Memoria Educación Secundaria (2002-2003)
Asociación de Escritores Galegos en Lingua Galega: Remedios, prácticas e ritos curativos da medicina popular tradicional
UN MEIGHALLO – Ana Fernández Fernández

Rutas

Correo del camino: Testimonios peregrinos
Geocaching: Camino Sacramental
Senda das estrelas: Etapa Recomendado. DÍA 5: Muros-Outes
Concello de Negreira: Guía Turística de Negreira

Documental e entrevistas

Comenius Regio: Quitar o aire
Documental Terra de Meigas (Non tivemos oportunidade de velo)

Outros

Traballos antropoloxía 2008-2009

Os curandeiros. Medicina Popular en Galicia, Cad Aten Primaria Ano 2010 Volume 17 (Páx. 144-149)

Verified by MonsterInsights