Deprecated: Creation of dynamic property WP_Members::$style is deprecated in /var/www/vhosts/galiciaalive.com/httpdocs/wp-content/plugins/wp-members/includes/class-wp-members.php on line 558
Mapa dos centros galegos en América do Norte - Galicia Alive

Mapa dos centros galegos en América do Norte

Galicia é, desgraciadamente ou por fortuna, terra de emigrantes. Isto fíxonos abrir Galicia ao mundo, pero despoboar a nosa preciosa terra. Dende Galicia Alive estamos seguros de que isto é reversible por nós, os galegos e as galegas. Nós somos os que imos dar volta a esta situación e transformar a Galicia nunha terra de acollida e benvida. Para que saibamos cales son os lugares onde máis emigración houbo, queremos situar os Centros Galegos no mundo, continuamos por América do Norte. Os Centros Galegos de América do Norte distribúense polos seguintes países:

  • Canadá 
    O país da policía montada acolle Centros Galegos nas súas principais cidades
  • Estados Unidos de América (United States of America)
    O país das oportunidades, con este nome non ía librarse, é outro dos lugares onde os Centros Galegos apareceron, tanto na Costa Leste coma na Oeste.
  • Porto Rico (Puerto Rico)
    Puerto Rico, estado asociado ós USA, tamén alberga un Centro Galego.
  • México
    Ademáis dunha cidade chamada Compostela, México ten aínda Centros Galegos.
  • República Dominicana
    A República Dominicana é outros países de América do Norte que tamén contén Centros Galegos.

A pesar de ter localizado moitos, hai centros que non puidemos localizar. Así que se tedes algunha información extra e podedes axudarnos a atopar os seguintes Centros Galegos, agraderiamosvolo:

Axúdanos a seguir escribindo mercando en Amazon:

Referencias

http://www.galiciaenelmundo.es/centrogallego/circulo-galaico

Verified by MonsterInsights