Tailandia DÍA 12: Railay - Excursión a Koh Hong

Koh Hong

Este segundo día en Railay pasámolo nunha excursión por illas próximas. O día anterior faláramos cunha das axencias que hai en Railay Leste (Railay East) para reservar a viaxe polas illas próximas de Railay. A excursión paga a pena por ver todas as illas que vimos que conforman parte do Parque Natural. A comida e a auga entra nesta viaxe. Por favor, recordade recoller o voso lixo.

Tailandia DÍA 11: Railay

Railay beach oeste our west e_comezo Tonsai

Regresábamos Tailandia despois de tres intensos días en Cambodia, Siem Reap. Despois de durmir unha noite no aeroporto, chegamos pola mañá ó Aeroporto de Krabi. Tiñamos que ir dende alí ata Railay.

Tailandia DÍA 7: Chiang Mai (Eco Tours)

Fervenza no Parque Natural de Doi Inthanon

Para este día tiñamos unha excursión planeada dende antes de iniciar a viaxes. A excursión con Wonderful Eco Tours. Entre as opcións que ofertan, a que nós escollemos foi a dun día en Doi Inthanon National Park e sendeirismo. No Parque Natural de Doi Inthanon, que se atopa a uns 100 km de Chiang Mai. está a montaña máis alta de Tailandia con 2.565m.

Tailandia DÍA 4: Sukhothai + tren cama a Chiang Mai

Vistas de Wat Sa-Si no Parque Histórico de Sukhothai

Este día sería bastante intenso, xa que sairíamos de Phitsanulok para a Cidade Histórica de Sukhothai e estaríamos visitando case todo o día este lugar. Logo de visitar este lugar que é Patrimonio da Humanidade e unha vez Sukhothai, colleríamos o bus que nos levaría de volta á Phitsanulok dende onde agardaríamos ata que chegase o tren  cama para ir a Chiang Mai.

Tailandia DÍA 3: Ayutthaya & Phitsanulok

Wat Mahathat en Ayutthaya

Logo de ser xa conscientes de que non se pode mercar un billete de terceira e segunda clase con antelación, madrugamos o que non está escrito para chegar a algún dos primeiros trens que saían cara Ayutthaya. Este sería un longo día.TRANSPORTENesta sección recopilaremos todos os transportes de relevancia que precisaremos para movernos dunha cidade a outra. As pequenas viaxes que se realizan iranse comentando segundo se contan os feitos.

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com