Ryanair, a primeira compañía aérea que fala galego

Este pasado domingo, 23 de outubro de 2016, no voo de Ryanair do aeroporto de Santiago de Compostela con destino Barcelona aconteceu algo que nos alegrou, e moito. Por primeira vez nunha aeroliña escoitamos a nosa lingua.

Todo aconteceu cando estabamos a piques de despegar, de camiño á pista de despegue, e de súpeto sou unha voz dando as instruccións que debiamos seguir durante o voo.

A única que pena é que non sexa algo habitual en todos os voos á Galicia.

Dende Galicia Alive e eu persoalmente por estar neste voo queremos agracederlle a este azafato que dignificase a nosa lingua deste xeito, xa que non puidemos agradecerllo nese momento.

 

Mercando algún destes artigos colaboras con Galicia Alive:

23 thoughts on “Ryanair, a primeira compañía aérea que fala galego

  1. Hai algún comandante galego en Vueling, Iberia que incluso se dirixe á pasaxe en galego durante o percorrido, e a verdade é que aínda que o seu galego non é brillante nótase que o fai con convicción.

  2. Agradézovos moito a publicación. A persoa que fai os anuncios en Galego son eu. Levo oito anos traballando en Ryanair como asistente de voo e dende sempre cando fago voos a Galiza ocúpome persoalmente de que no avión se fale a nosa lingua. E moi satisfactorio decatarse de que hai xente que o aprecia. Moitas gracias!

    1. Androtxo, fainos moita, moita ilusión que chegase aos teus oídos e ollos esta noticia. Para min foi a primeira vez que escoitei galego e espero que o teu compañeiro portugués (se collín ven o acento) che fixese chegar o agradecemento tamén ese día. Gracias por facer máis digna a nosa lingua. 🙂

      1. De feito si! O meu compañeiro chámase João e é Lisboeta. Tes bo oído . Transmitiume o agradecemento. Alégrome de que vos fixese o voo mais agradable. Unha alerta grande!

    2. Grazas moitas a tí…que pos a nosa lingua polas nubes! E xa sería a repera que a liña ou o avión que nos comunica coa verde Erín se chamase Breoghan ( poderiamos ver o da grafía ) hai que manter os vínculos históricos inda que fose a nivel simbólico…

Leave a Reply to ROBERTO Cancel reply

Your email address will not be published.Required fields are marked *

Verified by MonsterInsights