Que teñen en común as Canarias e América e a Lúa e Marte?

Comecemos polo principio, coñezamos como foi a primeira viaxe de Cristovo Colón ás Américas.

A VIAXE DE CRISTOVO COLÓN

A viaxe de Cristovo Colón iniciouse o 3 de agosto de 1492 dende o Puerto de Palos co título de Almirante da Mar Océana polos Reis Católicos logo das Capitulacións de Santa Fe, nomeándoo almirante de todas as terras que descubrise. Saíron do porto dúas carabelas, a Pinta e a Niña e unha nao de maior tonelaxe chamada a Santa María, coñecida segundo algunhas fontes como La Gallega, con 90 homes de tripulación.

Seis días despois, o 9 de agosto de 1492, chegaron as Illas Canarias. A parada nas illas servía para cargar víveres frescos, leña e mais auga. Aproveitaron ademais para amañar o temón da carabela a Pinta e engadir un novo mástil á Niña para aumentar a súa velocidade de navegación.

Zarparon das Illas Canarias o sábado 8 de setembro, logo de unha longa viaxe de máis dun mes polas augas do Atlántico e cada vez coa moral máis mermada por parte da tripulación, avistaron a Illa de Guanahaní (renomeada como San Salvador) na noite do 11 de outubro de 1492.

Ao día seguinte, o 12 de outubro de 1492, pisaron a terra da illa. Entraron en contacto cos taínos, un pobo indíxena das illas do Caribe, intercambiaron xestos e obxectos. Por iso se celebra o día 12 de outubro o Día da Hispanidade.

Logo de recorrer algunhas illas do arquipélago das Bahamas, chegaron ao que é actualmente Haití. Bautizaron a illa como La Española. Nesa illa tamén fixeron contacto cos nativos e foron recibidos por Guacanagarí, o cacique da zona. Mentres recorrían a zona, o 23 de diciembre de 1492, a Santa María La Gallega encallou e non se puido recuperar. O Día de Nadal pasárono descargando a Santa María La Gallega e fundaron nese momento un establecemento preto do ouro de Cipango.

Ben coñecido todos os galegos é que o 1 de marzo de 1493 chegou a Pinta Baiona, sendo as primeiras novas do Novo Mundo. A Niña chegou catorce días despois, o 15 de marzo de 1493, a Palos de la Frontera.

Mais que ten que ver unha viaxe do século XV coa exploración espacial do século XXI? Máis do que parece…

A VIAXE A MARTE

En ambos casos se pretende realizar unha viaxe ao que para eles era o descoñecido. Ademais, como podemos ver nalgúns artigos nas referencias, o xeito de realizar a viaxe, garda certas similitudes.

Como comenta o administrador da NASA, Jim Bridenstine, queren regresar á Lúa para convertila nunha base fixa para organizar a primeira misión tripulada a Marte. A base na Lúa será a plataforma espacial que servirá para viaxar a Marte, como antigamente foran as Canarias a primeira parada antes de emprender a viaxe ás Américas. Alí poderán incluir “novos mástiles se as velocidades non son correctas”, coller suministros no caso de ser necesarios et cetera.

Marte é novo Novo Mundo que debe ser explorado, aínda que na misión a Marte (en principio) non haberá outras persoas para darnos a benvida.

Así como Cristovo Colón abriu unha era de descubrimentos, a viaxe a Marte podería marcar o inicio dunha nova etapa para a humanidade, esta vez máis aló do noso planeta.

REFERENCIAS

https://www.diariodepontevedra.es/blog/rodrigo-cota-galicia-histerica/nao-santa-maria-gallega/202210151830561222711.html

https://www.agenciasinc.es/Reportajes/Una-aldea-global-en-Marte-con-escala-en-la-Luna

https://www7.uc.cl/sw_educ/historia/expansion/HTML/p3101h.html

https://es.wikipedia.org/wiki/Almirante_de_la_Mar_Oc%C3%A9ana

https://www.20minutos.es/noticia/3585161/0/nasa-utiliza-luna-como-poligono-pruebas-para-saltar-marte

Verified by MonsterInsights