O Pan Galego: moito máis ca un alimento, unha identidade

Hai moitas cousas que os galegos botamos de menos cando saímos da nosa terra: a familia, os amigos, a paisaxe…
Non falo do polbo á feira, nin do caldo galego, nin sequera da empanada. Hai algo na cociña galega que damos tan por sentado que, cando comezas a vivir fóra e ves que falta, non dás creto.
Ademais, cando o pides, cho poñen e cobran a prezo de ouro… e é malísimo. Nese momento, comezas a chorar por dentro do moito que o botas de menos.


Un produto tan sinxelo… e tan difícil de atopar

Sabedes xa de que estou a falar? Unha pista: en Galicia temos un moi coñecido pan de millo.
Exactamente, falo do PAN GALEGO. Non quero ir aos pans específicos como o Pan de Cea ou o Pan de Carral.
Falo de ir a unha panadaría e que o pan saiba a pan. Falo de ir a un restaurante e que che dean pan e non chicle.

É curioso cando estás fóra e che din: “prueba este pan, seguro que te gusta”. Pan de payès, Pan de Cruz, Pan Candeal, La Pitinza, Pataqueta… eses sucedáneos de pan galego non cumpren nin de lonxe a expectativa.


Foi sempre o pan galego un referente?

Como galegos, témolo claro: non hai discusión. Pero… foi sempre así? Pois non.

En La Biblia en España, George Borrow, Jorgito “El Inglés”, que tampouco tiña moito amor pola nosa terra, recolle o que lle dixo un sarxento cordobés sobre Galicia:

País bárbaro, ya lo creo: ni aceite, ni olivos, ni pan, ni cebada.

Tamén conta a conversa cun vagabundo suízo en Santiago:

…y pido por Dios un pedazo de pan para comer y un poco de paja para dormir, me maldicen y me contestan que en Galicia no hay pan ni paja, y a buen seguro que desde que estoy en Galicia no he visto ninguna de las dos cosas; sólo un poco de lo que llaman aquí broa y unos desperdicios de cañas, usadas para cama de los caballos…


Da ausencia á excelencia

Vemos que nos anos 30 do século XIX, a fama do pan galego era practicamente nula. Aínda que a broa galega estaba, e segue estando, tremenda.

Cando chegou o cambio? Como pasou o pan tradicional galego de estar ausente na memoria dos viaxeiros a ser un símbolo de calidade recoñecido?
Se compartes moito esta publicación, traeremos a seguinte parte da historia.


Chamamento final

Se amas o pan galego auténtico, comparte esta historia para que máis xente coñeza a súa importancia.
E cando veñas a Galicia… non esquezas levarte un bo anaco de Pan de Cea ou broa galega recén feita.


Axúdanos a seguir escribindo

Para poder aumentar a calidade das nosas publicacións precisamos máis tempo. Podedes axudarnos mercando a través de Patreon:

https://www.patreon.com/c/GaliciaAlive

Ou dende a ligazón de Afiliados de Amazon: https://amzn.to/3CCy4hz

Verified by MonsterInsights