Deprecated: Creation of dynamic property WP_Members::$style is deprecated in /var/www/vhosts/galiciaalive.com/httpdocs/wp-content/plugins/wp-members/includes/class-wp-members.php on line 558
Fran Velo: Heredeiros da Crus, Land Rober, The Lákazans e moito máis

Fran Velo: Heredeiros da Crus, Land Rober, The Lákazans e moito máis

En Galicia Alive énchenos de orgullo e tamén de satisfacción ter connosco a o máis ghrande dos máis ghrandes. Fran Velo, un dos compoñentes dos Heredeiros da Crus e de The Lákazans. Benvido, Fran.

– Ben hallado.

Moitas gracias por sacar tempo nestas datas para nos atender. Por onde comezar… Falamos cun dos compoñentes do grupo musical con maior influencia posiblemente en Galicia. Como se leva isto día a día?

– Pois ojala tivesemos problemas para levalo día a día, ou eu en particular. Pero non. Aínda sendo, como dis, un grupo de éxito en Galicia, ao final Galicia tampouco é tan grande. E é de Rock&Roll, non é La Voz nin dun Bisbal, entón vívese tranquilamente, non hai grandes locuras. O día a día normal, me coñece quen me coñece e quen non, non. Algunha vez si te aborda alguén, firmas un par de autógrafos, todo moi tranquilo e moi normal. O stop system aínda non funcionan moito.

Levades unha chea de discos na vosa historia. Comezando por A cuadrilla de Pepa a loba, ¡¡Está que te cajas!!

– Exacto, o primeiro foi  A cuadrilla de Pepa a loba no 94, ¡¡Está que te cajas!!,,Criatura (que é un mini-LP), Des Minutos, Erecsiones munisipales, Chicarrón (no 2004 ou por aí), Heredeiros da Crus – 20 aniversario do regreso, Jard rock con fe (no 2013)…

 

Fran Velo e o horizonte
Máis fotos del no seu perfil de Instragram

Agora que xa o numeraches case todos, con cal de todos eles te quedarías?

– Eu creo que como calquera músico: co último.

Por que?

– O último porque é o que tes menos desgastado. Vou recoñeser que ata o Jard rock con fe me quedaba co de ¡¡Está que te cajas!! Aínda que A cuadrilla de Pepa a loba ten temazos: Cuadrilla de Pepa a loba, Quero Josar!!, Josiño, Juan Ramón, R7… Pero o sonido, estabamos empezando, non tiñamos claro como soar, non nos gusta o resultado. De feito algho que nos queda aí pendente e que sempre se fala é o de volver a gravalo. E non sei se algún día o faremos. Entón, o ¡¡Está que te cajas!!, pero o que pensamos todos é que Jard rock con fe é onde se unen as ganas, cunha madurez de ter tantos anos no lombo tocando, unha producción cojonuda e con temas moi bos. Ten temazos xa míticos como A Duquesa de Poi, Non che teño medo, Corasón de carballo entón podemos dicir que é o máis completo, coma as hamburguesas.

E das cancións, algunha que sexa a mimada de todos os discos?

– De todos, uff! – dubida. – Unha canción é moi jodido, eh! Un disco pódocho dicir, pero unha canción… Ahora mismo diríache Non che teño medo, xa que che dixen que o disco é  Jard rock con fe, a canción sería Non che teño medo. É o meu tema favorito do disco. Outras temas teñen distintos significados, pero Non che teño medo é O TEMA, para min.

Despois de tantos anos, tantos discos, tantas cancións, quizais hai algo ou algunha que xa o tedes aborrecido. Tedes algo diso?

– Aborrecido… hai moitos singles por sorte. Non nos pasa coma aos Eagles con Hotel California e quedaron ata os huevos. Non hai ningún tema do que estés super farto. Pero se algún se acerca  a esa sensación podería ser Quero Josar!! É un deses temas que o segues pasando ben cando tocas en directo, pero é dos que dis… uff! Aínda así, unha vez o tocas flipas igual. Pode ser que estea máis trillado. De todos xeitos é un deses temas que non podes deixar fóra do repertorio. A parte aí é onde sulfatamos con millo e tal. Deses temas que a estar un máis…

Sabes entón cal non pedir no próximo.

– Tocámolo igual, así que… Se fose só unha canción sería outra cousa, pero ao ser varios non hai problema. Xa che digo que non temos ese problema. Ao mellor Siniestro Total, aínda que teñen un montón de éxitos, tamén lle pasa con Miña terra galega

Incluso, é curioso, Churras tamén se achega moito a esa sensación. Cando imos ao Luar sempre nos piden Churras, aínda que tamén o entendemos.

De todos xeitos, Quero Josar!! creo que sería a que máis se achega, supoño que porque ten uns meses máis… – ri.

Fran Velo é moito máis ca Os Heredeiros. Dixemos ao comezo da entrevista que eras compoñente de The Lákazans. Se nos puideses comentar algo desta andaina musical como noutras nas que poidas estar medido…

– Pois si, The Lákazans, como xa saberedes é un grupo orixinario de Boiro. Son xente más noviña ca min que se escaban a miña xeración. Non os coñecía do instituto por este motivo, senón os coñecín cando tiña o bar, o Rock Star, porque eran case todos clientes meus, pero logo perdinlles a pista. Porque ademais decidín desconectar da música por un tempo. 

De súpeto un día chamáronme para ser xurado na Tonos nun concurso de grupos de aquí, do Barbanza. Tiven que ir á Pousada das Ánimas a escoitar os grupos e despois na final á Tonos. Ese concurso gañouno The Lákazans, aínda que eu aínda non era compoñente, senón sería ilegal. – ri.

Eu votei por eles, pero non tiñan baixista, e mentres os escoitaba ocorríanse melodías de baixo para eles. Como os coñecía pregunteilles como é que non tedes baixista? Eles dixéronme que por distintos motivos non tiñan e ofrecéronme formar parte… E foi así.

Pero a verdade é que moi ben con eles porque é unha onda distinta á Herederos e estes xa me enchen por completo no mundo do rockApetéceme algo estilo diferente, tocar outra cousa, pero non me apetece tocar reggeaton nin salsa.

Fran Velo
Fran Velo

The Lákazans é rock, pero rock nos inicios, e chegado a un punto tamén che apetece tirar da música da que tiraban os que ti escoitas, por iso me encantan! Incluso o baixo pode ser máis divertido tocando con eles. Estou contentísimo. Hasta que me aguanten e o poida compaxinar coas demais facetas que teño, eu a muerte con The Lákazans.

É unha proposta moi fresca, música americana en Galicia. Empezou soando como o blues acústico dos 20s, 30s. Agora xa estamos nos cincuenta ou sesenta. Xa nos vamos electrificando máis. Seguimos a facer blues, soul,country,..

Podemos esperar algo do grupo, algunha novidade?

– Si, estamos gravando algúns temas, pero queremos deixar que cuaje Homegrown (2015) porque aínda temos que levalo a moitos sitios. Fixo un ano este Nadal e aínda está por medrar. Daría a sensación que o estás matando se sacas outro disco. E non, creemos que Homegrown ten recorrido.

Bueno e en primicia, para vós, pódovos comentar que estaremos no Fitur o 17 de xaneiro. Collemos a furgo e marchamos a Madrid.

Iso si, sentíndoo moito por todos aqueles que estades alí e nos queredes ver, temos que dicir que nos levan de festa privada da man de Arousa Norte na programación do Fitur.

 

Ti que estás moi metido na música galega e en galego, como está esta actualmente?

– Eu podo percibir o estado da música en galega dende o punto de vista do rock, para concretar porque a música en sí e moi amplia. Poderiamos diferenciar a situación da música folk, o pop, o rockAínda que se asemella moito eh! – risas. – Aseméllase en que está mal – máis risas. – Está mal a nivel mundial. Digamos que ós americanos e ós sajóns lles vai mellor. É sempre tal o arrase deles que seguen a manterse no mais alto. Aínda así a venda de discos nótase, as descargas afectáronlle a toda a industria musical.

Estanse a buscar solucións, que si crowfunding, descargas por 1€… Tamén dependendo do modelo que queira adoptar o grupo. Por exemplo, hai grupos que lles interesa que se divulguen os seus temas gratuitamente e despois que a xente acuda aos seus concerto. Estase a explorar cal é vía mais adecuada.

Pero nos afecta un pouco a todos. Entonces en Galicia os seguen traballando, seguen gañando cartos e seguen a vivir ben son as orquestas. Aínda que levaron un golpe por uns asuntos que todos coñecemos, é a industria musical que máis funciona en Galicia. O resto, vamos capeando.

Heredeiros non ten queixa, a nivel Galicia están no top. Pero tamén estou en The Lákazans e interésano aguantar tempo.

Con Heredeiros temos limitados os números de concertos ao ano. Non acostumamos facer menos de cinco pero tampouco máis de oito. Se vos fixades dende o 2013, nunca fixemos máis de oito.

O inverno pasado fixemos o “Dos jaliñeiros” que eran concertos en salas pequenas e xa estaba máis limitado o aforo. Por iso foron 10 concertos. Pero porque a xente que podía entrar nas salas eran sobre 200 persoas. Pero tamén fixemos concertos en salas mais grandes, que foron os que denominamos “Os cortellos”.

Consideramos, que xa nos pasamos un pouco e agora decicimos parar de verán a verán. E iso facémolo porque  “a teta da vaca non da para amamantar a todos” nin sequera aos máis grandes, como dixeches. Hai que intentar dosificar o que hai. Non dá a industria case a nivel España, imaxínate a nivel Galicia. Os grupos galegos que máis arrasan son a nivel estatal: Iván Ferreiro, Xoel López, Los Suaves, Siniestro… E incluso Os Suaves tiveron que diseñar estratexias para intentar tirar. Hai que facer así cousas para intentar manterte. Non quero desanimar aos grupos novos, pero é o que hai. É complicado, moi complicado.

Ó mellor se falas con grupos dos anos 70 ou 80, con ingleses e americanos, tamén che dirán que é moi complicado sempre. Porque se a industria da música está ben haberá mais xente que queira tocar e queira vivir deso.

En resumo, a pregunta de como está a música en galego, pois podo resumilo como “Pachanga si” en Galicia. Nós tamén o sufrimos máis porque a xente está acostumada a ir ás festas e non pagar unha entrada. Eu sempre vin música gratis dirán. En Madrid ou Barcelona, non sufren isto. Alí vas a un baile, e tes que pagar unha entrada. Aquí esperas ás festas para ver o grupo no campo da festa.

E ademáis da música, tes algunha cousiña na que estás metido,a que te adicas?

– Pois xa sabes que si, en realidade é o que me da de comer. Porque en realidade con esta situación que che planteei, xa ves. Non está ben. Tes un plus cojonudo, pero se tes unha familia que manter non che da para vivir holgadamente.

Adícome á televisión dende fai xa varios anos. Estudie na Escola de Imaxe e Son de A Coruña no 98 e 99. Fixen técnico superior de audiovisual e espectáculos. Había varias vertentes e toquei vaios paus, aínda que empecei polo guión. Un dos profesores veume aptitudes para iso e no 2000 empecei a escribir guións para “Mareas Vivas”. Despois viñeron máis series coma “Cuarto sen ascensor” e logo metinme no mundo dos programas como realizador e como guionista. Estiven de guionista no programa “Perdelo todo” e tamén en “Mundo Verbena”, que dirixía Jorge Coira.

Despois tamén realicei, xunto cun compañeiro da escola a nosa propia serie de programas que era “Hai que mollarse” que era de pesca e “Botarse ao monte” que era de sendeirismo. Neste, tamén estaba Touriñán. Outro que fixemos máis adiante, era “Maniotas” unha soa tempada.

Dun tempo a esta parte recuperei a faceta de guionista e son guionista para o “Land Rober dende case os comezos. Debinme perder uns sete programas ou así, mentres estaba traballando en “Hai que mollarse”. Pois dende o 2007 que me levo adicando a Roberto Vilar e ao o”Land Rober”.

Pero moi contento. Porque a verdade é que me divirto. Son un privilexiado por poder traballar con el porque ten un talento incrible. É iso é o mais chulo.

E o traballo disfrútalo ou realmente consideralo traballo?

– A ver, eu teño dito moitas veces que a televisión gústame moitísimo, gústame máis que ir á batea, pero si que o considero un traballo. A música non a considero así. A diferencia entre as dúas vóuvola explicar dun xeito moi destas datas. Se me tocase a lotería como lle tocou a “Joao Simões” 190 millões – moitas risas –  eu non piso un plato na miña vida, creo. En cambio me montaría na casa un estudio. Incluso montaría o meu propio festival en Boiro con equipo de son para tocar cando me apetecese. EU A MÚSICA NON A DEIXARÍA. 

Entón podemos considerar a música a túa afección.

– Sí, a música para min é unha afección. Unha cousa que me gusta, a parte da vida cotidiana, da familia, da terra, das paisaxes, a miña subsistencia é o Rock and Roll, pero como forma de vida. É algo que me enche. Que é algo que necesito facer. Aínda que haxa época que me queime. Sempre foi o motor que me fai mover.

E a parte de todo isto? Fran Velo ten tempo para algunha afección máis a parte do que xa nos contastes? Bueno algunha que se poida contar… – risas.

– Pois si,  otema das redes sociais e a fotografía. Gústame moito a fotografía. Fixen algún curso de fotografía. É como en todo, tes que ter un talento a parte dunha formación. Aínda que eu só saco fotos co móbil – risas. – Pero como me gusta pasear, pois cando podo vou ao monte ou a praia e utilizo o instagram porque cando fas unha foto chula pois gústache que a vexan, Gustame compartila.

Fran Velo con The Lákazans
Fran Velo con The Lákazans

A televisión méteme moito estrés e non hai moito tempo para isto. Hai que ter o programa listo para ese día e non pode fallar nada. E este estrés e o que me incomoda o que me fastidia. Non porque non sexa un traballo chulo.

Pero parece que ese estrés, esas horas de traballo que adicas ti e o resto de equipo do Land Rober, vese compensado. Sodes máxima audiencia no voso rango de emisión.

– Si, vese compensado co éxito, pero sufrimos moito. A veces, parece que conseguir o que conseguimos cos recursos que temos é un milagro. E iso é a costa de estar traballando horas, e a veces afectache a todo. Cánsaste psicolóxicamente. Gustaríame facer deporte e outras cousas pero este traballo absórbeme por completo.

A min a satisfacción completa dáma a música.

Voltando ao tema da música entón. Algún referente musical que sexa especial para ti?

– Se falamos a nivel internacional, os grupos que estiveron aí como guía e espello foron Motorhead, ACDC, Iggy Pop, The Who

A nivel nacional, sempre me gustaron Los Suaves, Barricada, agora gústame moito El drogas.

A nivel galego, gústame moito Agorafobia, aínda que cantan en inglés como The Lákazans, e non sei se incluilos – risas. – Tamén me gustan Ruxe Ruxe, Novedades Carmiña, Familia Caamagno. Sobre todo Familia Caamagno e Ruxe Ruxe son os que máis me gustan dos que cantan en galego. Despois están The Soul Jacket, son unha pasada. Son do mellor de Galicia. Estes son dos que máis me gustan de Galicia.

Volvendo aos Heredeiros da Crus. Comezades unha xira a nivel estatal polas principais cidades, podes adiantarnos algo do que poderemos ver

– Este ano os Heredeiros facemos 25 anos. O primeiro disco é do 94, pero o grupo naceu no 92. Cando fixemos o primeiro concerto n’A Dorna do 92. Queremos facer moitas cousas especiais e a ver se algunha sae. Non vos podo contar moito. O que si vos podo decir é que facemos unha xira por fóra de Galicia. Visitaremos Bilbao e Ponferrada por primeira vez. E voltaremos a Madrid e Barcelona. Eses son os lugares que temos previsto visitar de momento, fóra de Galicia. A ver se aparece un quinto. Porque así serían 5 concertos X 5 que somos nós, sería os 25 anos.

Hai ideas. Porque os 25  son especiais. Pero si, novidades haberá. Aínda que como xa sabedes temos feito tantas loucuras… Pero rollos que molen con Rock and Roll.

E unha pregunta profunda Fran. Cal pensas que foi o éxito da volta de Heredeiros?

– A explicación non cha podo dar porque a nós mesmos nos sorprendeu. Pero imaxino que será porque nos retiramos no momento preciso. Deixamos a xente coas suficientes gañas para que pediran unha segunda volta. O sorprendente foron as novas xeracións. Fans de Heredeiros que medraron por irmáns, pais,…

Realmente foron as redes sociais, que nos mostraron que a xente tiña gañas de Heredeiros. Había páxinas con miles de persoas con gañas de Heredeiros. Cando nos anunciamos o concerto de regreso non sabiamos se realmente habería mais concertos dos Heredeiros.

Está claro, que no concerto de regreso en LP45 a todos se nos escapou algunha lagrimiña. Nin na mellor época do Heredeiros pasara algo así. Toda a xente que estaba alí estivo cantando e dándoo todo dende o principio do concerto ata o final.

Tamén é porque cos anos imos madurando, nós como persoas e musicalmente.

Si, podemos clasificarvos como as Satánicas maxestades.

– A comparación cos Rolling é obvia. Eses movementos de Javi son moi carismáticos, como os de Jagger.

Estamos chegando a parte final da entrevista e gustaríanos preguntarche… Que pregunta che gustaría que che fixeran nunha entrevista e que nunca che fixeron?

– A típica pregunta que che fai exprimirte a cabeza…

Exactamente – risas.

– Hostia iso si que non o esperaba agora o final! Esa é dificil, é moi dificil… xa me fixeron cantidade preguntas: algunhas boas, outras evidentes… Non sei… Déixasme… Debe ser que estou de vacación. Que nunca me fixerán, esta seguro, pero non me gustaría que ma volvan facer – risas. – Para outra lévoa preparada. Digamos que me gustan facelas a min e non que mas fagan.

Pois perfecto entón, porque imos iniciar unha nova etapa contigo e que pedirlle aos entrevistados que nos fagan unha pregunta para o noso seguinte invitado ou á seguinte invitada que neste caso aínda está por concretar.

– Non sabedes quen é?

Non sabemos quen é.

– Pois así é dificil… Que lle podo preguntar…? Pois ao final…

Deixamos as preguntas complicadas para o final.

– Estaban o final, eh!  A ver… Cal é a túa tapa preferida?

Pois un millón de gracias!

– Moitas gracias a vós

Despois desta entrevista podemos confirmalo: Fran Velo, o máis ghrando dos máis ghrandes!

 

 

 

 

Axúdanos a seguir escribindo mercando algún destes artigos de Amazon ou mercando algo a partir dos links, só se o precisas.

 

2 thoughts on “Fran Velo: Heredeiros da Crus, Land Rober, The Lákazans e moito máis

Comments are closed.

Verified by MonsterInsights