Arriba o monte a leña
Arriba o monte a leña
Eu arriba non vou máis
Que teño a corre pequena
Arriba habemos de ir
A coller a flor do maio
E a de abril deixala vir.
Arriba non podo máis
Non poden os meus suspiros
Alcanzar os vosos ais (aires).
Arriba pola portela
Miña leal camarada
Arriba pola portela
Que polo camiño hai lama.
Arrimadito a aquel roble
Di palabra a una morena.
El roble será testigo
Y ella será mi condena.
Arrieros de Moraña
Para facer andar os mulos
Cántanlle un alalalá.
Arrieiros de Moraña
Van polo paraño arriba
Mozas de Vila Poma ***
Téñenlle carne cocida.
Arrieiriños adiós (adeus)
Anque me quedo peinando (anque = aínda)
Non me peino para vós.
A rapaza que é bonita
Nin por iso e moi honrada
Foi como auga bendita
que por todos é apalpada
Axúdanos a seguir escribindo
Para poder aumentar a calidade das nosas publicacións precisamos máis tempo. Podedes axudarnos mercando a través de Patreon:
https://www.patreon.com/c/GaliciaAlive
Ou dende a ligazón de Afiliados de Amazon: https://amzn.to/3CCy4h