Sara de papel na Feira da Primavera

Hoxe, sábado 30 de abril, celébrase unha nova edición da compostelá Feira da Primavera. O emblemático barrio de San Pedro vístese de gala co concurso de decoracióIMG_20160318_154117n de fiestras e balcóns, ademais de contar con actuación musicais, espectáculo de circo, sesión vermú e un largo etcétera que atrae ao público de todas as idades.

 

Se a decoración dos edificios non fose suficiente, a rúa de San Pedro e a de Concheiros, énchense de cor gracias aos numerosos postos de artesáns: variados e para todos os gustos. Algúns serán veteranos nestes andares, pero tamén hai novas participación como o posto de @saradepapel. Tras este nome atópase unha compostelá, que despois de estrearse unha pequena exposición na Tacita de Juan, da o salto a exhibir as súas pequenas creación nun posto de pintura.

 

 

IMG_20160429_173913Dende que era unha nena a súa vida xirou arredor da arte. A súa familia conta cunha considerable colección de cadros de artistas, sobre todo galegos, con obras de Patiño, Pío Costa e Xoti de Luis entre outros. De feito este último tomou parte activa na súa formación. Como conservadora e restauradora de bens culturais aprendeu a ter paciencia e delicadeza. A historia da arte axudoulle a pulir a estética e o seu traballo con nenos aportoulle unha visión colorista do entorno, condicións que se materializan en acuarelas de pequeno formato animadas por algo de ‘collage’, pan de ouro e sobre todo filigrana de papel. Esta é unha técnica pouco vista por estes lares que consiste en colocar tiras de papel de canto, sobre o cadro para darlle vol
ume e tridimensionalidade. O resultado é agradable e moi vistoso, pero iso, mellor, xulgádeo vós mesmos esta fin de semana.

 

 

1 thought on “Sara de papel na Feira da Primavera

Comments are closed.

Verificado por MonsterInsights