O CURA

O cura vendeu a burra
Para non lle dar a cebada.
Agora vai ós enterros
A cabalo da criada.

O cura ten un páxaro
Que lle canta na bragueta
Alá pola media noite
A criada dalle a teta.

O cura ten un paxaro
Non sei que paxaro é
Alá pola media noite
Ponse o paxaro de pé.

O cura foi ó muíño
Con zoquiños de madeira
Esvarou nunha pedriña
E caeu pola escaleira.

O cura foi ó muíño
Máis valera que non fora
Que coa veira da sotana
Barreu a fariña toda.

O cura do meu lugar
Está chorando na horta
Roubáronlle a criada
Polo burato da porta.

O cura e mais a criada
Ordenaron unha festa
Peneiraron a fariña
Ó abrigo dunha xesta.

O cura e mais a criada
Ordenaron de cocer
Tiñan a leña no monte
E a fariña por moer.

O señor cura non baila
Porque ten unha coroa.
Baile, señor cura, baile
Que Deus todo llo perdoa.

O caravel cando nace
Chámanlle caraveliño
Tamén os fillos dos curas
Chámanlle ó pai señor tío

Axúdanos a seguir escribindo

Para poder aumentar a calidade das nosas publicacións precisamos máis tempo. Podedes axudarnos mercando a través de Patreon:

https://www.patreon.com/c/GaliciaAlive

Ou dende a ligazón de Afiliados de Amazon: https://amzn.to/3CCy4h

Leave a Reply

Your email address will not be published.Required fields are marked *

Verificado por MonsterInsights