Dende calquera televisión se pode obter información dos programas dos grandes partidos políticos. O máis difícil é atopar unha análise dos programas dos partidos que representan as autonomías do estado. Debido a isto dende Galicia Alive tentaremos facer un estudo dos partidos políticos unicamente galegos dende un punto de vista obxectivo: sacándolle posibles defectos, pedindo máis información nos puntos inconclusos e alabando as posibles iniciativas favorecedoras sen deixarnos por intereses partidistas.
Nesta entrada analizamos o programa electoral de Nós-CG que é unha agrupación política conformada por catro forzas:
- BNG: Bloque Nacionalista Galego.
- PCPG: Partido Comunista de Galicia
- PG: Partido Galeguista.
- CG: Coalición Galega.
Análise do programa
-
-
Soberanía
Este partido ten unha visión de Galicia como unha nación e por iso alegan que se precisa unha representación propia nas Cortes. Deste xeito poderíanse incluír no parlamento español intereses e propostas galegas.
Para lograr un mellor funcionamento de Galicia consideran necesaria a soberanía do territorio. Respaldan isto no dereito a autodeterminación das nacións e alegan a falta lexitimidade a Constitución do 1978 por proceder da ditadura.
Tamén citan a perda de competencias das autonomías en prol do goberno español e da UE. As políticas que pretenden aprobar son as seguintes no eido da estrutura estatal e competencias de autonómicas:
- Estado independente ou confederación.
- Transferencia de competencias a Galicia:
- Políticas de fomento de emprego e formación para adaptar o emprego a Galicia.
- Marco galego de relacións laborais.
- Xestión do réxime económico da Seguridade Social previsto no Estatuto de Autonomía.
- Políticas de I+D+i.
- Xestión das becas FPU
- En relación co espazo radioeléctrico e concesión de licenzas de telecomunicación de ámbito autonómico.
- Competencia das autoestradas AP-9 (Ferrol-Tui) e AP-53 (Santiago-Ourense)
- Competencias de UNED, UIMP, Centro de Investigacións Científicas.
- Xestión dos fondos públicos e as subvencións en materia de fomento deportivo e infrastutura deportiva galega.
- TSXG máximo órgano xurisdicional.
- Eliminar delegación e subdelagación do Goberno.
- Supresión das deputacións provinciais.
-
-
-
Emprego e Xubilación
- Loita pola equidade salarial en todo o Estado.
- Derrogar as últimas reformas laborais.
- Salirio máximo (10 veces superior ao salario medio do estado).
- Aumento do emprego xuvenil.
- Aumento salario mínimo.
- Reducción de xornada a 35 horas semanais.
- Aumento da cuantía por desemprego e Renda de Garantía por Desemprego para os parados de longa duración, ademáis de incluír aos Autónom@s e integrantes do Réxime Especial.
- Suprimir ETT.
- Rebaixas ás pequenas e medianas empresas, Mutuas de Previsión Social e cooperativas no tipo impositivo.
- Aumentar o investimento en investigación ata chegar en 10 anos ao 3% e fomentar a I+D+i privada usando políticas fiscais.
- Voltar a xubilación aos 65 anos ou 35 anos cotizados.
- Revalorizar as pensión en función do IPC.
-
-
-
Educación
- Aumentar as bolsas para a formación investigadora, duplicándose as axudas FPU.
- Suprimir os artigos 3 (linguas) e 27 (educación) da Constitución.
- Artículo 3
- El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla.
- Las demás lenguas españolas serán también oficiales en las respectivas Comunidades Autónomas de acuerdo con sus Estatutos.
- La riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección.
- Artículo 27
- Todos tienen el derecho a la educación. Se reconoce la libertad de enseñanza.
- La educación tendrá por objeto el pleno desarrollo de la personalidad humana en el respeto a los principios democráticos de convivencia y a los derechos y libertades fundamentales.
- Los poderes públicos garantizan el derecho que asiste a los padres para que sus hijos reciban la formación religiosa y moral que esté de acuerdo con sus propias convicciones.
- La enseñanza básica es obligatoria y gratuita.
- Los poderes públicos garantizan el derecho de todos a la educación, mediante una programación general de la enseñanza, con participación efectiva de todos los sectores afectados y la creación de centros docentes.
- Se reconoce a las personas físicas y jurídicas la libertad de creación de centros docentes, dentro del respeto a los principios constitucionales.
- Los profesores, los padres y, en su caso, los alumnos intervendrán en el control y gestión de todos los centros sostenidos por la Administración con fondos públicos, en los términos que la ley establezca.
- Los poderes públicos inspeccionarán y homologarán el sistema educativo para garantizar el cumplimiento de las leyes.
- Los poderes públicos ayudarán a los centros docentes que reúnan los requisitos que la ley establezca.
- Se reconoce la autonomía de las Universidades, en los términos que la ley establezca.
- Artículo 3
- Educación universal de 0 a 18 anos e obrigatoria de 3 a 18 anos.
- Derrogar a LOMCE.
- Eliminación dos concertos dos centros que segregan por sexo.
- Ensino público, laico, gratuíto e coeducativo.
- Conxelar taxas universitarias.
-
-
-
Sanidade, Xustiza e Vivenda
- Eliminación copago.
- Garantir o financiamento suficiente da sanidade pública.
- Gratuidade dos medicamentos.
- Devolución das preferentes e subordinadas.
- Regrar as os incentivos desmedidos dos altos directivos do sector financeiro.
- Establecer a lingua galega como de uso por defecto na Administración de Xustiza tanto nas resolucións trámites xudiciais como na relación cos e coas administradas.
- Dación en pago.
- Aluguer de vivendas de grandes propietarios e lexislacións dos prezos.
-
-
-
Natureza
- Incentivar o uso de renovables, derrogando o imposto que afecta a estas.
- Prohibir fracking.
- Non ás novas plantas nucleares nin prórrogas das que xa existen.
- Favorecer a creación de unidades produtoras de electricidade e cooperativas de consumo renovables.
- Internalizar os custos ambientais nas actividades contaminantes.
- Derrogar as reformas da Lei de Costas.
- Seguimento para as capturas accidentais das especies mariñas ameazadas.
- Demandar saneamento integral das rías galegas.
- Demandar a xestión dun programa permanente de inspeccións e seguimento do estado e seguridade do vertedoiro con 140.00 toneladas de lixo nuclear na Fosa Atlántica a 600 km da costa galega.
- Recoñecer a propiedade comunitaria do monte.
- Incluír o eucalipto como especie invasora.
- Prohibir todo tipo de acto de tortura contra os animais.
-
-
-
Loita contra o fraude
Loita contra o fraude, economía soterrada, evasión en paraísos fiscais e sociedades pantalla.
- Modificación lexislativa.
- Incremento da inspección.
- Regulación do sector financiero, supervisando con maior rigor entidades e axentes financieiros.
- Eliminación da SICAV.
- Modificar o tratamento penal para as persoas implicadas en casos de corrupción e afondar nas penas accesorias.
- Loitar contra as portas xiratiorias e incompatibilidade de cargos.
- Declaración de ingresos, bens e intereses dos cargos públicos.
- Reformar a Lei de Contratos do Sector Público, o Boletín Oficial do Rexistro Mercantil e Orzamentos xerais.
- Publicar orzamentos e gastos en prevención e extinción de incendios.
-
-
-
Liberdade, acción social e igualdade
- Cancelar a reforma da Constitución española do artigo 135.
- Derrogar a normativa da doutrina do «déficit cero».
- Defender a neutralidade da rede.
- Revisar a lexislación sobre a protección e retención.
- Restaurar o dereito á copia privada e á resdistribución de contidos dixitais.
- Nova lei sobre consultas públicas.
- Reforma da Iniciativa Lexislativa Popular.
- Derrogar a «Lei Mordaza».
- Reforma de LOXP.
- Modificar a lei antiterrorista.
- Igualar os dereitos de proxenitores biolóxicos aos de proxenitores adoptantes.
- Igualar a prestación económica nas baixas por enfermidade común durante o embarazo as prestacións por suspensión de contrato por risco para o embarazo.
- Proporcionar unha renda durante os períodos de excedencia por coidado de fill@s.
- Realizar unha avaliación rigorosa sobre a aplicación da Lei contra a violencia de xénero, a fin de adoptar as modificacións que sexan necesarias á vista da experiencia na súa aplicación.
- Loita contra o maltrato á muller.
- Apoio aos dereitos LGBTI (lesbianas, gays, bisexuais, transexuais e intersexuais.
-
-
-
Cultura e Deporte
- Representación internacional das seleccións galegas.
- Mellorar instalacións de tecnificación deportiva avanzada.
- Deducións fiscais na sección de imposto sobre a renda para os gastos de deporte derivado prescrición terapéutica.
- Expandir a cultura galega polo estado español.
- Destinar o 1% cultural á conservación.
- Dereitos lingüísticos no estado no seu uso e garantía de poder facelo.
- Actualizar a toponimia e webs oficiais.
-
-
-
Informática, Comunicación e Política Exterior
- Potenciar o software libre.
- Garantía de TV pública independente e de calidade
- Reformular as funcións das Forzas Armadas: só para defensa.
- Revisar a política de venda de armamento.
- Condenar a Marrocos pola ocupación do Sáhara Occidental.
- Recoñecemento do Estado Palestino.
- Disolución da OTAN.
-
-
-
Transporte
- Demandar o remate das infraestruturas ferroviarias de alta velocidade.
- Comisión de Investigación de Angrois.
- Traspasar a Galicia os trens rexionais e de proximidade.
- Mellora da A-8.
- Transferir a Galicia a competencia das autoestradas AP-9 (Ferrol-Tui) e AP-53 (Santiago-Ourense).
-
-
-
Política territorial
Cambio no modelo de estado a confederal ou estado galego independente. Dereito a autodeterminación. Ruptura democrática para que Galicia poida asumir a soberanía por medio dun proceso constituínte.
- Dereitos das nacións dentro do estado español: deben ter os mesmos dereitos que calquera outro pobo libre no concerto mundial.
- Mellor reparto do aportado dende o estado aos concellos debido a dispersión de poboación galega e avenllentamento. Tendo isto en conta para o reparto da Participación nos Ingresos do Estado (PIE).
- Cambiar o fuso horario galego ao GMT 0.
-
-
Política económica
Achagando máis quen máis ten e unha redistribución da riqueza máis xusta.
- Políticas afastadas do neoliberalismo.
- Contra o pago das perdas por parte da sociedade e a privatización das ganancias (rescate bancario).
- Concerto económico.
- Colocar intereses e propostas galegas.
- SOBERANÍA POLÍTICA e SOBERANÍA ENERXÉTICA.
- Invalidez da Constitución do 1978 por provir da dictadura.
- Dereito á autodeterminación. Soberanía como algo indispensable. Loita contra a perda de competencias das autonomías en prol do goberno español e da UE.
- Rebaixa do IVE:
- 4% para bens e prestación de servizos ligados á cadea alimentaria, a cultura, a factura da luz e ós produtos de hixiene intíma.
- 7% será o reducido.
- 16%, no caso do xeral.
- As empresas con actividades de explotación en Galicia mais domicilio social noutras comunidades terán que tributar en Galicia.
- Novos tramos no IRPF. Maior esixencia ás rendas máis altas.
- Para as Sociedades que superen os 100 millóns de euros aplicaráselles un 35%.
- Pagamento das débedas dos clubes deportivos.
- Tarifa eléctrica propia galega debido a ser excedentaria na produción eléctrica.
- Favorecer a creación de unidades produtoras de electricidade e cooperativas de consumo.
- Empresa pública galega en materia de enerxía.
- Potenciar a Banca Pública e novas fórmulas de participación pública.
- Participación nas accións da Banca logo das axudas e incluír a Taxa Tobin (grava transaccións especulativa).
Dúbidas
Logo de ler todas estas propostas aparacen certas dúbidas que deberían ser aclaradas:
- Economía
- De onde se sacan os datos para afirmar: «un concello galego recibe de media 196 euros por habitante mentres que no cunxunto do Estado español a media ascende a 245€»?
- Coméntase no programa no apartado de Política orzamentaria: «O estado central ten a responsabilidade de xestionear pouco máis do 50% do gasto público, mais reservase para si o 78’6%, nun claro exemplo de recentralización da estrutura do Estado.» Que quere dicir isto e como repercute n@s galeg@s?
- Emprego
- Ao derrogar as últimas reformas laborais, por que outro marco laboral se substituirá?
- Como se fará o aumento do emprego xuvenil?
- Retomar os 45 días por ano de servizo de indemnización por despido.
- De onde se pretende financiar o aumento do emprego xuvenil, aumento salario mínimo e aumento do emprego xuvenil?
- Con respecto a suprimir as ETT. Cal sería o substituto?
- Coas políticas de ingreso lograríanse cubrir as políticas encamiñadas á sociedade?
- Revalorizar as pensión en función do IPC. Como se as arcas están baleiras?
- Eliminar a discriminación ou penalización existentes ás persoas empregadas a tempo parcial. Aumentar as pensións e igualalas ao salario mínimo. Salario de inserción laboral. Seguimos reiterando e cuestionando o método de financiamento.
- Políticas de impulso renovables e de aforro enerxético: como (custos) e cales?
- No programa escríbese: «Un 25% do aforro galego – 14.000 millóns de euros ao ano – emigra para apoiar investimentos fóra da Galiza». De onde se recolle esta información e de que xeito pasa isto?
- Potenciar Banca Pública e novas fórmulas de participación pública. Que custo tería isto?
- Que quere dicir o recoñecemento dos dereitos sociolaborais a mariscadoras a pé e redeiras e o recoñecemento do dereito a votar por parte dos mariñeitos galegos embarcados nas frotas de altura e grande altura?
- Sanidade
- En sanidade o gran problema que vemos é a financiación ao igual noutros campos.
- Cultura e Deporte
- Para que serve permitir a liberdade de asociación das federacións a outras entidades?
- Liberdade, acción social e igualdade
- Non se comenta nada con respecto a unha minoría existente como son os homes maltratados. Pretende facerse?
Despois de expoñer os puntos máis destacables do programa de Nós-CG e as dúbidas que nos xurden só recomendamos o de sempre: Le os programas e non deixes que chos conten!
Vielen Dank für die gemeinsame Nutzung.
Merci pour le partage.