Namoreime dunha pulpeira


Eu namo, namoreime dunha dunha pulpeira (x4)

 

Ela veu vende-lo pulpo

Eu cruceime no seu camiño

Leva legins apretadiños

Trata o pulpo con cariño

 

Ela non ve. Eu estouna asexando

Teño que acercarme, pero non sei moi ben cando

Tal vez ti non te fixas en min

Na feira non hai outro coma min

 

Jinetes del trópico

 

Eu namo, namoreime dunha dunha pulpeira

                Ela vén do Carballiño

Eu namo, namoreime dunha dunha pulpeira

                Trae os cachelos no cesto

Eu namo, namoreime dunha dunha pulpeira

                Ten a pota a ferver

Eu namo, namoreime dunha dunha pulpeira

 

Acerqueime a ti. Cortouseme a fala

Compreiche un par de pulpos para levar a miña casa

Entón dinme a volta e non lle temín a nada

Dinche un bico e cruzachesme a cara

Vaia muller, que temperamento!

Íache pedir unha ración de cachelos

Pois nada, xa marcho co rabo entre as pernas

Esperando que algún día se cumplan os meus anelos

 

Brillemos sen faroles

 

Eu namo, namoreime dunha dunha pulpeira

                As mellores historias comenzan cun non

Eu namo, namoreime dunha dunha pulpeira

                Aquel pulpo levaba pouco pimentón

Eu namo, namoreime dunha dunha pulpeira

                Carmiña non tes dous dedos de frente

Eu namo, namoreime dunha dunha pulpeira

                Son o mellor partido que hai en Ourense

 

Axúdanos a seguir escribindo

Para poder aumentar a calidade das nosas publicacións precisamos máis tempo. Podedes axudarnos mercando a través de Amazon. Deixámosvos os seguintes links que vos poden resultar útiles e interesantes:

Verificado por MonsterInsights