Mostra de Curtas de Noia

Onte, venres 21 de outubro, comezou na Vila de Noia a súa XVII Mostra de Curtas. Galicia Alive estivo no comezo desta festa do cinema, onde non só se expoñen curtametraxes, senón que podemos atopar exposición e proxección de películas.

Coloquio con Lobos Sucios na Mostra de Curtas
Coloquio con Lobos Sucios na Mostra de Curtas de Noia

Nesta xornada inicial puidemos ver a proxección da película Lobos Sucios nas instalacións do Liceo de Noia. Despois de ver esta película, os que estabamos presentes tivemos a oportunidade de facer preguntas a Simón Casal (director), Sergio Moure (compositor da banda sonora) e Xosé Manuel Esperante (actor) nun coloquio. Alegrounos saber que se está traballando para expandir a información sobre a o Wolframio na Ría de Vigo en formato documental. Como isto non é só cine, tamén puidemos ver unha a exposición de Alberto Horta chamada 4 ojos.

Ata o 31 de este mes teredes oportunidade de gozar dunha verdadeira festa do cinema en Noia. Para atopar máis información podedes visitar a súa páxina web

https://mostracurtasnoia.wordpress.com/

Axúdanos a seguir facendo entradas coma esta mercando a través deste link:

Verificado por MonsterInsights