Fútbol Gaélico: Gaélicos do Gran Sol

Para moitas persoas este deporte que se está facendo cada vez máis popular resulta aínda descoñecido. Que é o fútbol gaélico?

Para saber deste deporte Galicia Alive desprazouse ata Barcelona para coñecer da man dos Gaélicos do Gran Sol todo o posible deles e deste deporte.
gaélicos_gran_sol
Segundo nos conta Esteban González, este equipo nace da afección polo rugby e de seguir o torneo 6 Nations. Logo do éxito das seleccións galegas de fútbol gaélico nos mundiais disputados en Abu Dhabi, preguntámonos como era posible que habendo tantos galegos en Barcelona non houbese un equipo de fútbol gaélico aquí.

O nome de Gaélicos do Gran Sol aparece grazas ao libro Contros do Mar de Irlanda de Xurxo Souto, no que explica que no pasado, debido a dureza de faenar no Gran Sol, algúns mariñeiros alistábanse tras unas copas de máis e logo estes despertaban no barco. No equipo pasa algo parecido, moitos van adestrar sen saber que se van atopar exactamente, coméntanos entre risas.

Pero en si, que é o fútbol gaélico? O fútbol gaélico é un deporte de equipo no que se enfrontan dous equipos compostos por 15 persoas. O campo é de céspede rectangular dunha tamaño similar ao do campo de fútbol máis habitual. As porterías teñen forma de H e obxectivo principal é anotar puntos pateando ou golpeando o balón coas mans e introducilo na portería rival, sendo o que máis tantos anote o gañador. Os xogadores avanzan polo campo levando o balón nas súas mans, pateándoo e pasándoo entre compañeiros de equipo.

En canto aos adestramentos dos Gaélicos do Gran Sol, estes son bastante esixentes. Todos os mércores se reúnen na praia da Barceloneta sobre as 20.30 para facer algo de físico e adestrar co balón nun pequeño campo. Os domingos, comparten adestramento cos Barcelona Gaels, un dos clásicos equipos de fútbol gaélico da península ibérica, formado na sua totalidade por xogadores irlandeses.

Os Gaélicos do Gran Sol participaron en varios torneos, tanto amistosos, como oficiais no que se pode considerar como a primeira temporada oficial. Comezando por triangulares con Sitges e Barcelona Gaels. Logo veu a vitoria ante Padova en Italia. Seguiulles outra vitoria ante Provença e Sitges nun triangular disputado en Sitges, para afrontar, finalmente, a súa primeira participación nun Campionato Ibérico nas fases de Madrid, Valencia e Barcelona. Os Gaélicos do Gran Sol fixeron un gran papel para ser a súa primeira participación e así pechar a tempada co subcampionato na Copa Catalunya.

Este equipo, formado na sua maioria por xogadores galegos afincados en Barcelona, ten como próximo obxetivo a construcción dun equipo feminino. Así que xa sabedes rapazas!

Recálcanos Esteban González que Gaélicos do Gran Sol é posibel grazas a aportación de varios patrocinadores, coma o Restaurante Brétema (comida moderna galega en Sants), Bioservei (productos ecolóxicos galegos), EgoGalego (productos galegos en Barcelona) e moitos máis que aínda están por chegar. Este equipo quere chegar lonxe co que están en contacto con todo tipo de entidades e asociacións, como peñas deportivas (Miau-Miau), Centros Galegos, Ateneus, para acabar os seus obxectivos.

Se vos quicou a curiosidade, podedes saber máis deste equipo e máis do fútbol gaélico na súa páxina de facebook: Gaélicos do Gran Sol.

 

 

1 thought on “Fútbol Gaélico: Gaélicos do Gran Sol

Comments are closed.

Verificado por MonsterInsights