E Galicia non cambia, segue igual. Bueno, que se lle vai facer. Poucas veces escoitei unha actitude máis covarde ante a vida ca esta.
Cando me refiro á Filosofía do Bueno, refírome a esa actitude derrotista e conformista. Unha actitude que nos leva ao afundimento e ao estancamento en todos os aspectos. Non cambia Galicia? Cambia ti primeiro. Cambia aos que están ao teu redor. Cambia o pesimismo e derrotismo por esperanza e gañas de vitoria.
Cambia o galeguiño por un férreo galaico ou guerreiro celta. Galicia non pode cambiar se non cambian as súas xentes.
Esta filosofía pesada e triste debe ser mudada, polo caso contrario, pola Filosofía do bueno positiva. Porei un claro exemplo:
Parece que chove. Bueno, vamos alá.
Esta debe ser a actitude. Se temos unha meta, debemos perseguila sen importar as condicións nas que nos atopemos. Se chove teremos que apañarnos para sacalo que teñamos que facer adiante mediante esforzó e perseverancia. Se a nosa meta é cambiar Galicia non podemos dicir:
Bueno, agora que se lle vai facer, xa é moi tarde.
MAL!!! A actitude debe ser xusto a contraria:
Bueno, non nos queda outra. Imos alá!
Xa o dixo un dos grandes físicos da historia: Se queres obter resultados distintos, non fagas sempre as mesmas cousas. Cambia!
Loitemos como Galaicas que somos