Da emigración e a reiterancia

Unha e outra vez. Nunca parece suficiente. A historia repítese e parece que non se logra cambiala. Primeiramente en carros e a pé ata terras de Castilla. Máis preto no tempo e máis lonxe no espazo foron barcos. Case vinte días, e nalgún caso aínda máis, para ver o que había máis alá do cabo Fisterra cargado un arcón que non chegaba para levar os recordos. Cargando arcóns similares pasouse a usar o tren para coñecer terras con linguas que nada tiñan que ver coa nosa. Agora metidos en avións séguese igual de lonxe. Volvemos a deixar todo atrás nunhas maletas que tampouco chegan para levar os recordos dunha vida. Unha maleta que cada vez volta a orixe trae historias que contar e ganas de xerar novas no lugar onde se sente ben a adora estar.

Buscar un lugar onde prosperar, pero a que prezo? Un prezo que parece menor co dos nosos antergos pola tecnoloxía que nos rodea. Pero é mesmo que vivilo en persoa? Evidentemente non! Non se pode comparar recibir a noticia do nacemento dun familiar a mil, dous mil ou dez mil quilómetros con ter aos orgullosos pais entre os brazos. Non se pode comparar saber dunha mala noticia e estar ao momento para formar un grupo de mutuo apoio ao instante. Non se pode comparar ver crecer aos teus veciños, sobriños ou fillos a través dunha pantalla. Non se pode comparar ver como nosos pais ganan anos e como os nosos avós se fan vellos.

Un lugar, nación ou país, como cada quen o sinta, como Galicia non pode chegar outorgarlle ás persoas que alí queiran vivir unha vida próspera como outros moitos lugares? Non somos conscientes aínda do moito que se repite a historia? Pode pensar a xente que é unha terra pobre, sen futuro e incapaz de crear posibilidades? A xente que así o pensa só colabora co estancamento, con que a historia se repita. Temos que ser conscientes de que un lugar, nación ou país non é soamente a súa terra nin o que hai nela para extraer. O máis importante que alberga son as súas xentes e os lazos dos que xa non a habitan. Se Galicia quere cambiar, non pode esperar que dende o Estado ou dende Europa se nos dea todo feito, o cambio ten que vir de nós e do noso sentimento de cambio. De querer frear a emigración masiva e aumentar a inmigración.

O que se pretende dicir non é que estar no estranxeiro sexa malo nin moito menos. Estar no estraxeiro é enriquecedor en todos os aspectos da vida dunha persoa. O que se trata de expoñer é a falta de posibilidades de quedar onde a un lle gusta. A igualdade da que tanto se fala dende estado debe ser tamén no ámbito das oportunidades. Porque parece que só nos momentos de contribuír todos somos iguais: factura eléctrica, peaxes et cetera. Temas que se falarán en sucesivos posts. Sexamos concientes de que o de sempre é o que fai que nada cambie. Cambiemos e deixemos de cometer os mesmos erros quitémonos da Filosofía do Bueno.

2 thoughts on “Da emigración e a reiterancia

  1. Que tan certo é o que din estás verbas.
    Non pode ser, que esta historia se repita unha e outra vez.
    Que os que emigren da nosa terra involuntariamente e por que sexa o último recurso para poder sobrevivir Para poder comer e dar de comer aos seus descendentes, poder darlle unha vida. Unha boa educación eformacion.
    Está claro que coa mentalidade do «bueno» nom se vai cambiar esta filosofía de vida de tristura para os que se van e para os que se quedan na Galiza.
    #EuVotoPoloCambioDendeATerra

Comments are closed.

Verificado por MonsterInsights